Santiago-Arzúa 97.7 FM Ferrol-Cariño 101.9 FM Ourense-Celanova 100.1 FM A Coruña-As Mariñas 105.1 FM Bergantiños-Costa da Morte 101.9 FM Vigo-Baixo Miño 91.1 FM Asturias 96.2 FM Santander 91.3 FM Bilbao 94.3 FM Vitoria 94.5 FM San Sebastián 94.8 FM

Te contamos todo sobre A Carballeira de Zas 2025

Jun 12, 2025

Hoxe tivo lugar a presentación oficial do cartel da 40ª edición da Carballeira de Zas e os artistas confirmados, que deleitarán o público coa súa música os vindeiros 8 e 9 de agosto. O acto tivo lugar na cervexería de Estrella Galicia, en A Coruña.

A presentación fíxose da man do alcalde de Zas, Manuel Muíño, que declarou que a organización de este festival “supérase ano tras ano, só hai que ver as artistas que participarán na Carballeira deste ano para saber que é un dos festivais de referencia en Galicia”, comentando tamén que este festival “debería existir por lei pola súa repercusión”. Tamén dotou de valor aos centos de voluntarios que participan, cada ano, para que todo saia perfecto.
A deputada de Cultura da Deputación de A Coruña, Natividade González, foi a segunda en intervir e quixo recalcar o esforzo e traballo das persoas que poñen o corazón e a alma en que vaia adiante o festival. Declarou que dende a área de Cultura “gústanos apostar economicamente para axudar a estes festivais, pero sempre da man da organización para crear esa riqueza cultural”, e calificou o festival como “referente para toda Galicia”.
Loreto Rodríguez Fuentes, responsable de Earned Media en Estrella Galicia, foi a seguinte en intervir, quen comezou agradecendo a organización por contar un ano máis con eles. Comentou que “sentímonos moi ligados ao espírito do festival, xa que compartimos valores como cultura, tradición, música en directo, gastronomía, poñendo en valor o noso patrimonio cultural” e engadindo que “a participación deste ano é 100% ao talento feminino e dedicado, como o Día das Letras Galegas, as cantareiras”.
A quenda chegou ao director do Festival, Fidel Otero, que comezou dando as grazas as institucións e marcas implicadas que o acompañaban na mesa. Destacou que “cando pensabamos neste 40ª aniversario, chegamos a conclusión de que o mellor era que fose unha edición 100% en galego e, aproveitando que é o ano das cantareiras, cunha edición tamén 100% feminina”. En relación aos artistas deste ano, mencionou que é “o talento feminino musicalmente en galego hai a raudales”, comentando as actuacións e actividades dos distintos grupos e cantantes que pasarán polo festival os días 8 e 9 de agosto.
Ademais, a cantante Sés, María Xosé Silvar, unha das artistas confirmadas para esta edición, quixo participar nesta presentación apoiando a directiva do festival. Quixo recalcar que “apostar por festivais boutique é o correcto” e engadiu que “o festival da Carballeira é creador de grupos e de música en galego, sen este festival eu non estaría aquí”.

Pola súa banda, Mercedes Peón, tamén presente no cartel deste ano, quixo participar na presentación cunhas palabras de complicidade e entusiasmo, subliñando que o festival da Carballeira “é un dos lugares de resistencia a través do pracer da música e onde nace a música da autoestima cultural“.

Patrocinada un ano máis por Estrella Galicia e a Deputación da Coruña, este festival da Carballeira terá o pracer de ter sobre o seu escenario Estrella Galicia o venres a artista Catuxa Salom, gañadora do premio Martín Códax no 2024, na categoría “Musicas do Mundo e Mestizaxe”. Continuará o grupo musical Tanxugueiras, formado por Áida, Sabela e Olaia, cun son totalmente diferente pero recoñecible, que adaptan a música tradicional galega a estilos actuais para darlle una nova vida. Pechará as actuacións do venres o grupo Agoraphobia, pisando forte con dous singles que están redefinindo as regras do xogo: “Eyes Never Lie” e “Fuck You Tony”.

O sábado, desde primeira hora, a música e a festa serán protagonistas cunha programación para todos os públicos. A xornada arrancará coa actuación da banda de música infantil Uxía Lambona, que recupera os clásicos populares galegos cun estilo propio, divertido e contemporáneo. A continuación, A Banda da Loba traerá a súa proposta artística na que se entrelazan música, poesía e reivindicación con forza e sensibilidade.

Non faltará a xa tradicional mexilloada popular de balde, acompañada dunha oferta variada de gastronomía, mercado artesán, zona infantil e sesión vermú para desfrutar en boa compaña.

Pola tarde terá lugar a Gran Foliada da Carballeira, da man de Chorima, Gaiteiras de Xiradela, Pandereteiras de Raigañas, Gaiteiras de Buxantes, As Lerchas e Xela Cantareira. O proxecto musical Carmela pechará a tarde mostrando o seu repertorio na música de tradición oral galega, a través do canto e a percusión de man como elementos definitorios.

A festa non remata aquí, pois cando chegue a noite, os concertos seguirán no escenario Estrella Galicia da man do grupo Caamaño Ameixeiras; pasando o turno á compositora heteroxénea, vocalista e multiinstrumentalista galega Mercedes Peón; a cantante SÉS e pechará o festival Señora DJ, quen aposta por visibilizar a mulleres compositoras, discursos feministas e pro-LGTBQ+, sen esquecer a música feita en galego.

Venda de entradas
A venda de entradas online xa está aberta, e a día de hoxe centos de persoas xa se fixeron cos seus abonos para a festa, dos cales os máis rápidos conseguiron un prezo mellor gracias a oferta especial de lanzamento, abonos para os dous días a un prezo de 15€ + gastos de xestión.

A venda online pódense a atopar na páxina oficial da festa, no seguinte enlace https://www.festadacarballeira.com/ e tamén nas propias redes sociais da Carballeira: Facebook, Instagram e X.

O prezo regular será: abono de día individual 10€ + gastos de xestión e o abono para os dous días 18€ + gastos de xestión. A venda online de entradas estará aberta ata o día 8 de agosto as 20:00h, a partir de este momento as entradas poderanse comprar en taquilla, onde os prezos serán de 15€ entrada para un só día, ou 25€ abono para os dous días.

Zona de acampada gratuíta
Como é habitual e como se leva facendo en anteriores edicións, todos aqueles asistentes que queiran acampar en Zas durante os días da festa, contarán con zona de acampada gratuíta (situada a poucos metros do recinto musical). Tamén terán baños e duchas.

Evento familiar
Como todos os anos a tarde do sábado na Carballeira de Zas está pensada para o desfrute de maiores y pequenos, contando con unha zona de gastronomía, espazo lúdico infantil, feira de artesanía e outras actividades para todos os públicos principalmente para os máis cativos e os maiores da casa.

greenalia