A Mostra do Encaixe de Camariñas volverá estar presente na feira Madrid Fitur que se celebrará a vindeira semana. O xoves 23 (17.30 horas) o Concello presentará no stand de Turespaña a súa campaña turística deste ano e o cartel da XXXIV Mostra, como é habitual en todas as edicións. A alcaldesa, Sandra Ínsua, será a encargada de dar a coñecer as propostas. A concelleira destaca que tanto o cartel como o vídeo promocional “están moi vencellados á nosa terra e á nosa tradición, pola súa temática e porque son feos e protagonizados por veciños de Camariñas e da Costa da Morte” e está convencida de que “vai gusta».
Ademais, como xa aconteceu nos últimos anos, os carteis da Mostra volverán estar expostos no centro de Madrid. Aproveitando a celebración de Fitur, ao longo da semana proxectarase o vídeo promocional e o cartel do concurso nas grandes pantallas dixitais do Callao e Gran Vía, así como no mercado de San Miguel, moi concurrido cada día.
O principal obxectivo é promocionar o acto central que se celebra na vila de Camariñas durante a Semana Santa para atraer ao maior número de persoas posible.
Este ano, unha novidade é a presentación no stand de Turespaña da camiseta oficial da 34 edición da Mostra, que este ano volverá a ser deseñada polo modisto galego afincado en Marbella Esteban Freiría.