“Desde o BNG sentímonos moi orgullosos e orgullosas de que haxa unha sentenza firme que o que vén a recoñecer é o que nós levabamos demandando durante moitos anos: que o pazo de Meirás era do pobo galego e que a familia Franco o estaba ocupando de maneira ilexítima.
E tamén cremos que é incomprensible que haxa unha sentenza que nos di que temos que pagar aos Franco unha indemnización cando máis ben o que tería que ser e ao contrario. Deberían de ser os Franco os que nos pagaran por estar utilizando de maneira ilexítima e ilegal ese pazo durante décadas.
Tamén é certo que esa sentenza chegou a ese punto por responsabilidade do Partido Popular e do señor Feijóo, que no seu momento fixou un informe que viña a dicir como que houbera boa fe na ocupación por parte da familia Franco dese pazo e que durante 40 anos nunca reclamaran a titularidade do mesmo. Por lo tanto, hai unha responsabilidade directa do PP.
Nós cremos que hai que seguir cunha batalla que ten que acabar con que non só recuperemos o pazo, senón que non lle paguemos absolutamente nada á familia Franco. E, por iso, tamén nos parece que é importante seguir facendo presión política e social.
Desde o BNG levaremos unha declaración institucional ao próximo Pleno para que o Parlamento de Galiza diga alto e claro que houbo mala fe na ocupación por parte dos Franco dese pazo e que, polo tanto, non temos que indemnizar á familia. Terá que ser a familia Franco quen lle pague aos galegos e ás galegas por usurpar, por facer de “familia okupa” durante todos estes anos dun ben que é da cidadanía galega”.













