• Nosotros
  • Publicidad
  • Contacto
  • Privacidad y Cookies
  • Aviso Legal
  • Iniciar sesión
Radio Líder
Radio
Anuncio
  • Portada
  • GALICIA
    • A Coruña
    • Lugo
    • Ourense
    • Pontevedra
  • EL CONFIDENCIAL
  • Cultura
  • Deportes
  • Economía
  • Opinión
  • Política
  • Sociedad
  • Sucesos
  • ESPECIALES
    • Gastronomía
    • Turismo
    • Mar y Costa
    • Rural
  • Podcasts
Sin resultados
Ver todos los resultados
  • Portada
  • GALICIA
    • A Coruña
    • Lugo
    • Ourense
    • Pontevedra
  • EL CONFIDENCIAL
  • Cultura
  • Deportes
  • Economía
  • Opinión
  • Política
  • Sociedad
  • Sucesos
  • ESPECIALES
    • Gastronomía
    • Turismo
    • Mar y Costa
    • Rural
  • Podcasts
Sin resultados
Ver todos los resultados
Radio Líder

O PPdeG esixirá no Parlamento a condena da vandalización das sedes populares

Paula Prado define como “actos violentos” o empapelado das fachadas, acusando ao independentismo e ao socialismo de “cómplices” dun “ataque que quere xerar conflitividade social e poralización”

David Por David
06/02/2026
en GALICIA
0
O PPdeG esixirá no Parlamento a condena da vandalización das sedes populares
FacebookXWhatsApp

O Partido Popular de Galicia levará ao Parlamento galego unha iniciativa para instar á oposición a que amose a súa vontade de condenar a vandalización das sedes do PP atacadas esta semana, así como para esixir unha política “respectuosa, democrática e legal”.

 

Así o anunciaron hoxe a secretaria xeral, Paula Prado, e a presidenta provincial do PP de Lugo e portavoz na cidade, Elena Candia, nunha visita á sede provincial lucense ­­afectada —polos empapelados e consignas—, na que tamén participou a presidenta das Novas Xeracións de Galicia, Nicole Grueira. Ademais, esta iniciativa popular vaise trasladar a tódalas agrupacións locais e provinciais de Galicia, para que nos concellos e deputacións poida ser obxecto de debate.

 

“Estes ataques son consignas que queren xerar conflitividade social e polarización e que non teñen nada que ver con sociedade galega tranquila e afastada dos discursos nos que nos queren meter o BNG e o PSOE”, definiu.

 

Prado sinalou que aos actos vandálicos “non lle podemos chamar accións políticas, senón accións violentas”, pedindo a todos os partidos políticos que non sexan “cómplices” e condenen este tipo de ataques. Con todo, lembrou que hai dous anos, independentistas e socialistas tampouco condenaron unha vandalización similar na sede do PP nesta mesma cidade.

 

Pola súa banda, Elena Candia fixo un chamamento a “unir forzas” e lanzar “unha mensaxe común” dende un lugar como Lugo, que sufriu actos vandálicos coma este en reiteradas ocasións. “Estes ataques taparon os nosos logos e imaxes, con frases e imaxes que condenamos, por iso hoxe pedimos a todas as forzas políticas que condenen os feitos”, manifestou.

 

A portavoz popular en Lugo animou a tódolos partidos políticos a ser “exemplarizantes”, así como ás entidades que colaboran con eles. “Lugo di alto e claro que condena estes ataques, tanto en sedes de formacións políticas como en espazos privados de militantes”, destacou.

 

Candia tildou esta vandalización de “prácticas absolutamente antidemocráticas e inaceptables que debemos conseguir erradicar entre todos”. Por último, instou á oposición a que se “posicione” claramente contra estes feitos.

 

ELENA CANDIA, FUTURA ALCALDESA DE LUGO

 

A secretaria xeral do PPdeG tamén fixo referencia ao “desgoberno” provocado polo “pacto de perdedores dos independentistas e o PSOE, fronte a un partido, o PP, que só quedou a un concelleiro da maioría absoluta” no Concello de Lugo.

 

Fronte a este “desgoberno”, puxo en valor a Elena Candia como “futura alcaldesa de Lugo” para cambiar a situación actual, onde, dixo, “PSOE e BNG están máis preocupados das súas liortas internas” e, ademais, “intentan normalizar o Pacto Guarro”, asinado polos mesmos partidos co voto dun presunto acosador sexual, José Tomé, para manterse na Deputación de Lugo.

 

ACTITUDES PROPIAS DE RÉXIMES AUTORITARIOS

 

Na PNL anunciada hoxe, o PPdeG xustifica a urxencia da proposición na relevancia dos feitos acontecidos, a súa reiteración, e a necesidade de contar cun posicionamento claro en defensa do respecto institucional, do uso responsable dos espazos comúns e da convivencia democrática.

 

Para os populares, o empapelado e a colocación de carteis en varias fachadas de Galicia, supón unha vulneración do dereito á propiedade, do respecto institucional e das normas básicas de convivencia cidadá.

 

Ademais, subliñan que as consignas teñen o único fin de “xerar crispación, polarización e alimentar a conflitividade social”.

 

A iniciativa tamén recolle a escalada dos ataques, xa que se produciron tamén en inmobles alleos á actividade política, “polo único feito de ser propiedade de militantes de determinadas formacións políticas e como sinalamento do seu compromiso ideolóxico. Actitudes propias de réximes autoritarios e afastadas do espírito democrático”.

ShareTweetSend
Publicación anterior

A Deputación encarga a redacción dun proxecto para ampliar un tramo da estrada provincial DP-5405 en Valdoviño

Siguiente

Antía Muíño presenta ‘Mientras sueño y vivo’, terceiro avance do seu novo disco

David

David

Relacionado Entradas

El invento gallego para ahorrar en la factura de la luz que ya imitan en toda España
#Destacado

El invento gallego para ahorrar en la factura de la luz que ya imitan en toda España

Carreira da Muller A Coruña 2026: horario, percorrido e peches de tráfico
#Destacado

Carreira da Muller A Coruña 2026: horario, percorrido e peches de tráfico

Alerta por mal tiempo en Galicia hoy: previsión hora a hora y zonas afectadas
#Destacado

Alerta por mal tiempo en Galicia hoy: previsión hora a hora y zonas afectadas

Manuel Pazo alerta del precio de la energía y reclama más renovables en Galicia
#Destacado

Manuel Pazo alerta del precio de la energía y reclama más renovables en Galicia

Conciertos este fin de semana en Galicia, Asturias, Cantabria y Euskadi: agenda del 25 al 27 de septiembre
#Destacado

Conciertos este fin de semana en Galicia, Asturias, Cantabria y Euskadi: agenda del 25 al 27 de septiembre

Los semáforos de Ourense cambian el 1 de octubre: así afecta la nueva normativa
#Destacado

Los semáforos de Ourense cambian el 1 de octubre: así afecta la nueva normativa

Siguiente
Antía Muíño presenta ‘Mientras sueño y vivo’, terceiro avance do seu novo disco

Antía Muíño presenta 'Mientras sueño y vivo', terceiro avance do seu novo disco

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Ahora al Aire

Fórmula Líder

Fórmula Líder

08:00 - 23:00
Continuidad
A continuación: Fórmula Líder 23:00

Programación de Hoy

Domingo 27/09/2026
  • Fórmula Líder
    00:00 - 08:00
    Fórmula Líder
  • Fórmula Líder
    08:00 - 23:00
    Fórmula Líder Ahora
  • Fórmula Líder
    23:00 - 00:00
    Fórmula Líder

Somos #Líder

Radio Líder

Medios Autonómicos De Radiodifusion Gallegos S.L.

Radio Líder es la primera red de emisoras independiente en el Norte de España. Fundada en el 2001 por el escritor y periodista Diego Bernal, el periodista Manuel Casal, la colaboración de Javier Sánchez de Dios y todas aquellas personas que han participado en la consolidación del proyecto.

Por Interés

Últimas

El invento gallego para ahorrar en la factura de la luz que ya imitan en toda España

El invento gallego para ahorrar en la factura de la luz que ya imitan en toda España

Carreira da Muller A Coruña 2026: horario, percorrido e peches de tráfico

Carreira da Muller A Coruña 2026: horario, percorrido e peches de tráfico

Alerta por mal tiempo en Galicia hoy: previsión hora a hora y zonas afectadas

Alerta por mal tiempo en Galicia hoy: previsión hora a hora y zonas afectadas

  • Nosotros
  • Publicidad
  • Contacto
  • Privacidad y Cookies
  • Aviso Legal

© 2026 Radio Líder. Todos los derechos reservados.

!Bienvenido de Nuevo!

Inicie sesión en su cuenta

¿Contraseña olvidada?

Recupere su contraseña

Por favor ingrese su nombre de usuario o dirección de correo electrónico para restablecer su contraseña.

Iniciar sesión
imunify-bot-check
Selecciona una emisora
EN DIRECTO 0:00 / 0:00
Velocidad
Sin resultados
Ver todos los resultados
  • Portada
  • GALICIA
    • A Coruña
    • Lugo
    • Ourense
    • Pontevedra
  • EL CONFIDENCIAL
  • Cultura
  • Deportes
  • Economía
  • Opinión
  • Política
  • Sociedad
  • Sucesos
  • ESPECIALES
    • Gastronomía
    • Turismo
    • Mar y Costa
    • Rural
  • Podcasts

© 2026 Radio Líder. Todos los derechos reservados.

Este sitio web utiliza cookies. Al continuar utilizando este sitio web, usted da su consentimiento para el uso de cookies. Visite nuestra Política de privacidad y cookies.