Malpica Nun Mar de Letras 2025

May 9, 2025 | Noticias

O Concello de Malpica presenta, xunto coas asociacións, unha nova edición de “Nun Mar de Letras”, un programa cultural que encherá o municipio de actividades arredor da lingua, a literatura, a música e a tradición galega. Durante máis dun mes, desenvolveranse exposicións, espectáculos, presentacións de libros, obradoiros, encontros institucionais e actos festivos dirixidos a públicos de todas as idades.

Este ano será máis especial ca nunca: catro das homenaxeadas pertencen ao noso concello, e Malpica terá a honra de acoller os actos oficiais do Día das Letras Galegas. Un recoñecemento histórico que converte ao noso municipio no corazón da celebración da cultura galega.

Consulta aquí a programación detallada por datas:

Do luns 5 de maio ao domingo 15 de xuño

Exposición Canta que cadramos ben. Cantareiras: Poesía popular oral, dos Equipos de Dinamización da Lingua Galega da Dirección Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia, na Biblioteca Municipal Eduardo Blanco Amor

Mércores 7 de maio

Dotación da biblioteca municipal, as bibliotecas dos centros de ensino e as asociacións de canto e danza tradicional do concello de Malpica de publicacións de cantareiras

Luns 12 de maio

Ás 10.00 e ás 12.00: Coa pandeireta na man de María Faltri, no auditorio do Centro Cívico. Representación escolar para o alumnado de infantil e primaria do CEIP Milladoiro, CEIP JRO e CRA A Nosa Señora do Faro (escola de Mens)

Xoves 15 de maio

A partir das 11.00: Festival das Letras Galegas no auditorio do Centro Cívico. Organiza: CEIP Milladoiro

Sábado 17 de maio

A partir das 11.00: Acto Institucional do Día das Letras Galegas da Xunta de Galicia nas Torres de Mens

A partir das 12.30: Pleno extraordinario da Real Academia Galega no auditorio do Centro Cívico de Malpica

A partir das 14.00:

III Gran Xantar de Mens

Polbo e churrasco a fartar

Sesión vermú con dúo

A partir das 18.00: Tardeo

As entradas pódense mercar antes do 12 de maio nos teléfonos 628 206 620 (Yaissa) e 626 355 917 (Álex). Organiza: Comisión de festas de Mens

Ás 21.00: III RUADA NUN MAR DE LETRAS no campo da festa de Mens coas actuacións de:

A.C.D. Carcaxía

A.C. Malante

Do Rivés

Caamaño&Ameixeiras

Domingo 18 de maio

Das 17.00 ás 18.30: Obradoiro de regueifa impartido por Lupe Blanco, no campo da festa de Mens. A partir de 10 anos. 30 prazas que se adxudicarán por orde de chegada

Luns 19 de maio

A partir das 10.00: Ao son das nosas pandeireteiras. Vai por elas, no campo da festa de Mens. Organiza: CRA A Nosa Señora do Faro

Martes 20 de maio

A partir das 12.00: Homenaxe das novas xeracións malpicás ás Pandeireteiras de Mens, actuacións musicais, lecturas de coplas e ofrenda floral, na igrexa de Santiago de Mens. Organiza: IES Urbano Lugrís

Sábado 24 de maio

Das 16.00 ás 21.00: O chintófano de Dorothé de Sonsoles Penadique e contacontos de María da Pontragha, no Ecomuseo do Forno do Forte. Organiza: AVSC O Quinteiro de Buño

Ás 17.30: Presentación do libro As vellas de Mens de José Manuel Fernández Pensado, na igrexa de Santiago de Mens

Ás 19.00: Gala de fin de curso da A.C. Malante, no auditorio do Centro Cívico de Malpica. Organiza: A. C. Malante

Martes 27 de maio

Ás 12.00: Axúdame a cantar, con Felisa e Montse, no auditorio do Centro Cívico. Representación escolar para o alumnado do IES Urbano Lugrís, 5º e 6º de primaria do CEIP Milladoiro e do CEIP JRO. As/Os participantes recibirán como agasallo a publicación Agora que vén a noite de Marcos Calveiro

Venres 30 de maio

Presentación das bases e convocatoria do XX Certame de Poesía Erótica “Illas Sisargas”. Ás 12.00, no salón de plenos da casa do concello. Organiza A.C. Caldeirón

Sábado 31 de maio

Ás 19.30: Gala de fin de curso da A.C. Raigañas, no auditorio do Centro Cívico de Malpica. Organiza: A. C. Raigañas

Domingo 1 de xuño

Escora Danza

Ás 10.30: Obradoiro de Amparo Martínez, no Fogar do Pensionista da Casa do Pescador

Ás 11.30: Obradoiro de Fran Sieira, no Centro Sociocultural das Pozacas

Ás 13:30: OUSAR de Amparo Martínez, no paseo da Praia

Ás 19:00, no porto de Malpica, espectáculos:

“77.000”, do Colectivo DeXeito

“Lea”, de Adro de Baio, dirixido por Fran Sieira

(As actividades de exterior, no caso de mal tempo, trasladaranse ao auditorio do Centro Cívico)

Organiza: Escora Danza. Deputación Provincial da Coruña

Venres 6 de xuño

Ás 16.00 Maratón teatral do Obradoiro de Animación Teatral do Concello de Malpica, no auditorio do Centro Cívico. Representacións:

Ñac-Ñac”, do grupo I do Obradoiro de Animación Teatral

De-Función”, do grupo II do Obradoiro de Animación Teatral

Mafia”, da Escola de Teatro ANPA As Mariñas

Sábado 7 de xuño

Ás 12.00: Presentación do libro Cancioneiro Galego Serodio 1989 – 2012 de Xabier Díaz, coa actuación das Cantareiras da A.C. Raigañas, no Centro Artesanía e Tradición (CAT) de Buño

Do sábado 7 ao domingo 15 de xuño

Ás 19.00: Inauguración da exposición 70º aniversario da Agrupación Folklórica Aturuxo. Homenaxe ás Pandeireteiras de Mens, no espazo expositivo do Centro Cívico de Malpica

Domingo 8 de xuño

Ás 12.00 Gala de fin de curso da A.C.D. Carcaxía, no auditorio do Centro Cívico de Malpica. Organiza: A.C.D. Carcaxía

Sábado 14 de xuño

Ás 12.00: Presentación do libro Somos pandeireteiras de Mercedes Peón, Ana Romaní, Selina Otero, Andrea Nunes, María Reimóndez, Susana Sanches Arins e Natalia Balseiro, no Centro Artesanía e Tradición (CAT) de Buño

Domingo 15 de xuño

Ás 19.00: Festival 70º aniversario da Agrupación Folklórica Aturuxo. Homenaxe ás Pandeireteiras de Mens, no auditorio do Centro Cívico

greenalia