• Nosotros
  • Publicidad
  • Contacto
  • Privacidad y Cookies
  • Aviso Legal
  • Iniciar sesión
  • Registrarse
Radio Líder
Radio
Anuncio
  • Portada
  • GALICIA
    • A Coruña
    • Lugo
    • Ourense
    • Pontevedra
  • EL CONFIDENCIAL
  • Cultura
  • Deportes
  • Economía
  • Opinión
  • Política
  • Sociedad
  • Sucesos
  • ESPECIALES
    • Gastronomía
    • Turismo
    • Mar y Costa
    • Rural
  • Podcasts
Sin resultados
Ver todos los resultados
  • Portada
  • GALICIA
    • A Coruña
    • Lugo
    • Ourense
    • Pontevedra
  • EL CONFIDENCIAL
  • Cultura
  • Deportes
  • Economía
  • Opinión
  • Política
  • Sociedad
  • Sucesos
  • ESPECIALES
    • Gastronomía
    • Turismo
    • Mar y Costa
    • Rural
  • Podcasts
Sin resultados
Ver todos los resultados
Radio Líder

A Deputación da Coruña presenta ás ANPAS de Ferrolterra as novas liñas de axuda para apoiar a conciliación e a participación educativa

Yoya Neira reuniuse en Narón con representantes das asociacións de nais e pais dos centros públicos da comarca para recoller as súas propostas e necesidades e incorporalas ao programa

David Por David
12/06/2026
en #Destacado, A Coruña
0
A Deputación da Coruña presenta ás ANPAS de Ferrolterra as novas liñas de axuda para apoiar a conciliación e a participación educativa
FacebookXWhatsApp

A deputada de Educación e Mocidade da Deputación da Coruña, Yoya Neira, mantivo hoxe no Local Social A Solaina, en Narón, un encontro con representantes das ANPAS dos centros públicos de Ferrolterra para dar a coñecer as novas liñas de subvencións impulsadas pola institución provincial e escoitar de primeira man as necesidades e demandas da comunidade educativa da comarca.

Durante a reunión, a deputada explicou os detalles da convocatoria dirixida ás asociacións de nais e pais, unha liña de apoio que permite financiar actividades educativas, culturais, formativas e de participación ao longo do curso escolar.

Entre as actuacións subvencionables destacan os programas de conciliación familiar, como os servizos de almorzos e madrugadores; actividades extraescolares de apoio educativo, música, teatro ou educación ambiental; así como iniciativas destinadas a fomentar a convivencia nos centros, previr o acoso escolar e promover valores de igualdade, diversidade e respecto.

Yoya Neira destacou que esta liña de axudas, estreada pola Deputación este ano, responde a unha demanda histórica das familias e das propias ANPAS, que desempeñan un papel esencial na organización de servizos e actividades que complementan a formación do alumnado e contribúen á conciliación da vida familiar e laboral. A deputada lembrou que a primeira edición deste programa permitiu apoiar a 84 asociacións da provincia cun investimento de máis de 242.000 euros, financiando proxectos moi diversos relacionados coa conciliación, a educación, o deporte, a cultura e a convivencia escolar.

«As ANPAS son unha peza clave para mellorar a conciliación, impulsar actividades complementarias e fortalecer a participación das familias na educación dos seus fillos e fillas. Desde a Deputación queremos estar ao seu lado e ofrecer ferramentas útiles para que poidan seguir desenvolvendo este importante labor», sinalou.

A deputada agradeceu a participación das entidades asistentes e incidiu na importancia de manter unha comunicación directa co tecido asociativo educativo para coñecer a realidade de cada comarca e adaptar as políticas públicas ás necesidades existentes. «Escoitar ás ANPAS é fundamental para seguir mellorando e ver a forma de incorporar as súas demandas a estas liñas de axudas», afirmou.

O encontro de Narón é o último da rolda de reunións que a deputada de Educación e Mocidade está a desenvolver por diferentes comarcas da provincia co obxectivo de difundir as convocatorias da Deputación, facilitar o acceso ás axudas e recoller propostas que permitan seguir fortalecendo a colaboración coa comunidade educativa.

ShareTweetSend
Publicación anterior

El 22% de los universitarios abandona o cambia de grado en el primer año por falta de orientación temprana

Siguiente

O maxistrado Manuel Ángel Pereira Costas é elixido presidente do Tribunal de Instancia de Vigo

David

David

Relacionado Entradas

Galicia se asoma al verano, hasta 38 grados en algunas comarcas este fin de semana
#Destacado

Galicia se asoma al verano, hasta 38 grados en algunas comarcas este fin de semana

Guía de todos los partidos de España en el Mundial 2026
#Destacado

Guía de todos los partidos de España en el Mundial 2026

Os barrios de Labañou e Palavea celebran as súas festas esta fin de semana
#Destacado

Os barrios de Labañou e Palavea celebran as súas festas esta fin de semana

A nova reitora da UVigo, Carmen García Mateo falou en Radio Líder
#Destacado

A nova reitora da UVigo, Carmen García Mateo falou en Radio Líder

O Atlantic Paracycling Challenge, proba internacional de ciclismo adaptado celebrarase na Laracha e Carballo
#Destacado

O Atlantic Paracycling Challenge, proba internacional de ciclismo adaptado celebrarase na Laracha e Carballo

A Deputación financia 15 bolsas de estudo no mestrado en Goberno Local e Políticas Públicas Innovadoras da USC
#Destacado

A Deputación financia 15 bolsas de estudo no mestrado en Goberno Local e Políticas Públicas Innovadoras da USC

Siguiente
O maxistrado Manuel Ángel Pereira Costas é elixido presidente do Tribunal de Instancia de Vigo

O maxistrado Manuel Ángel Pereira Costas é elixido presidente do Tribunal de Instancia de Vigo

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Ahora al Aire

Fórmula Líder

Fórmula Líder

00:00 - 08:00
Continuidad
A continuación: Fórmula Líder 08:00

Opinión

Galicia cambia de pista: el declive de las verbenas frente al auge de los festivales
#Destacado

Galicia cambia de pista: el declive de las verbenas frente al auge de los festivales

Hubo un tiempo en el que el verano gallego se medía por el calendario de las fiestas patronales. Cada parroquia...

Leer másDetails
Matinal Líder con Antonio Lodeiro 10 de Marzo 2026

Matinal Líder con Antonio Lodeiro 10 de Marzo 2026

Síguenos en Redes Sociales

Programación de Hoy

Sábado 13/06/2026
  • Fórmula Líder
    00:00 - 08:00
    Fórmula Líder Ahora
  • Fórmula Líder
    08:00 - 12:00
    Fórmula Líder
  • 12:00 - 14:00
    Sesión vermut
  • Fórmula Líder
    14:00 - 22:00
    Fórmula Líder
  • 22:00 - 23:59
    Superdanze
    En directo

Somos #Líder

Radio Líder

Medios Autonómicos De Radiodifusion Gallegos S.L.

Radio Líder es la primera red de emisoras independiente en el Norte de España. Fundada en el 2001 por el escritor y periodista Diego Bernal, el periodista Manuel Casal, la colaboración de Javier Sánchez de Dios y todas aquellas personas que han participado en la consolidación del proyecto.

El Confidencial

Juego de Tronos en el Ayuntamiento de A Coruña

Juego de Tronos en el Ayuntamiento de A Coruña

En el Ayuntamiento de A Coruña vuelan las dagas. El grupo municipal del PSOE está más dividido que el ejército...

Por Interés

Últimas

Cedeira abre o punto de información turística en Santo André e visitas guiadas

Cedeira abre o punto de información turística en Santo André e visitas guiadas

Galicia se asoma al verano, hasta 38 grados en algunas comarcas este fin de semana

Galicia se asoma al verano, hasta 38 grados en algunas comarcas este fin de semana

Guía de todos los partidos de España en el Mundial 2026

Guía de todos los partidos de España en el Mundial 2026

  • Nosotros
  • Publicidad
  • Contacto
  • Privacidad y Cookies
  • Aviso Legal

© 2026 Radio Líder - Desarrollado por Siete.Online.

!Bienvenido de Nuevo!

Inicie sesión en su cuenta

¿Contraseña olvidada? Registrarse

¡Crear Nueva Cuenta!

Rellena los siguientes campos del formulario para registrarte

Todos los campos son requeridos. Iniciar sesión

Recupere su contraseña

Por favor ingrese su nombre de usuario o dirección de correo electrónico para restablecer su contraseña.

Iniciar sesión
Selecciona una emisora
EN DIRECTO 0:00 / 0:00
Velocidad
Sin resultados
Ver todos los resultados
  • Portada
  • GALICIA
    • A Coruña
    • Lugo
    • Ourense
    • Pontevedra
  • EL CONFIDENCIAL
  • Cultura
  • Deportes
  • Economía
  • Opinión
  • Política
  • Sociedad
  • Sucesos
  • ESPECIALES
    • Gastronomía
    • Turismo
    • Mar y Costa
    • Rural
  • Podcasts

© 2026 Radio Líder - Desarrollado por Siete.Online.

Este sitio web utiliza cookies. Al continuar utilizando este sitio web, usted da su consentimiento para el uso de cookies. Visite nuestra Política de privacidad y cookies.