Un motorista faleceu logo de sufrir un accidente nunha rotonda situada no quilómetro 0 da AC-101, nas Pontes. Foi un particular quen chamou ao 112 Galicia e sinalou que a persoa permanecía inconsciente, pouco antes das 18:30 horas.
Ata o lugar desprazáronse Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico e os voluntarios de Protección Civil das Pontes.
Finalmente, e malia os esforzos por reanimalo, os profesionais sanitarios só puideron confirmar o seu falecemento.













