A Policía Local de Brión vén de informar da recuperación de cinco aves, concretamente galiñas, que terían sido presuntamente subtraídas na comarca da Maía, en zonas dos concellos de Ames e Brión.
Segundo indica o corpo policial nas redes sociais, as aves atópanse xa baixo custodia municipal. A persoa propietaria pode proceder á súa recuperación dirixíndose ás oficinas da Policía Local de Brión, situadas na Carballeira de Santa Minia, no edificio da biblioteca municipal.
Desde a Policía Local prégase a máxima difusión desta información para facilitar que as galiñas poidan regresar canto antes ao seu dono ou dona, agradecendo de antemán a colaboración veciñal.
Pola súa parte o Concello de Brión informa de que a Policía Local de Brión únicamente colabora na busca da persoa propietaria das aves xa que non se trata dunha actuación que estea levando a cabo os axentes locais.











