• Nosotros
  • Publicidad
  • Contacto
  • Privacidad y Cookies
  • Aviso Legal
  • Iniciar sesión
  • Registrarse
Radio Líder
Radio
Anuncio
  • Portada
  • GALICIA
    • A Coruña
    • Lugo
    • Ourense
    • Pontevedra
  • EL CONFIDENCIAL
  • Cultura
  • Deportes
  • Economía
  • Opinión
  • Política
  • Sociedad
  • Sucesos
  • ESPECIALES
    • Gastronomía
    • Turismo
    • Mar y Costa
    • Rural
  • Podcasts
Sin resultados
Ver todos los resultados
  • Portada
  • GALICIA
    • A Coruña
    • Lugo
    • Ourense
    • Pontevedra
  • EL CONFIDENCIAL
  • Cultura
  • Deportes
  • Economía
  • Opinión
  • Política
  • Sociedad
  • Sucesos
  • ESPECIALES
    • Gastronomía
    • Turismo
    • Mar y Costa
    • Rural
  • Podcasts
Sin resultados
Ver todos los resultados
Radio Líder

A Deputación impulsa a creación dunha nova senda ciclable na batería de Campelo, en Valdoviño

O proxecto, integrado no PSTD Centro Histórico de Ferrol e Patrimonio Militar da Costa Ártabra, conta cun investimento de máis de 78.000 euros, que serán financiados con fondos europeos.

David Por David
13/03/2026
en A Coruña
0
A Deputación impulsa a creación dunha nova senda ciclable na batería de Campelo, en Valdoviño
FacebookXWhatsApp

A Deputación da Coruña continúa avanzando na execución das actuacións previstas no Plan de Sostibilidade Turística en Destino (PSTD) denominado Centro Histórico de Ferrol e Patrimonio Militar da Costa Ártabra. Neste marco, o organismo provincial sacou a concurso un proxecto de construción para a creación e sinalización de camiños ciclables na batería de Campelo, situada no concello de Valdoviño. Esta iniciativa conta cun orzamento base de licitación que ascende aos 78.394,24 euros, e desenvólvese grazas ao financiamento da Unión Europea a través dos fondos NextGenerationEU, integrados no Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia do Goberno de España.

 

A intervención ten como escenario o Pico da Vela, na parroquia de Meirás, un espazo que alberga os restos das antigas baterías militares de Campelo Alto e Campelo Baixo. Estas instalacións defensivas, cuxa construción se remonta ao ano 1914, forman parte do legado histórico da costa galega, malia que foron desartelladas na década dos corenta. O obxectivo prioritario desta actuación é facilitar o acceso e o percorrido por estas ruínas, permitindo que a veciñanza e os visitantes poidan descubrir este patrimonio de xeito seguro e respectuoso co medio ambiente, ao tempo que se fomenta o uso da bicicleta como medio de transporte sostible e saudable.

 

Os traballos previstos estenderanse ao longo dun percorrido total de 1.660 metros, discorrendo integramente polo espazo protexido da Rede Natura 2000, concretamente no Lugar de Importancia Comunitaria e Zona Especial de Conservación Costa Ártabra. As actuacións contempladas no proxecto técnico inclúen a limpeza exhaustiva da vexetación que actualmente invade os antigos camiños e plataformas, así como a regularización do firme para corrixir as irregularidades e buracos provocados pola erosión e o paso do tempo. Deste xeito, preténdese garantir unha rodadura cómoda para os ciclistas sen alterar a fisionomía orixinal destas vías de servizo militares.

 

A maiores da recuperación física dos camiños, a Deputación da Coruña instalará sinalización específica e elementos de mobiliario urbano que axudarán a contextualizar o espazo e a mellorar a experiencia do usuario. Esta aposta pola mobilidade activa busca converter as baterías de Campelo nun recurso turístico de primeiro nivel, conectando a historia militar co gozo da natureza.

 

O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, afirma que “esta intervención supón un paso importante na nosa estratexia de transformar o rico patrimonio militar da Costa Ártabra nun motor de desenvolvemento turístico sostible”. Formoso sostén que “grazas ao impulso dos fondos europeos, non só estamos recuperando a memoria histórica de Valdoviño, senón que poñemos a disposición da cidadanía un espazo natural único, facilitando a súa visita e reforzando a proxección da provincia como un destino de referencia, no que se sabe conxugar a paisaxe, o deporte e o patrimonio”.

 

Control arqueolóxico e limpeza das instalacións

 

De xeito paralelo e complementario á creación da senda ciclable, a Deputación xestiona un contrato menor destinado á redacción do proxecto de intervención e ao control arqueolóxico das actuacións na batería de Campelo. Este contrato específico inclúe a execución de tarefas de adecuación e roza tanto nas baterías como nos seus edificios anexos e vías de acceso, asegurando que a limpeza da maleza se realice baixo criterios arqueolóxicos estritos para identificar e protexer calquera resto histórico significativo que poida saír á luz durante a posta en valor deste enclave de Valdoviño.

 

Tanto o proxecto da senda ciclable como este contrato menor teñen como prazo máximo de presentación de ofertas por parte das empresas interesadas ata o 26 de marzo.

 

ShareTweetSend
Publicación anterior

Correos activa el transporte de mochilas en Camino de Santiago a Muxía y Fisterra

Siguiente

Unha Semana Santa máis, o fío converterase en arte na XXXV Mostra do Encaixe de Camariñas

David

David

Relacionado Entradas

La Autoridad Portuaria de A Coruña presenta su Huella Ambiental 2026
#Destacado

La Autoridad Portuaria de A Coruña presenta su Huella Ambiental 2026

A Coruña y la lenta sangría laboral de la última década
#Destacado

A Coruña y la lenta sangría laboral de la última década

Un total de 24 empresas e persoas do sector turístico ferrolán reciben o premio Sicted
#Destacado

Un total de 24 empresas e persoas do sector turístico ferrolán reciben o premio Sicted

O Teatro Colón convértese en Chocolatia na gala de fin de curso do Conservatorio de Danza da Deputación
A Coruña

O Teatro Colón convértese en Chocolatia na gala de fin de curso do Conservatorio de Danza da Deputación

A embaixadora de Ucraína recoñece o apoio humanitario da Deputación da Coruña ao pobo ucraíno
#Destacado

A embaixadora de Ucraína recoñece o apoio humanitario da Deputación da Coruña ao pobo ucraíno

Carral inaugura la temporada de verano con la apertura de la piscina municipal
#Destacado

Carral inaugura la temporada de verano con la apertura de la piscina municipal

Siguiente
Unha Semana Santa máis, o fío converterase en arte na XXXV Mostra do Encaixe de Camariñas

Unha Semana Santa máis, o fío converterase en arte na XXXV Mostra do Encaixe de Camariñas

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Ahora al Aire

Fórmula Líder

Fórmula Líder

20:30 - 23:59
Continuidad
A continuación: Fórmula Líder 00:00

Opinión

Galicia cambia de pista: el declive de las verbenas frente al auge de los festivales
#Destacado

Galicia cambia de pista: el declive de las verbenas frente al auge de los festivales

Hubo un tiempo en el que el verano gallego se medía por el calendario de las fiestas patronales. Cada parroquia...

Leer másDetails
Matinal Líder con Antonio Lodeiro 10 de Marzo 2026

Matinal Líder con Antonio Lodeiro 10 de Marzo 2026

Síguenos en Redes Sociales

Programación de Hoy

Jueves 18/06/2026
  • Fórmula Líder
    00:00 - 08:00
    Fórmula Líder
  • Matinal Líder
    08:00 - 10:00
    Matinal Líder
    En directo
  • Líder local
    10:00 - 13:00
    Líder local
    En directo
  • 13:00 - 14:00
    Sesión vermut
  • Líder express
    14:00 - 14:30
    Líder express
  • Fórmula Líder
    14:30 - 16:00
    Fórmula Líder
  • Oh My Hits
    16:00 - 19:00
    Oh My Hits
    En directo
  • Fórmula Líder
    19:00 - 20:00
    Fórmula Líder
  • Líder Express
    20:00 - 20:30
    Líder Express
  • Fórmula Líder
    20:30 - 23:59
    Fórmula Líder Ahora

Somos #Líder

Radio Líder

Medios Autonómicos De Radiodifusion Gallegos S.L.

Radio Líder es la primera red de emisoras independiente en el Norte de España. Fundada en el 2001 por el escritor y periodista Diego Bernal, el periodista Manuel Casal, la colaboración de Javier Sánchez de Dios y todas aquellas personas que han participado en la consolidación del proyecto.

El Confidencial

Miguel Lorenzo sería hoy alcalde de A Coruña

Miguel Lorenzo sería hoy alcalde de A Coruña

Miguel Lorenzo, impulsado por la decadencia que vive la ciudad de A Coruña y la corrupción del PSOE, está ya...

Por Interés

Últimas

La Autoridad Portuaria de A Coruña presenta su Huella Ambiental 2026

La Autoridad Portuaria de A Coruña presenta su Huella Ambiental 2026

A Coruña y la lenta sangría laboral de la última década

A Coruña y la lenta sangría laboral de la última década

O Concello de Lugo abre ata o 23 de xuño o prazo para solicitar permiso para as fogueiras de San Xoán

O Concello de Lugo abre ata o 23 de xuño o prazo para solicitar permiso para as fogueiras de San Xoán

  • Nosotros
  • Publicidad
  • Contacto
  • Privacidad y Cookies
  • Aviso Legal

© 2026 Radio Líder - Desarrollado por Siete.Online.

!Bienvenido de Nuevo!

Inicie sesión en su cuenta

¿Contraseña olvidada? Registrarse

¡Crear Nueva Cuenta!

Rellena los siguientes campos del formulario para registrarte

Todos los campos son requeridos. Iniciar sesión

Recupere su contraseña

Por favor ingrese su nombre de usuario o dirección de correo electrónico para restablecer su contraseña.

Iniciar sesión
Selecciona una emisora
EN DIRECTO 0:00 / 0:00
Velocidad
Sin resultados
Ver todos los resultados
  • Portada
  • GALICIA
    • A Coruña
    • Lugo
    • Ourense
    • Pontevedra
  • EL CONFIDENCIAL
  • Cultura
  • Deportes
  • Economía
  • Opinión
  • Política
  • Sociedad
  • Sucesos
  • ESPECIALES
    • Gastronomía
    • Turismo
    • Mar y Costa
    • Rural
  • Podcasts

© 2026 Radio Líder - Desarrollado por Siete.Online.

Este sitio web utiliza cookies. Al continuar utilizando este sitio web, usted da su consentimiento para el uso de cookies. Visite nuestra Política de privacidad y cookies.