O concello de Monfero celebra unha nova edición do seu Magosto Popular, será o sábado 31 de Outubro no Mosteiro de Monfero.
Haberá misa polos difuntos de todas as parroquias do Concello.
Sesión vermú a cargo do grupo folclórico Virxe da Cela e o duo The Voice.
Gran Xantar Popular por 25 euros ( menú infantil até os 6 anos gratis, de 6 a 12 anos 15 euros ) data límite para anotarse 29 de outubro nas oficinas do concello e no teléfono 981 79 38 85
As 17 horas festa Infantil de Samaín, as 18 horas sesión de tarde con Dúo The Voice e a orquesta Charleston Big Band, fin de festa con DJ Sebas21.
Organiza: Concello de Monfero.











