A Deputación da Coruña publica hoxe no Boletín Oficial da Provincia a resolución de duas das súas principais liñas de apoio ao tecido social, que suman un investimento conxunto de máis de 1,28 millóns de euros destinados ao mantemento de programas sociosanitarios e servizos sociais durante 2026 en toda a provincia.
Estas convocatorias permiten garantir a continuidade de servizos que prestan atención directa ás persoas, desde terapias de rehabilitación e apoio psicolóxico ata programas de inclusión social, acompañamento a familias ou inserción laboral.
O presidente da Deputación, Valentín González Formoso, destacou que «estas axudas son fundamentais para dar estabilidade ao traballo das entidades sociais.Detrás de cada un destes programas hai algo moi concreto: persoas que melloran a súa vida grazas a terapias, acompañamento, apoio ás súas familias ou oportunidades de inclusión. Desde a Deputación traballamos precisamente para iso, para estar detrás deses servizos que ás veces non se ven, pero que son fundamentais no día a día de milleiros de persoas. Estas axudas permiten que as entidades sociais sigan desenvolvendo un labor imprescindible, garantindo que a atención chegue a toda a provincia, tamén aos concellos máis pequenos, e reforzando un modelo de benestar baseado na proximidade, na igualdade de oportunidades e no coidado das persoas», explicou Formoso
Apoio a programas sociosanitarios especializados
Unha das liñas publicadas hoxe resolve a concesión definitiva de 499.965,49 euros para financiar programas sociosanitarios, centrados na atención a persoas con enfermidades crónicas, neurodexenerativas ou raras, así como no apoio ás súas familias.
Inclúe actuacións como tratamentos de rehabilitación (fisioterapia, terapia ocupacional ou logopedia), atención psicolóxica, programas de prevención da dependencia, servizos de información e orientación social, coordinación de recursos ou acompañamento a persoas con necesidades complexas.
Entre as entidades beneficiarias figuran ANHIDACoruña; Asociación Compostela de Esclerose Múltiple, Parkinson e outras enfermidades neurodexenerativas; Asociación Coruñesa de Esclerose Múltiple; Asociación de Bulimia e Anorexia da Coruña; ASANOG; Sarela; Asociación de Loita contra as Enfermidades do Ril; Asociación de Sarcomas Grupo Asistencial; Asociación Española contra o Cancro; AFAFES; Asperga; AGAELA; Asociación Galega de Linfedema; Asociación Galega de Lupus; Asociación Galega contra a Fibrose Quística; ASEM Galicia; Asociación Galega de Transplantes Medulares; Asociación Galega de Hemofilia; Airiños; Parkinson Ferrol; Parkinson Galicia; Federación ALCER Galicia; Federación Galega de Dano Cerebral; Federación de Enfermidades Raras; Federación Galega de Asociacións de Diabéticos; Fundación Andrea; Fundación Degén e Liga Reumatolóxica Galega.
Financiamento de programas sociais de proximidade
A segunda liña aproba provisionalmente 783.551,08 euros para apoiar programas sociais de proximidade, dirixidos a mellorar a inclusión e o benestar de diferentes colectivos en situación de vulnerabilidade.
Entre as actuacións financiadas inclúense programas de atención psicosocial a menores e familias, servizos de apoio a persoas con discapacidade, iniciativas de integración de persoas migrantes, prevención de adiccións, programas de respiro familiar, eliminación de barreiras, formación e inserción laboral.
Algunhas das entidades beneficiarias deste liña de subvencións son:
A Xanela; Acción Familiar Ferrol; Xaruma; Agalure; Renacer; Vieiro; Antonio Noche; Arraianas; Caguama; Asociación de Colaboración e Promoción do Xordo; Paseniño; Asociación de Pais de Persoas con Discapacidade das Mariñas; Adiante; Asociación de Xordos de Ferrolterra; Asociación de Xordos de Santiago; Asociación Discapacitados da Bisbarra de Muros; Ecos do Sur; ADAFAD; Exalcohólicos de Ferrolterra; AFABER; Asociación Galega de Axuda a Ucraína; Acougo; Itinera; Presencia Gitana; ONG Mestura; ASPAS; ASPANEMI; Arela-Cambre; Participa; Asociación de Persoas con Discapacidade de Compostela; Pro Minusválidos Cariño; Raíña Paraíso; Down Teima; ASCM; Axuda Integral Santiaguesa do Alcohólico; Cáritas; Enraizando; Autismo Galicia; Federación de Persoas Xordas de Galicia; Down Galicia; FEAPS Galicia; Acción contra o Hambre; Fundación Amador de Castro; Fundación Amigo; Fundación Aperta; ASPACE Coruña; Autismo Coruña; Ayuda en Acción; Down Compostela; Erguete; Juan Soñador; Nortempo; RonseL; Secretariado Gitano; Grumico; Instituto Galego de Xestión para o Terceiro Sector; Integrados; Misela; SOS Racismo; Saúde Mental FEAFES e Yarama África, entre outras.
Reforzo do sistema de benestar
Ambas liñas permiten consolidar unha rede de servizos sociais próxima e accesible, garantindo a continuidade de programas que melloran a calidade de vida de milleiros de persoas en toda a provincia.
A deputada de Política Social, Mar García Vidal, subliñou que «as entidades sociais chegan a onde moitas veces non chega a administración. O apoio da Deputación ao terceiro sector é clave para asegurar que estes servizos cheguen a todo o territorio, especialmente ás zonas rurais, onde as entidades desempeñan un papel esencial, mellorando a vida de miles de persoas.», sinalou.
LISTAXE DAS SUBVENCIÓNS APROBADAS:
RESOLUCIÓN POLA QUE SE APROBA A CONCESIÓN DEFINITIVA DE SUBVENCIÓNS CORRESPONDENTES AO PROGRAMA FOCVAA: PROGRAMA DE SUBVENCIÓNS A ENTIDADES SEN ÁNIMO DE LUCRO PARA O MANTEMENTO DE PROGRAMAS SOCIOSANITARIOS DURANTE O ANO 2026
RESOLUCIÓN POLA QUE SE APROBA A CONCESIÓN DEFINITIVA DE SUBVENCIÓNS CORRESPONDENTES AO PROGRAMA FOCVAA: PROGRAMA DE SUBVENCIÓNS A ENTIDADES SEN ÁNIMO DE LUCRO PARA O MANTEMENTO DE PROGRAMAS SOCIOSANITARIOS DURANTE O ANO 2026













