• Nosotros
  • Publicidad
  • Contacto
  • Privacidad y Cookies
  • Aviso Legal
  • Iniciar sesión
  • Registrarse
Radio Líder
Radio
Anuncio
  • Portada
  • GALICIA
    • A Coruña
    • Lugo
    • Ourense
    • Pontevedra
  • EL CONFIDENCIAL
  • Cultura
  • Deportes
  • Economía
  • Opinión
  • Política
  • Sociedad
  • Sucesos
  • ESPECIALES
    • Gastronomía
    • Turismo
    • Mar y Costa
    • Rural
  • Podcasts
Sin resultados
Ver todos los resultados
  • Portada
  • GALICIA
    • A Coruña
    • Lugo
    • Ourense
    • Pontevedra
  • EL CONFIDENCIAL
  • Cultura
  • Deportes
  • Economía
  • Opinión
  • Política
  • Sociedad
  • Sucesos
  • ESPECIALES
    • Gastronomía
    • Turismo
    • Mar y Costa
    • Rural
  • Podcasts
Sin resultados
Ver todos los resultados
Radio Líder

Formoso destaca que a Deputación “inviste máis nos concellos coruñeses que a Xunta nos de toda Galicia”

David Por David
19/02/2026
en #Destacado, A Coruña
0
Formoso destaca que a Deputación “inviste máis nos concellos coruñeses que a Xunta nos de toda Galicia”
FacebookXWhatsApp

A Deputación da Coruña inicia o exercicio 2026 cunha cifra récord de investimento nos concellos das comarcas da Coruña e As Mariñas a través do Plan Único (POS+2026), que destina este ano 20.180.578,46 euros aos 21 municipios da área. Trátase da maior achega inicial desde a posta en marcha do plan en 2017.

O presidente da Deputación, Valentín González Formoso, visitou hoxe o Concello de Oleiros, onde foi recibido polo alcalde e deputado provincial, Ángel García Seoane. No encontro participou tamén a deputada de Plans, Cristina García. A visita serviu para facer balance do impacto comarcal do Plan Único, tanto no municipio anfitrión como no conxunto da área coruñesa.

Formoso destacou que o Plan Único volve marcar unha cifra histórica e consolídase como o principal instrumento de cooperación económica cos concellos. O presidente subliñou que este modelo permite que cada municipio decida con plena autonomía o destino dos fondos, xa sexa para financiar obras, reforzar servizos municipais ou impulsar políticas sociais. “Falamos de investimentos en estradas, abastecemento e saneamento, iluminación pública, mellora de espazos públicos ou equipamentos culturais e deportivos, pero tamén de garantir o funcionamento diario dos servizos públicos municipais que disfruta a veciñanza e atender ás persoas que máis o precisan”, afirmou o presidente, que incidiu en que as premisas do POS son a obxectividade na asignación de fondos o principio de autonomía local.

“Cando chegamos ao goberno da Deputación, había unha partida de 24,5 millóns de euros para este fin e o no exercicio de 2025 pechamos cun récord absoluto de 138 millóns de euros, pero o máis salientable é que esta cifra supera en 20 millóns de euros ao que aporta a Xunta de Galicia para os 313 concellos galegos”, afirmou Formoso, que remarcou que estas cifras indican que “a Deputación da Coruña inviste máis nos concellos da provincia que a Xunta en todos os concellos galegos”, polo que reclamou á administración autonómica elevar ata un mínimo de 200 millóns de euros o Fondo Galego de Cooperación Local para rematar con esta situación.

Formoso destacou que a primeira achega do POS+2026 suporá unha inxección económica de 20,1 millóns para os 21 concellos da comarca da Coruña, que suman un investimento acumulado de 186,5 millóns de euros e 926 obras realizadas desde a posta en marcha do Plan Único.

Maior impacto nos concellos máis pequenos

A deputada de Plans, Cristina García, considerou que as cifras avalan que “o Plan Único foi unha decisión acertada, que funciona e ten sentido nun territorio coma o noso, que ten concellos desde 1.000 habitantes ata grandes cidades, dando resposta ás diferentes necesidades”.

Neste sentido, destacou que aínda que as cifras dos concellos máis grandes son maiores, “o impacto do POS+ é maior proporcionalmente nos concellos máis pequenos nun momento no que para os concellos é difícil soster os servizos máis básicos” e incidiu en que “demostra que hai outra forma de facer política”.

Pola súa banda, o alcalde de Oleiros, Ángel García Seoane, destacou a importancia clave das deputacións para “a” supervivencia da maior parte dos concellos de Galicia”, que moitas veces carecen de recursos. “Se non houbera deputacións, moitos deses concellos terían que estar pechados”, afirmou.

García Seoane censura aos que gobernan con criterios partidistas

“Pero falando de deputacións, non é igual que goberne Juan que Pedro. Porque cando gobernaba o PP, Oleiros non recibía un peso da Deputación e cando o facía era porque tiñan que darllo. Antes ese diñeiro ía só para determinados concellos”, afirmou García Seoane, que censurou a aqueles que gobernan “só para os meus”.

“O PP quere volver a gobernar a Deputación, mal llo vexo, para seguir con máis do mesmo. Estámolo vendo en axudas que saca a Xunta que se abren ás nove da noite e ás doce acaba o prazo para inscribirse, pero quen sabía que se abría o prazo? O sabían os que o sabían, e o resto quedamos fóra de xogo”, afirmou. “Eu quero deputacións como esta, non como as que queren algúns, que xa están botando números, pero non lles saen”

186 millóns mobilizados e 926 obras realizadas nos concellos da comarca coruñesa

Desde a súa creación, o Plan Único leva mobilizados 186.520.249,75 euros nos concellos das comarcas da Coruña e As Mariñas, financiando 926 obras e numerosos servizos municipais e programas sociais.

Entre os municipios que reciben maior achega no POS+2026 destacan Arteixo, con 2.179.029,12 euros; Oleiros, con 2.078.321,50 euros; Culleredo, con 1.861.687,17 euros; Cambre, con 1.524.430,96 euros; e Oza-Cesuras, con 1.380.970,30 euros. O reparto realízase en base a criterios obxectivos como a poboación, a superficie e as necesidades de cada concello.

Tras o acto institucional na Casa do Concello, o presidente, o alcalde e a deputada visitaron as obras de acondicionamento e pavimentación das rúas Vila, Atochas e Campo do Souto, na parroquia de Iñás, cun percorrido total de case 1,5 quilómetros.

As vías presentaban problemas de pavimento e deficiencias na drenaxe, polo que se procedeu á renovación integral do firme e da rede de sumidoiros para mellorar a seguridade e a evacuación das augas pluviais. Esta actuación forma parte das obras financiadas polo Plan Único en Oleiros, que permitiron modernizar infraestruturas e reforzar os servizos municipais.

 

INVESTIMENTOS E NÚMERO DE OBRAS DO PLAN ÚNICO NA COMARCA DA CORUÑA E AS MARIÑAS

Abegondo
POS+ 2026: 982.199,98 €
Total 2017-2026: 8.777.263,95 €
Número de obras: 59

Aranga
POS+ 2026: 766.910,96 €
Total 2017-2026: 6.876.984,15 €
Número de obras: 31

Arteixo
POS+ 2026: 2.179.029,12 €
Total 2017-2026: 19.372.999,33 €
Número de obras: 25

Bergondo
POS+ 2026: 729.724,06 €
Total 2017-2026: 6.333.030,15 €
Número de obras: 30

Betanzos
POS+ 2026: 888.533,04 €
Total 2017-2026: 8.806.497,35 €
Número de obras: 50

Cambre
POS+ 2026: 1.524.430,96 €
Total 2017-2026: 14.535.562,98 €
Número de obras: 67

Carral
POS+ 2026: 729.599,01 €
Total 2017-2026: 6.922.430,37 €
Número de obras: 51

Coirós
POS+ 2026: 438.512,99 €
Total 2017-2026: 3.886.019,66 €
Número de obras: 34

A Coruña
POS+ 2026: 371.678,13 €
Total 2017-2026: 4.438.536,38 €
Número de obras: 26

Culleredo
POS+ 2026: 1.861.687,17 €
Total 2017-2026: 18.385.478,80 €
Número de obras: 61

Curtis
POS+ 2026: 836.492,35 €
Total 2017-2026: 7.396.272,78 €
Número de obras: 50

Irixoa
POS+ 2026: 550.977,55 €
Total 2017-2026: 5.277.944,07 €
Número de obras: 52

Mesía
POS+ 2026: 819.145,34 €
Total 2017-2026: 7.459.162,17 €
Número de obras: 57

Miño
POS+ 2026: 705.539,73 €
Total 2017-2026: 6.226.320,24 €
Número de obras: 18

Oleiros
POS+ 2026: 2.078.321,50 €
Total 2017-2026: 17.895.655,80 €
Número de obras: 46

Paderne
POS+ 2026: 519.089,47 €
Total 2017-2026: 4.788.856,66 €
Número de obras: 30

Sada
POS+ 2026: 1.092.202,19 €
Total 2017-2026: 10.302.648,91 €
Número de obras: 48

Sobrado
POS+ 2026: 831.521,55 €
Total 2017-2026: 7.570.449,42 €
Número de obras: 47

Vilarmaior
POS+ 2026: 384.264,24 €
Total 2017-2026: 3.659.020,78 €
Número de obras: 32

Vilasantar
POS+ 2026: 509.748,82 €
Total 2017-2026: 4.749.198,48 €
Número de obras: 32

Oza-Cesuras
POS+ 2026: 1.380.970,30 €
Total 2017-2026: 12.859.917,32 €
Número de obras: 80

TOTAL COMARCAL
POS+ 2026: 20.180.578,46 €
Total 2017-2026: 186.520.249,75 €
926 obras

ShareTweetSend
Publicación anterior

Primavera en camino: entre el sábado 21 y el miércoles 25 se prevén anomalías cálidas en España

Siguiente

Cristian Varela, Fadi Mohem Live, Patrick Mason, Negitiv y Rossi. confirmados para Aquasella 2026

David

David

Relacionado Entradas

Estefanía Orgaz e Pedro Orgaz gañadores do XXXII concurso de Noveis Deseñadores
#Destacado

Estefanía Orgaz e Pedro Orgaz gañadores do XXXII concurso de Noveis Deseñadores

Xa se poden solicitar as becas do Ministerio de Educación para o curso 2026-2027, dotadas con 2.559 millóns de euros
#Destacado

Xa se poden solicitar as becas do Ministerio de Educación para o curso 2026-2027, dotadas con 2.559 millóns de euros

La Diputación de Ourense apoyará la regeneración del patrimonio del Geodestino Trevinca-Valdeorras a través de rutas, senderos y actividades guiadas
#Destacado

La Diputación de Ourense apoyará la regeneración del patrimonio del Geodestino Trevinca-Valdeorras a través de rutas, senderos y actividades guiadas

La Autoridad Portuaria inicia una campaña de concienciación ambiental con la instalación de 40 placas en la Marina y el Parrote
#Destacado

La Autoridad Portuaria inicia una campaña de concienciación ambiental con la instalación de 40 placas en la Marina y el Parrote

Sete empresas optan a participar no primeiro prototipo flotante de enerxía xerada polas ondas en Punta Langosteira
#Destacado

Sete empresas optan a participar no primeiro prototipo flotante de enerxía xerada polas ondas en Punta Langosteira

El scalextric del CHUAC sobre la AC-12 desaparece en A Coruña
A Coruña

El scalextric del CHUAC sobre la AC-12 desaparece en A Coruña

Siguiente
Cristian Varela, Fadi Mohem Live, Patrick Mason, Negitiv y Rossi. confirmados para Aquasella 2026

Cristian Varela, Fadi Mohem Live, Patrick Mason, Negitiv y Rossi. confirmados para Aquasella 2026

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Ahora al Aire

Fórmula Líder

Fórmula Líder

20:30 - 23:59
Continuidad
A continuación: Fórmula Líder 00:00

Opinión

Matinal Líder con Antonio Lodeiro 10 de Marzo 2026
#Destacado

Matinal Líder con Antonio Lodeiro 10 de Marzo 2026

https://open.spotify.com/episode/0DUvbZc7TYqMymcWnETehd?si=f46f04891fdb4e8f

Leer másDetails
«Al Pan pan y al Vino vino» con Carlos Marcos

«Al Pan pan y al Vino vino» con Carlos Marcos

Síguenos en Redes Sociales

Programación de Hoy

Lunes 06/04/2026
  • Fórmula Líder
    00:00 - 08:00
    Fórmula Líder
  • Matinal Líder
    08:00 - 10:00
    Matinal Líder
    En directo
  • Líder local
    10:00 - 13:00
    Líder local
    En directo
  • 13:00 - 14:00
    Sesión vermut
  • Líder express
    14:00 - 14:30
    Líder express
  • Fórmula Líder
    14:30 - 16:00
    Fórmula Líder
  • Oh My Hits
    16:00 - 19:00
    Oh My Hits
    En directo
  • Fórmula Líder
    19:00 - 20:00
    Fórmula Líder
  • Líder Express
    20:00 - 20:30
    Líder Express
  • Fórmula Líder
    20:30 - 23:59
    Fórmula Líder Ahora

Somos #Líder

Radio Líder

Medios Autonómicos De Radiodifusion Gallegos S.L.

Radio Líder es la primera red de emisoras independiente en el Norte de España. Fundada en el 2001 por el escritor y periodista Diego Bernal, el periodista Manuel Casal, la colaboración de Javier Sánchez de Dios y todas aquellas personas que han participado en la consolidación del proyecto.

El Confidencial

El Ayuntamiento de A Coruña no tiene un euro

Diez millones de descuadre en la tesorería del Ayuntamiento de A Coruña

Lo que está ocurriendo en el Ayuntamiento de A Coruña da para una novela. La alcaldesa y su mano derecha...

Por Interés

Últimas

Estefanía Orgaz e Pedro Orgaz gañadores do XXXII concurso de Noveis Deseñadores

Estefanía Orgaz e Pedro Orgaz gañadores do XXXII concurso de Noveis Deseñadores

Xa se poden solicitar as becas do Ministerio de Educación para o curso 2026-2027, dotadas con 2.559 millóns de euros

Xa se poden solicitar as becas do Ministerio de Educación para o curso 2026-2027, dotadas con 2.559 millóns de euros

Ocho universitarios con discapacidad de Galicia harán prácticas este año

Ocho universitarios con discapacidad de Galicia harán prácticas este año

  • Nosotros
  • Publicidad
  • Contacto
  • Privacidad y Cookies
  • Aviso Legal

© 2026 Radio Líder - Desarrollado por Siete.Online.

!Bienvenido de Nuevo!

Inicie sesión en su cuenta

¿Contraseña olvidada? Registrarse

¡Crear Nueva Cuenta!

Rellena los siguientes campos del formulario para registrarte

Todos los campos son requeridos. Iniciar sesión

Recupere su contraseña

Por favor ingrese su nombre de usuario o dirección de correo electrónico para restablecer su contraseña.

Iniciar sesión
Selecciona una emisora
EN DIRECTO 0:00 / 0:00
Velocidad
Sin resultados
Ver todos los resultados
  • Portada
  • GALICIA
    • A Coruña
    • Lugo
    • Ourense
    • Pontevedra
  • EL CONFIDENCIAL
  • Cultura
  • Deportes
  • Economía
  • Opinión
  • Política
  • Sociedad
  • Sucesos
  • ESPECIALES
    • Gastronomía
    • Turismo
    • Mar y Costa
    • Rural
  • Podcasts

© 2026 Radio Líder - Desarrollado por Siete.Online.

Este sitio web utiliza cookies. Al continuar utilizando este sitio web, usted da su consentimiento para el uso de cookies. Visite nuestra Política de privacidad y cookies.