• Nosotros
  • Publicidad
  • Contacto
  • Privacidad y Cookies
  • Aviso Legal
  • Iniciar sesión
Radio Líder
Radio
Anuncio
  • Portada
  • GALICIA
    • A Coruña
    • Lugo
    • Ourense
    • Pontevedra
  • EL CONFIDENCIAL
  • Cultura
  • Deportes
  • Economía
  • Opinión
  • Política
  • Sociedad
  • Sucesos
  • ESPECIALES
    • Gastronomía
    • Turismo
    • Mar y Costa
    • Rural
  • Podcasts
Sin resultados
Ver todos los resultados
  • Portada
  • GALICIA
    • A Coruña
    • Lugo
    • Ourense
    • Pontevedra
  • EL CONFIDENCIAL
  • Cultura
  • Deportes
  • Economía
  • Opinión
  • Política
  • Sociedad
  • Sucesos
  • ESPECIALES
    • Gastronomía
    • Turismo
    • Mar y Costa
    • Rural
  • Podcasts
Sin resultados
Ver todos los resultados
Radio Líder

O Atlantic Pride da Coruña promocionase no Pride de Torremolinos

O ‘Orgullo do Norte’ desembarca por primeira vez nunha das celebracións do Orgullo LGTBIQ+ máis relevantes da xeografía española, que na súa pasada edición congregou a máis de 100.000 asistentes e que neste 2026 terá lugar do 26 de maio ao 6 de xuño, baixo o lema ‘Donde se siembra cultura, florece la libertad’

David Por David
30/04/2026
en #Destacado, Cultura
0
O Atlantic Pride da Coruña promocionase no Pride de Torremolinos
FacebookXWhatsApp

O Atlantic Pride da Coruña participará por primeira vez no Pride de Torremolinos, unha das celebracións do Orgullo LGTBIQ+ máis relevantes da xeografía española, que na súa pasada edición congregou a máis de 100.000 asistentes e que neste 2026 terá lugar do 26 de maio ao 6 de xuño, baixo o lema ‘Donde se siembra cultura, florece la libertad’.

Deste xeito, o ‘Orgullo do Norte’ galego contará cunha carroza propia no Pride sureño, e todos os públicos que viaxen a Torremolinos están convidados a subirse e festexar: as persoas interesadas poderán inscribirse no formulario da web https://atlanticpride.es/pride-torremolinos/. A ‘orgullosa’ carroza galega desfilará pola localidade malagueña o sábado 6 de xuño.

A Asociación Orgullo Coruña (ORCO), impulsora do Atlantic Pride, apunta que, para o festival, “é un orgullo enorme poder participar no Pride de Torremolinos coa nosa propia carroza. Para nós, trátase dunha oportunidade moi especial para levar un pedaciño da Coruña, de Galicia e do noso ‘Orgullo do Norte’ a unha das celebracións LGTBIQ+ máis importantes e queridas do país. Imos con moitísima ilusión, con ganas de compartir, festexar e demostrar que el orgullo tamén se constrúe creando lazos entre territorios, colectivos e cidades que comparten unha mesma forma de entender a diversidade, a liberdade e a festa”. ORCO quere convidar, ademais, a todos os públicos que planeen viaxar ao Pride de Torremolinos a “subirse a nosa carroza para compartir unha experiencia única”.

O ‘Orgullo do Norte’ é un festival pioneiro, gratuíto e inclusivo nacido na cidade da Coruña no ano 2019, destinado a reivindicar a liberdade afectiva, sexual e de identidade dende unha perspectiva lúdica e inclusiva, con propostas musicais para todos os públicos. A cita está impulsada pola Asociación Orgullo Coruña (ORCO) e conta co patrocinio institucional do Concello da Coruña, ademais do apoio da Deputación da Coruña e o patrocinio privado de Estrella Galicia e Globalgrafic.

 

UN REPASO AO CARTEL XA ANUNCIADO PARA ‘ORGULLO DO NORTE’ 2026

O Atlantic Pride encherá de enerxía electrizante os seus escenarios para festexar a súa sétima edición do 5 ao 12 de xullo de 2026. Cunha divertida combinación de talento, identidade e enerxía, o ‘Orgullo do Norte’ coruñés busca consolidarse, un ano máis, como un evento imprescindible para celebrar a diversidade a través da música.

Co seu cartel, o público poderá gozar de propostas musicais que van desde a sensibilidade íntima e innovadora de Alba Reche, que combina honestidade e evolución sonora, ata a enerxía potente e visceral de Julieta, unha das voces máis influentes do novo pop catalán, pasando pola forza en directo de Ricky Merino e o estilo provocador e festivo de Kika Lorace, que transforma cada actuación nunha festa de humor e diversidade. O festival presentará, tamén, «ZAHARAVE», o espectáculo electrónico de Zahara, que conxuga o poder do techno cunha escenografía impactante, creando unha experiencia única e reivindicativa.

Ademais, o talento galego emerxente estará tamén presente nos escenarios do Atlantic Pride este verán, grazas á ‘boa vibra’ de bandas e artistas galegas como arde, Jonydasvie, Montedapena, raze e Terrae Dj’s. Power pop, pop-punk, pop urbano, World Music, electrónica, músicas de baile e sons de raíz encherán o escenario da súa man. Non faltarán á cita formatos híbridos, performance, danza e impactantes proxeccións audiovisuais.

Xunto a elas, o ‘Orgullo do Norte’ contará con nomes de pegada nacional e internacional como Miriam Rodríguez e Whigfield , que non defraudará co seu himno Saturday Night. A fantasía e o humor chegará da man das raíñas do performismo Choriza May, Pitita, Chloe Vittu, la Niña Delantro, Electra, Kim Miller, Saia Santa e Sasha Moon. Moi pronto, o festival anunciará as derradeiras figuras que pecharán o seu cartel neste 2026, no que destaca, tamén, o novo Atlantic Drag!

 

SOBRE O ATLANTIC PRIDE, O ‘ORGULLO DO NORTE’ CORUÑÉS

Coñecido como o ‘Orgullo do Norte’, o Atlantic Pride é un festival de música pioneiro, gratuíto e inclusivo que se celebra na cidade da Coruña, destinado a reivindicar a liberdade afectiva, sexual e de identidade dende unha perspectiva lúdica e inclusiva. Na súa pasada edición, a sexta, celebrada en xullo de 2025, a cita reuniu a preto de 45.000 persoas.

O Atlantic Pride está impulsado pola Asociación Orgullo Coruña –ORCO– e conta co patrocinio institucional do Concello da Coruña e o apoio da Deputación da Coruña. O festival posúe, tamén, o patrocinio privado de Estrella Galicia e Globalgrafic.

O Atlantic Pride nace en 2019 coa vontade de situar á cidade herculina como a capital do bo ambiente e a celebración sen distincións nin barreiras. O proxecto, que trata de aglutinar a todas as capas da sociedade dentro dunha contorna segura e amigable, desenvólvese en torno a varios días de concertos e actividades culturais, coa fin de atraer ao público local e de fóra, como un referente cultural, turístico e social e unha das citas imprescindibles do verán no noroeste peninsular.

Tras seis edicións, o Atlantic Pride consolídase como un espazo de celebración aberto, seguro e diverso, como referente dos ‘Orgullos’ que se celebran no comezo do verán ao longo da Península e no que teñen cabida coloridas propostas para todos os públicos, gustos e idades.

Así, no Atlantic Pride non faltan concertos de inspiración eurovisiva, grandes nomes do pop galegos, nacionais e internacionais, divertidas actuacións de drags, pinchadas de dj’s de referencia da escena galega e estatal e a celebración do Certame Literario de Literatura LGTBIQ+, da man do Club de Lectura QUEERuña, que no 2026 afronta a súa quinta edición.

Nos seus seis anos de historia, o cartel de Atlantic Pride reuniu figuras como La Terremoto de Alcorcón, La Casa Azul, Ladilla Rusa, Samantha Hudson, Javiera Mena, Grande Amore, Soleá Morente, OBK, Amistades Peligrosas, Fillas de Cassandra, Joe Crepúsculo, La La Love You, Melody, Locomía, Nancys Rubias, Samantha Ballentines, Soraya, Chanel, Lucía Pérez, Las Ketchup, Luna Ki, Mondra, Nena Daconte, Nebulossa, Raúl, Rosa López, Shego, Supremme De Luxe, Vengaboys, Agoraphobia, Anabel Conde, Arantxa Castilla-La Mancha, De Ninghures, David Civera, Edurne, Judeline, Leria, Mayo, Merche ou Nia, entre moitas outras.

 

ShareTweetSend
Publicación anterior

Miguel Santalices, presidente del Parlamento de Galicia hoy en Radio Líder

Siguiente

El Ministerio activa en Galicia su portal digital para hacer trámites judiciales

David

David

Relacionado Entradas

El nuevo cambio en el registro horario que deben revisar todas las empresas en España
#Destacado

El nuevo cambio en el registro horario que deben revisar todas las empresas en España

Boicot a Vox en Santiago: cientos de personas bloquean un acto con Jorge Buxadé
#Destacado

Boicot a Vox en Santiago: cientos de personas bloquean un acto con Jorge Buxadé

El Eixo Atlántico impulsa un nuevo modelo de enoturismo entre Galicia y Portugal
#Destacado

El Eixo Atlántico impulsa un nuevo modelo de enoturismo entre Galicia y Portugal

Vigo acoge un taller gratuito para periodistas sobre violencia de género
#Destacado

Vigo acoge un taller gratuito para periodistas sobre violencia de género

Más de 5.500 kilos de cocaína en Galicia en mes y medio: Vigo, Muxía y A Pobra, en el foco
#Destacado

Más de 5.500 kilos de cocaína en Galicia en mes y medio: Vigo, Muxía y A Pobra, en el foco

Más de 50 músicos juntos en Ourense: el gran concierto de rock que además tiene una causa solidaria
#Destacado

Más de 50 músicos juntos en Ourense: el gran concierto de rock que además tiene una causa solidaria

Siguiente
El Ministerio activa en Galicia su portal digital para hacer trámites judiciales

El Ministerio activa en Galicia su portal digital para hacer trámites judiciales

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Ahora al Aire

Fórmula Líder

Fórmula Líder

00:00 - 08:00
Continuidad
A continuación: Matinal Líder 08:00

Programación de Hoy

Miércoles 23/09/2026
  • Fórmula Líder
    00:00 - 08:00
    Fórmula Líder Ahora
  • Matinal Líder
    08:00 - 10:00
    Matinal Líder
    En directo
  • Líder local
    10:00 - 13:00
    Líder local
    En directo
  • 13:00 - 14:00
    Sesión vermut
  • Líder express
    14:00 - 14:30
    Líder express
  • Fórmula Líder
    14:30 - 16:00
    Fórmula Líder
  • Oh My Hits
    16:00 - 19:00
    Oh My Hits
    En directo
  • Fórmula Líder
    19:00 - 20:00
    Fórmula Líder
  • Líder Express
    20:00 - 20:30
    Líder Express
  • Fórmula Líder
    20:30 - 23:59
    Fórmula Líder

Somos #Líder

Radio Líder

Medios Autonómicos De Radiodifusion Gallegos S.L.

Radio Líder es la primera red de emisoras independiente en el Norte de España. Fundada en el 2001 por el escritor y periodista Diego Bernal, el periodista Manuel Casal, la colaboración de Javier Sánchez de Dios y todas aquellas personas que han participado en la consolidación del proyecto.

Por Interés

Últimas

El nuevo cambio en el registro horario que deben revisar todas las empresas en España

El nuevo cambio en el registro horario que deben revisar todas las empresas en España

Boicot a Vox en Santiago: cientos de personas bloquean un acto con Jorge Buxadé

Boicot a Vox en Santiago: cientos de personas bloquean un acto con Jorge Buxadé

El Eixo Atlántico impulsa un nuevo modelo de enoturismo entre Galicia y Portugal

El Eixo Atlántico impulsa un nuevo modelo de enoturismo entre Galicia y Portugal

  • Nosotros
  • Publicidad
  • Contacto
  • Privacidad y Cookies
  • Aviso Legal

© 2026 Radio Líder. Todos los derechos reservados.

!Bienvenido de Nuevo!

Inicie sesión en su cuenta

¿Contraseña olvidada?

Recupere su contraseña

Por favor ingrese su nombre de usuario o dirección de correo electrónico para restablecer su contraseña.

Iniciar sesión
imunify-bot-check
Selecciona una emisora
EN DIRECTO 0:00 / 0:00
Velocidad
Sin resultados
Ver todos los resultados
  • Portada
  • GALICIA
    • A Coruña
    • Lugo
    • Ourense
    • Pontevedra
  • EL CONFIDENCIAL
  • Cultura
  • Deportes
  • Economía
  • Opinión
  • Política
  • Sociedad
  • Sucesos
  • ESPECIALES
    • Gastronomía
    • Turismo
    • Mar y Costa
    • Rural
  • Podcasts

© 2026 Radio Líder. Todos los derechos reservados.

Este sitio web utiliza cookies. Al continuar utilizando este sitio web, usted da su consentimiento para el uso de cookies. Visite nuestra Política de privacidad y cookies.