O Concello de Dumbría ofrece unha gran riqueza de camiños e paisaxes nas que mergullarse. Visitar carballeiras encantadas onde fadas e trasnos habitan, seguir as pegadas desa gran besta salvaxe chamada Vákner, achegarse ao acueducto de Ponte Peón, gozar dun dos maiores dolmens de Galicia, coñecer de primeira man onde se moía o millo ou converterse en peregrino na busca do último solpor.
En cada recuncho atoparás pegadas do pasado, vestixios dese patrimonio que agochan as terras de Dumbría. Descubrirás unha natureza de fermosos bosques e caudalosos ríos.












