• Nosotros
  • Publicidad
  • Contacto
  • Privacidad y Cookies
  • Aviso Legal
  • Iniciar sesión
Radio Líder
Radio
Anuncio
  • Portada
  • GALICIA
    • A Coruña
    • Lugo
    • Ourense
    • Pontevedra
  • EL CONFIDENCIAL
  • Cultura
  • Deportes
  • Economía
  • Opinión
  • Política
  • Sociedad
  • Sucesos
  • ESPECIALES
    • Gastronomía
    • Turismo
    • Mar y Costa
    • Rural
  • Podcasts
Sin resultados
Ver todos los resultados
  • Portada
  • GALICIA
    • A Coruña
    • Lugo
    • Ourense
    • Pontevedra
  • EL CONFIDENCIAL
  • Cultura
  • Deportes
  • Economía
  • Opinión
  • Política
  • Sociedad
  • Sucesos
  • ESPECIALES
    • Gastronomía
    • Turismo
    • Mar y Costa
    • Rural
  • Podcasts
Sin resultados
Ver todos los resultados
Radio Líder

A Deputación da Coruña financia 378.000 horas de servizo de axuda no fogar nos concellos cun investimento de preto de 9 millóns de euros

O programa de Servizos Sociais Comunitarios da Deputación permite tamén aos concellos coruñeses contratar de 177 profesionais que reforzan os servizos sociais municipais

David Por David
10/02/2026
en Sin categoría
0
A Deputación da Coruña financia 378.000 horas de servizo de axuda no fogar nos concellos cun investimento de preto de 9 millóns de euros
FacebookXWhatsApp

A Deputación da Coruña reforza a rede pública de atención social nos concellos máis pequenos da provincia a través do Programa de Servizos Sociais Comunitarios, que este ano financiará 377.991 horas de servizo de axuda no fogar (SAF) e permitirá contratar a 177 profesionais do eido social nos municipios de menos de 20.000 habitantes.

A través deste programa, no que a Deputación inviste 8.855.329 euros, a institución provincial contribúe de maneira decisiva ao sostemento dun servizo esencial para a calidade de vida das persoas maiores, dependentes ou en situación de vulnerabilidade, facilitando que poidan continuar vivindo no seu fogar e no seu contorno habitual, ao tempo que se apoia a conciliación das familias.

O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, subliñou que este esforzo económico “responde á necesidade de apoiar aos concellos na prestación dos servizos sociais, cada vez máis demandados debido ao progresivo envellecemento da poboación, especialmente no rural”. Neste sentido, lembrou que o SAF é un servizo básico para garantir a igualdade de dereitos da cidadanía, “viva onde viva”.
Apoio directo aos concellos e creación de emprego social

Ademais do financiamento das horas de axuda no fogar, o programa permite aos concellos contratar durante un ano a 177 profesionais do ámbito social, entre persoal administrativo e técnico, reforzando así os equipos municipais que atenden diariamente a persoas e familias en situación de especial necesidade.

A Deputación financia o 100 % do custo salarial do persoal contratado, cunhas contías de referencia de 18.000 euros anuais para persoal administrativo, 22.000 euros para persoal técnico A2 e 26.000 euros para persoal técnico A1, con posibilidade de contratación a xornada completa ou parcial segundo as necesidades de cada concello.

Este apoio contribúe tamén á creación de emprego cualificado e estable no ámbito dos servizos sociais, fortalecendo a capacidade de resposta das administracións locais.
Un programa con equilibrio territorial

O investimento distribúese por todas as comarcas da provincia, garantindo unha atención equilibrada e adaptada ás distintas realidades territoriais. En 2026, o programa permitirá financiar máis de 64.000 horas na comarca da Coruña- Betanzos, 39.000 no Barbanza, case 83.000 en Bergantiños–Costa da Morte, máis de 111.000 en Ferrolterra, Eume e Ortegal e preto de 80.500 horas na comarca de Santiago, ademais da contratación de profesionais en todos estes ámbitos xeográficos.

Formoso destacou que “este programa asegura que os concellos, independentemente do seu tamaño, poidan prestar servizos sociais profesionais e de calidade”, reforzando a cohesión territorial e a igualdade de oportunidades.
O social, prioridade estratéxica da Deputación

O financiamento dos Servizos Sociais Comunitarios forma parte da aposta estratéxica da Deputación da Coruña polo benestar social, unha das áreas prioritarias da acción de goberno. Xunto ao SAF, o servizo de Teleasistencia, que xa conta con máis de 4.300 usuarios, ou o apoio económico que presta cada ano a 240 entidades sociais para desenvolver o seu labor, a institución provincial impulsa tamén novos recursos e modelos de atención adaptados aos retos demográficos actuais.

Neste contexto, a Deputación está a promover un novo modelo de residencias públicas para persoas maiores, as Casas de Acompañamento ás Persoas Maiores, baseadas na proximidade, na atención personalizada, na convivencia e na integración co entorno. Este modelo aposta por centros de pequeno tamaño, pensados para ofrecer unha atención máis humana e próxima, especialmente no medio rural. Un modelo inspirado no que se está implantado nos países nórdicos, alonxado do concepto de institucións pechadas, similares a un hospital, e máis próximo a un fogar de convivencia.

As primeiras Casas de Acompañamento impulsadas pola Deputación terán a súa sede en As Pontes, Rianxo e Ordes, e constituirán proxectos piloto dun novo enfoque público dos coidados, complementario ao servizo de axuda no fogar e orientado a garantir unha vellez digna, activa e acompañada.

ShareTweetSend
Publicación anterior

Pedro Blanco destaca que “Lugo vive o seu mellor momento” con 1.400 millóns de inversión do Goberno

Siguiente

O Atlantic Pride convoca unha nova edición do Certame de Literatura LGTBIQ+ para relatos curtos sobre diversidade

David

David

Relacionado Entradas

A cultura que transforma A Coruña: 13 proxectos sociais que están a cambiar a vida das persoas
#Destacado

A cultura que transforma A Coruña: 13 proxectos sociais que están a cambiar a vida das persoas

7.000 mulleres tinguen A Coruña de rosa nunha multitudinaria Carreira da Muller
A Coruña

7.000 mulleres tinguen A Coruña de rosa nunha multitudinaria Carreira da Muller

Carreira da Muller A Coruña 2026: horario, percorrido e peches de tráfico
#Destacado

Carreira da Muller A Coruña 2026: horario, percorrido e peches de tráfico

Elliott Murphy actuará en A Coruña el 29 de noviembre: entradas y todos los conciertos de su gira
#Destacado

Elliott Murphy actuará en A Coruña el 29 de noviembre: entradas y todos los conciertos de su gira

A Coruña se convierte en punto de encuentro de los puertos españoles para hablar de IA y ciberseguridad
#Destacado

A Coruña se convierte en punto de encuentro de los puertos españoles para hablar de IA y ciberseguridad

Teatro de Outono en Carral 2026: ocho obras gratis en Tabeaio
#Destacado

Teatro de Outono en Carral 2026: ocho obras gratis en Tabeaio

Siguiente
O Atlantic Pride convoca unha   nova edición do Certame de Literatura LGTBIQ+   para relatos curtos sobre diversidade

O Atlantic Pride convoca unha nova edición do Certame de Literatura LGTBIQ+ para relatos curtos sobre diversidade

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Ahora al Aire

Sesión vermut

13:00 - 14:00
A continuación: Líder express 14:00

Programación de Hoy

Lunes 28/09/2026
  • Fórmula Líder
    00:00 - 08:00
    Fórmula Líder
  • Matinal Líder
    08:00 - 10:00
    Matinal Líder
    En directo
  • Líder local
    10:00 - 13:00
    Líder local
    En directo
  • 13:00 - 14:00
    Sesión vermut Ahora
  • Líder express
    14:00 - 14:30
    Líder express
  • Fórmula Líder
    14:30 - 16:00
    Fórmula Líder
  • Oh My Hits
    16:00 - 19:00
    Oh My Hits
    En directo
  • Fórmula Líder
    19:00 - 20:00
    Fórmula Líder
  • Líder Express
    20:00 - 20:30
    Líder Express
  • Fórmula Líder
    20:30 - 23:59
    Fórmula Líder

Somos #Líder

Radio Líder

Medios Autonómicos De Radiodifusion Gallegos S.L.

Radio Líder es la primera red de emisoras independiente en el Norte de España. Fundada en el 2001 por el escritor y periodista Diego Bernal, el periodista Manuel Casal, la colaboración de Javier Sánchez de Dios y todas aquellas personas que han participado en la consolidación del proyecto.

Por Interés

Últimas

Infografía del Ayuntamiento de Ourense sobre la lista definitiva de ayudas escolares, fechas de recogida del bono de libros y consulta en calle Primavera.

Ayudas de libros y comedor en Ourense 2026/2027: Lista definitiva y cómo recoger el bono

A cultura que transforma A Coruña: 13 proxectos sociais que están a cambiar a vida das persoas

A cultura que transforma A Coruña: 13 proxectos sociais que están a cambiar a vida das persoas

Cientos de tiendas de campaña instaladas en la céntrica plaza de la Puerta del Sol en Madrid con pancartas manifestándose por el derecho a la vivienda.

¿Es legal acampar en un espacio público como protesta en España? Marco legal y sanciones

  • Nosotros
  • Publicidad
  • Contacto
  • Privacidad y Cookies
  • Aviso Legal

© 2026 Radio Líder. Todos los derechos reservados.

!Bienvenido de Nuevo!

Inicie sesión en su cuenta

¿Contraseña olvidada?

Recupere su contraseña

Por favor ingrese su nombre de usuario o dirección de correo electrónico para restablecer su contraseña.

Iniciar sesión
imunify-bot-check
Selecciona una emisora
EN DIRECTO 0:00 / 0:00
Velocidad
Sin resultados
Ver todos los resultados
  • Portada
  • GALICIA
    • A Coruña
    • Lugo
    • Ourense
    • Pontevedra
  • EL CONFIDENCIAL
  • Cultura
  • Deportes
  • Economía
  • Opinión
  • Política
  • Sociedad
  • Sucesos
  • ESPECIALES
    • Gastronomía
    • Turismo
    • Mar y Costa
    • Rural
  • Podcasts

© 2026 Radio Líder. Todos los derechos reservados.

Este sitio web utiliza cookies. Al continuar utilizando este sitio web, usted da su consentimiento para el uso de cookies. Visite nuestra Política de privacidad y cookies.