• Nosotros
  • Publicidad
  • Contacto
  • Privacidad y Cookies
  • Aviso Legal
  • Iniciar sesión
  • Registrarse
Radio Líder
Radio
Anuncio
  • Portada
  • GALICIA
    • A Coruña
    • Lugo
    • Ourense
    • Pontevedra
  • EL CONFIDENCIAL
  • Cultura
  • Deportes
  • Economía
  • Opinión
  • Política
  • Sociedad
  • Sucesos
  • ESPECIALES
    • Gastronomía
    • Turismo
    • Mar y Costa
    • Rural
  • Podcasts
Sin resultados
Ver todos los resultados
  • Portada
  • GALICIA
    • A Coruña
    • Lugo
    • Ourense
    • Pontevedra
  • EL CONFIDENCIAL
  • Cultura
  • Deportes
  • Economía
  • Opinión
  • Política
  • Sociedad
  • Sucesos
  • ESPECIALES
    • Gastronomía
    • Turismo
    • Mar y Costa
    • Rural
  • Podcasts
Sin resultados
Ver todos los resultados
Radio Líder

A XXX edición dos Premios de Teatro María Casares homenaxea a Manuel Lourenzo

Gloria Rico dirixirá un espectáculo que convida a festexar a vida e a obra do histórico dramaturgo galego, finado o pasado verán

David Por David
07/04/2026
en #Destacado, Cultura
0
A XXX edición dos Premios de Teatro María Casares homenaxea a Manuel Lourenzo
FacebookXWhatsApp

A Asociación de Actores e Actrices de Galicia (AAAG) presentou esta mañá no Teatro Rosalía Castro todos os detalles da 30ª edición dos Premios de Teatro María Casares, o principal recoñecemento das artes escénicas en Galicia. O acto contou coa presenza de representantes da Xunta de Galicia a través da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), a Deputación da Coruña, o Concello da Coruña, a propia AAAG e Gloria Rico, directora da gala.

Premios María Casares

Os XXX Premios reunirán este ano 17 espectáculos que optan a 16 galardóns en categorías que abarcan desde a interpretación ata os apartados técnicos e os espectáculos infantís e de monicreques. Entre as montaxes con máis candidaturas destacan Reconversión, de Ibuprofeno Teatro, con 11 finalistas —incluíndo Espectáculo, Dirección e Texto—; A serie clopen, do Centro Dramático Galego, con 10 —incluíndo Espectáculo, Dirección e Actriz Protagonista—; e TROMSØ, de Morraoconto, con 7 —incluíndo Espectáculo e Dirección—.

A imaxe desta 30ª edición foi creada pola ilustradora e deseñadora luguesa Rebeca Losada, coñecida pola súa paleta vibrante e a súa traxectoria no mundo editorial e musical. A AAAG mantén así a iniciativa, iniciada en 2017, de encargar cada ano o cartel a unha figura diferente do deseño e a ilustración, estreitando lazos entre o sector escénico e esta disciplina artística.

Festexar a Manuel Lourenzo

A gala deste ano terá como fío condutor a figura e a obra de Manuel Lourenzo, histórico actor e dramaturgo galego, Premio Nacional de Literatura Dramática en 1997, finado o pasado verán. Baixo a dirección de Gloria Rico, o espectáculo propón non a melancolía nin o eloxio fúnebre, senón a celebración.

Rico, quen foi amiga, alumna e compañeira de traballo de Lourenzo, concibiu un espectáculo para os María Casares de marcada simboloxía: un escenario coroado por unha esfera como representación da perfección que encarna a figura do homenaxeado; o azul da zona do Valadouro; e as doas, as bolas tradicionais que se integran na vida cotiá da xente. Cores e formas que trasladan ao público á idea dunha festa popular.

«Queremos reivindicar tanto as loitas como as facetas laboral e artística de Manuel, e farémolo desde a celebración. O espectáculo será coma unha festa popular ao vivo: será un espazo no que cantaremos, bailaremos e reflexionaremos a vida e obra de Lourenzo, mais sen caer na melancolía. Celebraremos o traballo dunha persoa e compañeiro excepcional, de todo un referente da nosa cultura», expón.

A AAGG quere compartir este momento, premios e espectáculo co público, polo que a Gala poderá seguirse en directo vía streaming a través de YouTube: https://youtube.com/live/fsWS95CFbI8

Elenco artístico da gala
No transcurso da presentación e, por primeira vez, presentouse o equipo artístico completo que subirá ao escenario o 8 de abril e dará vida ao espectáculo dirixido por Gloria Rico. No escenario coincidirán catro actores e actrices —Arantza Villar, Carlos Mosquera «Mos», María Barcala e Roberto Leal— xunto a un cuarteto musical: Josito Porto (voz, guitarra e gaita), Carlos Arévalo (batería), Rafa Otero (guitarra e baixo) e Sabela Dacal (acordeón e voz).

Homenaxe a Luma Gómez

Nesta edición, a AAAG entrega o seu recoñecemento especial á actriz e activista Luma Gómez, figura fundamental do teatro galego e do movemento asociativo profesional. Eva Fórneas, presidenta da AAAG, subliña o seu perfil único: «Luma é un referente en moitos aspectos: muller que fundou e cofundou tanto a Asociación como entidades artísticas, nunca deixou de adicarse ao teatro. Sempre moi concienciada coa profesión e cos dereitos e loitas sindicais. Queremos darllo agora para que poida gozar e desfrutar do recoñecemento desde o escenario, como cada día, tamén detrás dos papeis, porque Luma é unha curranta nata», sinala.

O acto contou coas intervencións das institucións colaboradoras. Gonzalo Castro, concelleiro de Cultura e Turismo do Concello da Coruña, destacou a importancia dos premios para a cidade: “O Goberno de Inés Rey continúa a amosar a súa sensibilidade polas artes escénicas, convertendo un ano máis este Teatro Rosalía no epicentro do teatro galego e rendendo homenaxe a unha das grandes figuras da actuación da historia do noso país, ao que xa temos amosado o noso recoñecemento público tras as súas innumerables aparicións sobre as táboas da Coruña”, indicou Gonzalo Castro.

Pola súa banda, Avia Veira, en representación da Deputación da Coruña, subliñou o compromiso institucional coa escena galega: «Desde a Deputación da Coruña entendemos a cultura como un dereito da cidadanía e como un motor de identidade colectiva. Por iso, neste 2026 continuamos apostando por instrumentos de financiamento concretos. É un compromiso real, con recursos reais, para que proxectos como este non dependan só da vontade, senón tamén do apoio institucional», apuntou a deputada, quen tamén salientou a figura de María Casares. “Non está de máis lembrar os motivos polos que estes premios levan o nome que levan. Nada na Coruña en 1922, foi unha das grandes actrices do teatro e o cine europeos do século XX. Exiliada en Francia sendo adolescente, construíu unha carreira extraordinaria nos escenarios de París. Galiza no mundo, talento universal. Que os premios do teatro galego leven o seu nome é un acto de xustiza e de memoria”, dixo.

Na súa intervención, o director de Industrias Culturais deixou testemuño do apoio da Xunta a estes galardóns como escaparate da creatividade, da diversidade e da fortaleza do teatro galego, ao tempo que puxo o foco na súa relevancia para dotar de visibilidade diante da sociedade o labor das compañías, dos elencos e dos diferentes oficios escénicos. “Os Premios María Casares constitúen un símbolo do talento, da profesionalización e da capacidade de renovación das artes escénicas en Galicia”, engadiu. Tamén felicitou as formacións e profesionais finalistas, así como a Luma Gómez pola súa carreira de décadas sobre as táboas. Cualificou, ademais, o eixo condutor da gala deste ano de “merecido tributo” a Manuel Lorenzo, a quen se referiu como un dos máximos expoñentes do teatro galego de todos os tempos, e de quen lembrou que tivo no texto para Nada se sabe, coprodución do Centro Dramático Galego con Culturactiva, un dos seus últimos traballos.

EMISIÓN POR STREAMING

https://youtube.com/live/fsWS95CFbI8

ShareTweetSend
Publicación anterior

El 42,2% de los españoles afirma sentirse peor tras consumir contenido en redes sociales

Siguiente

Un home é trasladado o Hospital tras declararse un incendio na súa vivenda en Vigo

David

David

Relacionado Entradas

Los colegios Los Sauces, de Campañó; Nuestra Señora del Rosario, de Arzúa; y el CPI Virxe da Cela, de San Fiz de Monfero, ganadores de Galicia
#Destacado

Los colegios Los Sauces, de Campañó; Nuestra Señora del Rosario, de Arzúa; y el CPI Virxe da Cela, de San Fiz de Monfero, ganadores de Galicia

El viernes 17 de abril, el Museo de Estrella Galicia celebrará un concierto de Diego Amador
Cultura

El viernes 17 de abril, el Museo de Estrella Galicia celebrará un concierto de Diego Amador

El precio medio de un coche nuevo aumenta un 45 % en cinco años y dispara el alquiler entre particulares
#Destacado

La venta de turismos usados en Galicia cae el 0,3% en marzo y la de furgonetas crece el 5,8%

Archivada la causa contra el alcalde de Ourense por la compra de material de grabación para supuestos usos privados
#Destacado

Archivada la causa contra el alcalde de Ourense por la compra de material de grabación para supuestos usos privados

Estabilizados los incendios de Ponteareas y Carballo
#Destacado

Estabilizados los incendios de Ponteareas y Carballo

Excarceran a un home atrapado nun tractor na Pobra do Caramiñal
#Destacado

Excarceran a un home atrapado nun tractor na Pobra do Caramiñal

Siguiente
Un home é trasladado o Hospital tras declararse un incendio na súa vivenda en Vigo

Un home é trasladado o Hospital tras declararse un incendio na súa vivenda en Vigo

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Ahora al Aire

Sesión vermut

13:00 - 14:00
A continuación: Líder express 14:00

Opinión

Matinal Líder con Antonio Lodeiro 10 de Marzo 2026
#Destacado

Matinal Líder con Antonio Lodeiro 10 de Marzo 2026

https://open.spotify.com/episode/0DUvbZc7TYqMymcWnETehd?si=f46f04891fdb4e8f

Leer másDetails
«Al Pan pan y al Vino vino» con Carlos Marcos

«Al Pan pan y al Vino vino» con Carlos Marcos

Síguenos en Redes Sociales

Programación de Hoy

Martes 07/04/2026
  • Fórmula Líder
    00:00 - 08:00
    Fórmula Líder
  • Matinal Líder
    08:00 - 10:00
    Matinal Líder
    En directo
  • Líder local
    10:00 - 13:00
    Líder local
    En directo
  • 13:00 - 14:00
    Sesión vermut Ahora
  • Líder express
    14:00 - 14:30
    Líder express
  • Fórmula Líder
    14:30 - 16:00
    Fórmula Líder
  • Oh My Hits
    16:00 - 19:00
    Oh My Hits
    En directo
  • Fórmula Líder
    19:00 - 20:00
    Fórmula Líder
  • Líder Express
    20:00 - 20:30
    Líder Express
  • Fórmula Líder
    20:30 - 23:59
    Fórmula Líder

Somos #Líder

Radio Líder

Medios Autonómicos De Radiodifusion Gallegos S.L.

Radio Líder es la primera red de emisoras independiente en el Norte de España. Fundada en el 2001 por el escritor y periodista Diego Bernal, el periodista Manuel Casal, la colaboración de Javier Sánchez de Dios y todas aquellas personas que han participado en la consolidación del proyecto.

El Confidencial

¿Por qué a los políticos les toca la lotería con tanta frecuencia?

¿Por qué a los políticos les toca la lotería con tanta frecuencia?

Hay a quien le llegó a tocar hasta en siete ocasiones. Se llama Carlos Fabra y presidió la diputación de...

Por Interés

Últimas

Los colegios Los Sauces, de Campañó; Nuestra Señora del Rosario, de Arzúa; y el CPI Virxe da Cela, de San Fiz de Monfero, ganadores de Galicia

Los colegios Los Sauces, de Campañó; Nuestra Señora del Rosario, de Arzúa; y el CPI Virxe da Cela, de San Fiz de Monfero, ganadores de Galicia

El viernes 17 de abril, el Museo de Estrella Galicia celebrará un concierto de Diego Amador

El viernes 17 de abril, el Museo de Estrella Galicia celebrará un concierto de Diego Amador

El precio medio de un coche nuevo aumenta un 45 % en cinco años y dispara el alquiler entre particulares

La venta de turismos usados en Galicia cae el 0,3% en marzo y la de furgonetas crece el 5,8%

  • Nosotros
  • Publicidad
  • Contacto
  • Privacidad y Cookies
  • Aviso Legal

© 2026 Radio Líder - Desarrollado por Siete.Online.

!Bienvenido de Nuevo!

Inicie sesión en su cuenta

¿Contraseña olvidada? Registrarse

¡Crear Nueva Cuenta!

Rellena los siguientes campos del formulario para registrarte

Todos los campos son requeridos. Iniciar sesión

Recupere su contraseña

Por favor ingrese su nombre de usuario o dirección de correo electrónico para restablecer su contraseña.

Iniciar sesión
Selecciona una emisora
EN DIRECTO 0:00 / 0:00
Velocidad
Sin resultados
Ver todos los resultados
  • Portada
  • GALICIA
    • A Coruña
    • Lugo
    • Ourense
    • Pontevedra
  • EL CONFIDENCIAL
  • Cultura
  • Deportes
  • Economía
  • Opinión
  • Política
  • Sociedad
  • Sucesos
  • ESPECIALES
    • Gastronomía
    • Turismo
    • Mar y Costa
    • Rural
  • Podcasts

© 2026 Radio Líder - Desarrollado por Siete.Online.

Este sitio web utiliza cookies. Al continuar utilizando este sitio web, usted da su consentimiento para el uso de cookies. Visite nuestra Política de privacidad y cookies.