Foi un particular quen alertou ao 112 Galicia deste accidente entre tres vehículos, pasadas as 21:20 horas do domingo, rexistrado no quilómetro 7 da PO-551, en Ardán (Marín). Unha das persoas implicadas tivo que ser excarcerada polos bombeiros e foi evacuada en ambulancia xunto con outro ferido. O outro implicado acudiu a un centro sanitario polos seus propios medios.
De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Bombeiros do Morrazo, Garda Civil de Tráfico, Policía Local de Marín e servizos de mantemento da estrada.
Os bombeiros confirmaron que tiveron que intervir para liberar unha persoa.













