Foi incoado un expediente de reposición da legalidade urbanística en relación coa actividade dun caixeiro automático situado na avenida da Maía, número 36, baixo, en Bertamiráns
Como consecuencia desta actuación administrativa, ordenouse a suspensión inmediata da actividade e o peche do caixeiro, procedendo a Policía Local ao seu precintado e quedando prohibida a súa posta en funcionamento sen autorización municipal expresa
Ames, 19 de xaneiro de 2026.- No marco das actuacións municipais de control e garantía da legalidade, foi incoado un expediente de reposición da legalidade urbanística en relación coa actividade dun caixeiro automático situado na avenida da Maía, número 36, baixo, en Bertamiráns.
Como consecuencia desta actuación administrativa, ordenouse a suspensión inmediata da actividade e o peche do caixeiro, procedendo a Policía Local ao seu precintado e quedando prohibida a súa posta en funcionamento sen autorización municipal expresa.
Así mesmo, a entidade responsable foi advertida das consecuencias legais derivadas dun eventual incumprimento desta orde, incluíndo a adopción de novas medidas cautelares e a imposición de sancións conforme á normativa vixente.
Dende o Concello de Ames infórmase que a Policía Local está tomando nota das posibles incidencias para que as persoas damnificadas poidan deixar constancia do feito.











