Foi levada ata o centro de saúde por Urxencias Sanitarias de Galicia-061.
Contra as 11:25 horas desta mañá, un particular alertou ao 112 Galicia de que ardía a zona da cociña dunha vivenda situada no lugar Currás de Arriba, en Couso (Coristanco). A única ocupante do domicilio atopábase fóra e precisaba asistencia sanitaria por inhalación de fume.
Neste operativo colaboraron, ademais dos profesionais sanitarios, os Bombeiros de Carballo, o GES de Ponteceso, a Garda Civil e a Policía Local e os voluntarios de Protección Civil de Coristanco.
O incendio queimou un sofá pegado á cociña de leña e afectou a outros mobles da estancia.













