• Nosotros
  • Publicidad
  • Contacto
  • Privacidad y Cookies
  • Aviso Legal
  • Iniciar sesión
Radio Líder
Radio
Anuncio
  • Portada
  • GALICIA
    • A Coruña
    • Lugo
    • Ourense
    • Pontevedra
  • EL CONFIDENCIAL
  • Cultura
  • Deportes
  • Economía
  • Opinión
  • Política
  • Sociedad
  • Sucesos
  • ESPECIALES
    • Gastronomía
    • Turismo
    • Mar y Costa
    • Rural
  • Podcasts
Sin resultados
Ver todos los resultados
  • Portada
  • GALICIA
    • A Coruña
    • Lugo
    • Ourense
    • Pontevedra
  • EL CONFIDENCIAL
  • Cultura
  • Deportes
  • Economía
  • Opinión
  • Política
  • Sociedad
  • Sucesos
  • ESPECIALES
    • Gastronomía
    • Turismo
    • Mar y Costa
    • Rural
  • Podcasts
Sin resultados
Ver todos los resultados
Radio Líder

O talento galego subirase un ano máis ao escenario do Atlantic Pride no mes de xullo

David Expósito Por David Expósito
24/02/2026
en Cultura
0
O talento galego subirase un ano máis   ao escenario do Atlantic Pride no mes de xullo
FacebookXWhatsApp

O talento galego emerxente subirase un ano máis ao escenario do Atlantic Pride coruñés. Este verán, o ‘Orgullo do Norte’ contará coa ‘boa vibra’ de bandas e artistas como arde, Jonydasvie, Montedapena, raze e Terrae Dj’s durante a celebración da súa sétima edición, que terá lugar do 5 ao 12 de xullo. Power pop, pop-punk, pop urbano, World Music, electrónica, músicas de baile e sons de raíz encherán o escenario da súa man. Non faltarán á cita formatos híbridos, performance, danza e impactantes proxeccións audiovisuais. Así, este novo talento galego súmase aos nomes previamente confirmados no Atlantic Pride 2026: Miriam Rodríguez, Whigfield e Choriza May. Moi pronto, o festival avanzará novas confirmacións.

conservas de galicia conservas de galicia conservas de galicia

Un ano máis, no programa do ‘Orgullo do Norte’ terán cabida grandes figuras pop de hoxe e de sempre, coloridas actuacións de drags, pinchadas de dj’s de referencia da escena galega e estatal e a celebración dun Certame Literario de Literatura LGTBIQ+. O Atlantic Pride é un festival pioneiro, gratuíto e inclusivo nacido na cidade da Coruña no ano 2019, destinado a reivindicar a liberdade afectiva, sexual e de identidade dende unha perspectiva lúdica e inclusiva, con propostas musicais para todos os públicos. A cita está impulsada pola Asociación Orgullo Coruña (ORCO) e conta co patrocinio institucional do Concello da Coruña, ademais do apoio da Deputación da Coruña e o patrocinio privado de Estrella Galicia, Coruña The Style Outlets e Globalgrafic.

SOBRE ARDE

arde son cinco amigas que fan powerpop, mesturando guitarras afiadas, baixos potentes e letras que queiman. Nas súas cancións gústalles facer reflexión social e contar historias sobre a identidade e o mundo que as rodea. O obxectivo do grupo é claro: sacar todo aquilo que lles arde por dentro, de aí o seu nome. Máis en https://www.arde.band/.

SOBRE JONYDASVIE

Jonydasvie, nome artístico de Jonathan Dasilva Vieira, é un cantante e compositor galego nacido en Lourenzá. Desde pequeno mostrou unha forte paixón pola música, participando en concursos e en programas da TVG como Luar e Bamboleo, onde comezou a definir o seu estilo.

Ao longo da súa traxectoria interpretou temas propios en televisión e formou parte de orquestras como Venezia. En 2022 presentouse ao Benidorm Fest coas cancións Más e Me da lo mismo, e en 2023 foi preseleccionado para Una voce per San Marino entre máis de mil aspirantes. Ese mesmo ano lanzou o sinxelo Con Locura, iniciando unha etapa máis independente. En 2025 ampliou o seu repertorio con temas como Carmiña Carmela e Ansiedad.

Influenciado por Lady Gaga, artista que marcou o inicio da súa vocación, Jonydasvie presentará no Atlantic Pride un espectáculo especial que combina cancións propias cos grandes himnos da artista. O show, estruturado como unha viaxe emocional, contará con cinco bailaríns, coreografías coidadas e unha produción escénica ambiciosa.

Con identidade propia e unha proxección ascendente, Jonydasvie busca consolidarse como unha voz destacada do pop urbano actual, ofrecendo un directo intenso, persoal e sorprendente.

SOBRE MONTEDAPENA

Montedapena é o proxecto artístico máis persoal de Héctor Rodríguez. Unha proposta musical capaz de reflectir o sentir de toda unha xeración e coa que o público conecta e se identifica dende a primeira estrofa. Despois do seu primeiro disco publicado a comezos do ano pasado, o artista galego volve este 2026 co seu novo traballo. Os adiantos Me tiré a un facha e Lista de Checks confirman o novo rumbo creativo do proxecto, afondando no terreo do pop-punk: cancións máis directas, físicas, sen complexos, onde a crítica social se mestura coa enerxía festiva e o espírito punk.

SOBRE RAZE

raze é unha artista multidisciplinar queer e viguesa, que consegue un equilibrio harmónico entre a espontaneidade e a esencia máis crúa, neste momento de transición musical. A súa proposta destaca pola profundidade lírica e a riqueza sintética, e pola promesa dun arte de longo consumo: unha obra circular e compacta, representada por unha cebola de cristal. A primeira lectura permite ver o interior, pero só quen se atreve a desollar capa a capa poderá admirar a súa nitidez e complexidade.

A súa investigación artística parte da contraposición de conceptos: natureza e industrialización, electrónico e orgánico, feminidade e masculinidade, escuridade e luz. O uso da linguaxe en raze ten un enfoque naturista e social, explorando novos termos, pronunciacións híbridas e unha ortografía simbólica.

A firma de raze está presente en todas as disciplinas que habita: música, movemento, imaxe. Cunha visión macro do seu universo creativo, constrúe un proxecto 360º cunha forte riqueza dramatúrxica. raze chega cunha proposta sólida e cada vez máis persoal. Unha voz moi especial do novo son do norte.

SOBRE TERRAE DJ’S

Terrae Dj’s nace froito das inquedanzas dun experimentado produtor e un DJ internacional que prefiren manterse no anonimato detrás das súas emblemáticas máscaras. O tándem conta cunha longa traxectoria en estilos de música de baile e na denominada World Music. En Terrae Dj’s conflúen e fúndense todos os seus coñecementos e esforzos para ofrecer unha sesión única con pezas de elaboración propia e de outros artistas da música electrónica con sonoridades de música de raíz de todo o planeta.

SOBRE O ATLANTIC PRIDE, O ‘ORGULLO DO NORTE’ CORUÑÉS

Coñecido como o ‘Orgullo do Norte’, o Atlantic Pride é un festival de música pioneiro, gratuíto e inclusivo que se celebra na cidade da Coruña, destinado a reivindicar a liberdade afectiva, sexual e de identidade dende unha perspectiva lúdica e inclusiva. A cita está impulsada pola Asociación Orgullo Coruña –ORCO– e conta co patrocinio institucional do Concello da Coruña e o apoio da Deputación da Coruña. O Atlantic Pride posúe, tamén, o patrocinio privado de Estrella Galicia, Coruña The Style Outlets e Globalgrafic.

Na súa que na súa 6ª edición, celebrada o pasado mes de xullo de 2025, o Atlantic Pride reuniu a preto de 45.000 persoas. Neste 2026, o ‘Orgullo do Norte’ regresará á cidade herculina para festexar a súa 7ª edición cos primeiros nomes do seu cartel xa anunciados: Miriam Rodríguez, Whigfield, Choriza May, arde, Jonydasvie, Montedapena, raze e Terrae Dj’s.

O Atlantic Pride nace en 2019 coa vontade de situar á cidade herculina como a capital do bo ambiente e a celebración sen distincións nin barreiras. O proxecto, que trata de aglutinar a todas as capas da sociedade dentro dunha contorna segura e amigable, desenvólvese en torno a varios días de concertos e actividades culturais, coa fin de atraer ao público local e de fóra, como un referente cultural, turístico e social e unha das citas imprescindibles do verán no noroeste peninsular.

Tras seis edicións, o Atlantic Pride consolídase como un espazo de celebración aberto, seguro e diverso, como referente dos ‘Orgullos’ que se celebran no comezo do verán ao longo da Península e no que teñen cabida coloridas propostas para todos os públicos, gustos e idades.

Así, no Atlantic Pride non faltan concertos de inspiración eurovisiva, grandes nomes do pop galegos, nacionais e internacionais, divertidas actuacións de drags, pinchadas de dj’s de referencia da escena galega e estatal e a celebración do Certame Literario de Literatura LGTBIQ+, da man do Club de Lectura QUEERuña, que no 2026 afronta a súa quinta edición.

Nos seus xa seis anos de historia, o cartel de Atlantic Pride reuniu figuras como La Terremoto de Alcorcón, La Casa Azul, Ladilla Rusa, Samantha Hudson, Javiera Mena, Grande Amore, Soleá Morente, OBK, Amistades Peligrosas, Fillas de Cassandra, Joe Crepúsculo, La La Love You, Melody, Locomía, Nancys Rubias, Samantha Ballentines, Soraya, Chanel, Lucía Pérez, Las Ketchup, Luna Ki, Mondra, Nena Daconte, Nebulossa, Raúl, Rosa López, Shego, Supremme De Luxe, Vengaboys, Agoraphobia, Anabel Conde, Arantxa Castilla-La Mancha, De Ninghures, David Civera, Edurne, Judeline, Leria, Mayo, Merche ou Nia, entre moitas outras.

ShareTweetSend
Publicación anterior

O Festigal lanza o X Concurso Novos Valores para bandas e artistas emerxentes de música en galego

Siguiente

O Teatro Colón acollerá o 20 de marzo a Gala de entrega dos premios do Deporte da Deputación da Coruña

David Expósito

David Expósito

David Expósito, forma parte del equipo de Radio Líder desde 2009. Director de Ingeniería y Redactor de www.radiolider.com Es una de las voces mas reconocibles del país, apareciendo en diferentes programas de radio, voz over de muchas campañas publicitarias y doblaje de series, películas y documentales para MTV Spain, RTVE, TVG .... Natural de Palas de Rei en Lugo y muy vinculado a los medios de comunicación desde 2003.

Relacionado Entradas

Pontedeume convierte sus leyendas en un festival de misterio.
#Destacado

Pontedeume recupera sus leyendas más misteriosas con un nuevo festival de terror y fantasía

Presentación de OVO, el espectáculo de Cirque du Soleil que llegará al Coliseum de A Coruña estas Navidades.
#Destacado

Cirque du Soleil presenta OVO en A Coruña: fechas, funciones y entradas en el Coliseum

Cedeira pone en marcha «Rapetando historias», un nuevo punto lector sénior para acercar los libros y la cultura a las personas mayores.
#Destacado

Cedeira abre un punto lector para personas mayores en el Auditorio Municipal

Cartel de Jurassic Experience con dinosaurios animatrónicos, castillos hinchables y zona de paleontología en ExpoCoruña.
#Destacado

Jurassic Experience en A Coruña: fechas y horarios en ExpoCoruña

Presentación da II Xornada de Bibliotecas Públicas da Deputación da Coruña na Biblioteca Provincial.
#Destacado

A Deputación da Coruña organiza a II Xornada de Bibliotecas Públicas centrada nas novas tecnoloxías

La diputada de Igualdad, Sol Agra, presentó el proyecto junto a Carlos Callón y Rosabel Candal, productora ejecutiva de Nós TV
#Destacado

Sancha Pérez y María Leve: la historia de dos mujeres que vivieron en Santiago en el siglo XIII

Siguiente
O Teatro Colón acollerá o 20 de marzo a Gala de entrega dos premios do Deporte da Deputación da Coruña

O Teatro Colón acollerá o 20 de marzo a Gala de entrega dos premios do Deporte da Deputación da Coruña

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Ahora al Aire

Al Día En directo

Al Día

20:00 - 21:00
A continuación: Fórmula Líder 21:00

Programación de Hoy

Jueves 22/10/2026
  • Fórmula Líder
    00:00 - 08:00
    Fórmula Líder
  • Matinal Líder
    08:00 - 10:00
    Matinal Líder
    En directo
  • Líder local
    10:00 - 13:00
    Líder local
    En directo
  • 13:00 - 14:00
    Sesión vermut
  • Líder Express
    14:00 - 14:30
    Líder Express
    En directo
  • Fórmula Líder
    14:30 - 16:00
    Fórmula Líder
  • Oh My Hits
    15:00 - 17:00
    Oh My Hits
    En directo
  • Las Tardes de Radio Líder
    17:00 - 20:00
    Las Tardes de Radio Líder
  • Al Día
    20:00 - 21:00
    Al Día Ahora
    En directo
  • Fórmula Líder
    21:00 - 23:59
    Fórmula Líder

Somos #Líder

Radio Líder

Medios Autonómicos De Radiodifusion Gallegos S.L.

Radio Líder es la primera red de emisoras independiente en el Norte de España. Fundada en el 2001 por el escritor y periodista Diego Bernal, el periodista Manuel Casal, la colaboración de Javier Sánchez de Dios y todas aquellas personas que han participado en la consolidación del proyecto.

Por Interés

Últimas

Pontedeume convierte sus leyendas en un festival de misterio.

Pontedeume recupera sus leyendas más misteriosas con un nuevo festival de terror y fantasía

La Xunta expone en Ourense nuevas actuaciones para reducir los daños y los accidentes relacionados con los jabalíes

Más de 1.200 accidentes con jabalíes en Ourense: la Xunta refuerza su control

Accidente mortal de un motorista en la N-120, a su paso por Ourense.

Muere un motorista tras salirse de la vía en la N-120 a su paso por Ourense

  • Nosotros
  • Publicidad
  • Contacto
  • Privacidad y Cookies
  • Aviso Legal

© 2026 Radio Líder. Todos los derechos reservados.

!Bienvenido de Nuevo!

Inicie sesión en su cuenta

¿Contraseña olvidada?

Recupere su contraseña

Por favor ingrese su nombre de usuario o dirección de correo electrónico para restablecer su contraseña.

Iniciar sesión
imunify-bot-check
Selecciona una emisora
EN DIRECTO 0:00 / 0:00
Velocidad
Sin resultados
Ver todos los resultados
  • Portada
  • GALICIA
    • A Coruña
    • Lugo
    • Ourense
    • Pontevedra
  • EL CONFIDENCIAL
  • Cultura
  • Deportes
  • Economía
  • Opinión
  • Política
  • Sociedad
  • Sucesos
  • ESPECIALES
    • Gastronomía
    • Turismo
    • Mar y Costa
    • Rural
  • Podcasts

© 2026 Radio Líder. Todos los derechos reservados.

Este sitio web utiliza cookies. Al continuar utilizando este sitio web, usted da su consentimiento para el uso de cookies. Visite nuestra Política de privacidad y cookies.