• Nosotros
  • Publicidad
  • Contacto
  • Privacidad y Cookies
  • Aviso Legal
  • Iniciar sesión
Radio Líder
Radio
Anuncio
  • Portada
  • GALICIA
    • A Coruña
    • Lugo
    • Ourense
    • Pontevedra
  • EL CONFIDENCIAL
  • Cultura
  • Deportes
  • Economía
  • Opinión
  • Política
  • Sociedad
  • Sucesos
  • ESPECIALES
    • Gastronomía
    • Turismo
    • Mar y Costa
    • Rural
  • Podcasts
Sin resultados
Ver todos los resultados
  • Portada
  • GALICIA
    • A Coruña
    • Lugo
    • Ourense
    • Pontevedra
  • EL CONFIDENCIAL
  • Cultura
  • Deportes
  • Economía
  • Opinión
  • Política
  • Sociedad
  • Sucesos
  • ESPECIALES
    • Gastronomía
    • Turismo
    • Mar y Costa
    • Rural
  • Podcasts
Sin resultados
Ver todos los resultados
Radio Líder

A Deputación e a USC impulsan a exhumación e identificación de vítimas do franquismo nas fosas de Serantes (Ferrol), Boisaca (Santiago) e Beira (Carral)

O convenio de 150.000 euros permitirá ao grupo HISTAGRA desenvolver intervencións históricas, arqueolóxicas e forenses para recuperar a memoria das persoas represaliadas

David Por David
16/03/2026
en A Coruña
0
A Deputación e a USC impulsan a exhumación e identificación de vítimas do franquismo nas fosas de Serantes (Ferrol), Boisaca (Santiago) e Beira (Carral)
FacebookXWhatsApp

O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, e o reitor en funcións da Universidade de Santiago de Compostela (USC), Antonio López, formalizaron este luns a sinatura dun convenio de colaboración para o desenvolvemento dun programa de actuacións en materia de memoria democrática na provincia.

O acordo, financiado con 150.000 euros pola Deputación, permitirá investigar, exhumar e identificar vítimas da represión franquista en tres enclaves da xeografía provincial: as fosas de Serantes, no concello de Ferrol; Boisaca, en Santiago de Compostela; e Beira, no municipio de Carral.

A execución técnica dos traballos será responsabilidade do grupo de investigación HISTAGRA da USC, un referente académico con máis de dúas décadas de experiencia no estudo da violencia golpista en Galicia e coordinador do coñecido proxecto “Nomes e Voces”.

O convenio articúlase arredor dunha metodoloxía científica que combinará investigación histórica e documental co traballo arqueolóxico sobre o terreo e a análise forense dos restos localizados. Este proceso permitirá non só localizar e recuperar os restos das vítimas, senón tamén avanzar na súa identificación e ofrecer respostas ás familias que levan décadas agardando por coñecer o destino dos seus seres queridos.

Os traballos requirirán a participación de persoal especializado en arqueoloxía, historia e medicina legal, garantindo así que todo o proceso se desenvolva con rigor científico e baixo os máis altos estándares de investigación.
Un proxecto con dimensión social e pedagóxica

Ademais das intervencións no terreo, o proxecto incorpora unha importante dimensión social e divulgativa. Entre as accións previstas destaca a produción dunha peza audiovisual que documentará o proceso das exhumacións e recollerá tanto o traballo técnico como o impacto humano e emocional que supón a apertura destas fosas.

O programa inclúe tamén a elaboración de publicacións académicas e a catalogación de bibliografía especializada sobre memoria democrática, que quedará custodiada na biblioteca da Facultade de Xeografía e Historia da USC para o seu acceso público.

Durante o acto, Valentín González Formoso destacou a importancia destas actuacións para preservar a memoria democrática e transmitir ás novas xeracións os valores da liberdade.“Estas accións lembran que os dereitos democráticos hai que cultivalos, preservalos e defendelos cada día, e é algo que temos que transmitir ás xeracións vindeiras”, sinalou. “Dignificar ás vítimas e coñecer o aspecto emocional das familias dos exhumados é fundamental e vai chegar ao corazón das xeracións máis novas para que saiban o que neste país houbo que pelexar para que poidamos vivir en liberdade”, engadiu.

Formoso subliñou tamén que “é fundamental coñecer o que ocorreu naquela época para que non volva ocorrer nunca máis na historia”.

Pola súa banda, Antonio López puxo en valor o traballo desenvolvido polo grupo HISTAGRA e destacou a importancia de seguir avanzando no coñecemento histórico da Guerra Civil e da represión franquista. “É imprescindible coñecer ben o que pasou na guerra civil e dar luz para que as próximas xeracións sexan moi conscientes do pasado”, afirmou. Ademais, explicou que “cada vez que se dá un paso máis nesta liña e se traslada esa información ás familias das persoas que aparecen póñense os pelos de punta. É conmovedor ver como se dá luz e respostas ás familias tras moitos anos de escuridade”.
Despedida a Antonio López

Durante o acto, o presidente da Deputación aproveitou tamén para despedirse de Antonio López, que nos próximos días deixará o cargo de reitor da USC, que pasará a ocupar Rosa Crujeiras.

Formoso destacou de López que foi “un colaborador nato” e que “en pouco tempo foi quen de impulsar unha universidade, logrando ampliar o alumnado, impulsar as investigacións e mellorar as infraestruturas”.

Pola súa banda, o reitor en funcións subliñou o papel da Deputación da Coruña como “un alicerce fundamental” para o desenvolvemento das actividades da universidade, destacando a estreita colaboración entre ambas institucións. “Sen o apoio da Deputación, non poderiamos facer o que facemos”, afirmou.

 

ShareTweetSend
Publicación anterior

O BNG levará unha declaración institucional ao próximo Pleno para que o Parlamento se opoña a indemnizar aos Franco

Siguiente

A Deputación da Coruña apoia a creación do novo Espazo Audiovisual Mans para impulsar o emprendemento e a economía social

David

David

Relacionado Entradas

As Pontes busca convertir su historia del carbón en un nuevo atractivo turístico
#Destacado

As Pontes busca convertir su historia del carbón en un nuevo atractivo turístico

El Club Femenino Celas se presenta en Culleredo para afrontar la temporada 2026/2027
#Destacado

El Club Femenino Celas se presenta en Culleredo para afrontar la temporada 2026/2027

Onda Bocata vuelve a Razo con 11 bocadillos gourmet: fechas, horarios y todas las propuestas
#Destacado

Onda Bocata vuelve a Razo con 11 bocadillos gourmet: fechas, horarios y todas las propuestas

225.000 euros para monitorizar la calidad del aire de la catedral de Santiago y el templo romano de Santa Eulalia de Bóveda
#Destacado

Santiago abre las ayudas de 90.000 euros para asociaciones vecinales: requisitos y plazo

Ferrol renovará la calle Exército Español de Caranza con casi 90.000 euros: así serán las obras
#Destacado

Ferrol renovará la calle Exército Español de Caranza con casi 90.000 euros: así serán las obras

Santiago reúne a expertos y jóvenes para debatir sobre redes sociales, polarización y democracia
#Destacado

Santiago reúne a expertos y jóvenes para debatir sobre redes sociales, polarización y democracia

Siguiente
A Deputación da Coruña apoia a creación do novo Espazo Audiovisual Mans para impulsar o emprendemento e a economía social

A Deputación da Coruña apoia a creación do novo Espazo Audiovisual Mans para impulsar o emprendemento e a economía social

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Ahora al Aire

Fórmula Líder

Fórmula Líder

00:00 - 08:00
Continuidad
A continuación: Matinal Líder 08:00

Programación de Hoy

Miércoles 23/09/2026
  • Fórmula Líder
    00:00 - 08:00
    Fórmula Líder Ahora
  • Matinal Líder
    08:00 - 10:00
    Matinal Líder
    En directo
  • Líder local
    10:00 - 13:00
    Líder local
    En directo
  • 13:00 - 14:00
    Sesión vermut
  • Líder express
    14:00 - 14:30
    Líder express
  • Fórmula Líder
    14:30 - 16:00
    Fórmula Líder
  • Oh My Hits
    16:00 - 19:00
    Oh My Hits
    En directo
  • Fórmula Líder
    19:00 - 20:00
    Fórmula Líder
  • Líder Express
    20:00 - 20:30
    Líder Express
  • Fórmula Líder
    20:30 - 23:59
    Fórmula Líder

Somos #Líder

Radio Líder

Medios Autonómicos De Radiodifusion Gallegos S.L.

Radio Líder es la primera red de emisoras independiente en el Norte de España. Fundada en el 2001 por el escritor y periodista Diego Bernal, el periodista Manuel Casal, la colaboración de Javier Sánchez de Dios y todas aquellas personas que han participado en la consolidación del proyecto.

Por Interés

Últimas

El nuevo cambio en el registro horario que deben revisar todas las empresas en España

El nuevo cambio en el registro horario que deben revisar todas las empresas en España

Boicot a Vox en Santiago: cientos de personas bloquean un acto con Jorge Buxadé

Boicot a Vox en Santiago: cientos de personas bloquean un acto con Jorge Buxadé

El Eixo Atlántico impulsa un nuevo modelo de enoturismo entre Galicia y Portugal

El Eixo Atlántico impulsa un nuevo modelo de enoturismo entre Galicia y Portugal

  • Nosotros
  • Publicidad
  • Contacto
  • Privacidad y Cookies
  • Aviso Legal

© 2026 Radio Líder. Todos los derechos reservados.

!Bienvenido de Nuevo!

Inicie sesión en su cuenta

¿Contraseña olvidada?

Recupere su contraseña

Por favor ingrese su nombre de usuario o dirección de correo electrónico para restablecer su contraseña.

Iniciar sesión
imunify-bot-check
Selecciona una emisora
EN DIRECTO 0:00 / 0:00
Velocidad
Sin resultados
Ver todos los resultados
  • Portada
  • GALICIA
    • A Coruña
    • Lugo
    • Ourense
    • Pontevedra
  • EL CONFIDENCIAL
  • Cultura
  • Deportes
  • Economía
  • Opinión
  • Política
  • Sociedad
  • Sucesos
  • ESPECIALES
    • Gastronomía
    • Turismo
    • Mar y Costa
    • Rural
  • Podcasts

© 2026 Radio Líder. Todos los derechos reservados.

Este sitio web utiliza cookies. Al continuar utilizando este sitio web, usted da su consentimiento para el uso de cookies. Visite nuestra Política de privacidad y cookies.