• Nosotros
  • Publicidad
  • Contacto
  • Privacidad y Cookies
  • Aviso Legal
  • Iniciar sesión
  • Registrarse
Radio Líder
Radio
Anuncio
  • Portada
  • GALICIA
    • A Coruña
    • Lugo
    • Ourense
    • Pontevedra
  • EL CONFIDENCIAL
  • Cultura
  • Deportes
  • Economía
  • Opinión
  • Política
  • Sociedad
  • Sucesos
  • ESPECIALES
    • Gastronomía
    • Turismo
    • Mar y Costa
    • Rural
  • Podcasts
Sin resultados
Ver todos los resultados
  • Portada
  • GALICIA
    • A Coruña
    • Lugo
    • Ourense
    • Pontevedra
  • EL CONFIDENCIAL
  • Cultura
  • Deportes
  • Economía
  • Opinión
  • Política
  • Sociedad
  • Sucesos
  • ESPECIALES
    • Gastronomía
    • Turismo
    • Mar y Costa
    • Rural
  • Podcasts
Sin resultados
Ver todos los resultados
Radio Líder

A Deputación achega 270.000 euros para humanizar a praza de Vigo de Carballo

A actuación permitirá transformar un espazo de máis de 2.000 metros cadrados nunha praza máis accesible, máis segura e pensada para as persoas

David Por David
07/07/2026
en A Coruña
0
A Deputación achega 270.000 euros para humanizar a praza de Vigo de Carballo
FacebookXWhatsApp

O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, e o alcalde de Carballo, Daniel Pérez, asinaron esta mañá no consistorio carballés un convenio de colaboración para executar as obras de remodelación integral da praza de Vigo, unha actuación que conta cun orzamento total de 337.500 euros. A institución provincial achegará 270.000 euros, o 80% do investimento, mentres que o Concello asumirá a contía restante con fondos propios.

Formoso destacou que esta intervención permitirá «transformar un espazo urbano moi utilizado pola veciñanza nunha praza máis accesible, máis segura e máis amable, especialmente para as persoas maiores e con problemas de mobilidade que acoden a diario ao centro de día e á residencia situados na contorna».

Un aspecto no que tamén inicidiu o alcalde, Daniel Pérez, que agradeceu o apoio económico de Deputación e sinalou que a obra «suporá unha notable mellora na accesibilidade e nos servizos da zona, que vai mellorar a vida non só dos residentes, senón tamén dos usuarios da residencia» e sinalou que esta obra, conxuntamente coa do edificio de entidades sociais financiado pola Fundación Amancio Ortega, vai supor un cambio importante a nivel de accesibilidade e mobilidade desa zona, actuando non só na praza, senón tamén nas rúas anexas» e subliñou que «este é un exemplo máis da colaboración entre institucións»

A actuación proxectada resolverá as principais carencias que presenta actualmente a praza, configurada como unha meseta elevada e rodeada por circulación constante de vehículos. As obras eliminarán as barreiras arquitectónicas mediante a creación dunha plataforma única, que permitirá unificar as cotas de toda a superficie e mellorar a mobilidade peonil.

O novo deseño tamén suporá unha reordenación do tráfico, coa restrición da circulación rodada de paso. O acceso quedará reservado para as persoas residentes da zona e para os vehículos adaptados que prestan servizo ao centro de día e á residencia de maiores.

O proxecto inclúe a demolición do pavimento central existente e a renovación completa da superficie da praza, combinando un pavimento continuo de formigón con zonas singulares de pedra natural, como adoquíns e baldosas. Ademais, instalarase novo mobiliario urbano adaptado, entre o que destaca un banco granítico de 38 metros de lonxitude e unha pérgola con bancos de madeira que creará unha zona de estancia e sombra fronte ao ventanal do centro de día.

A reforma tamén contempla a renovación de servizos básicos. Substituirase a actual rede de recollida de augas pluviais, formada por tubaxes de formigón, por unha nova rede de PVC de maior diámetro conectada a novos sumidoiros, co obxectivo de mellorar a drenaxe da praza.

Así mesmo, instalarase unha nova rede de alumeado público, con novas canalizacións e luminarias de última xeración, máis eficientes e capaces de mellorar a iluminación dun espazo que na actualidade presenta importantes carencias neste ámbito.

ShareTweetSend
Publicación anterior

El Plan Estatal de Fertilizantes para 2027 dispondrá de 1.100 millones de euros

Siguiente

Galicia recibe 9 M€ para 38 novas infraestruturas de recarga

David

David

Relacionado Entradas

O Festiletras recoñece a Xosé Regueira co Bo e Xeneroso de Honra
#Destacado

O Festiletras recoñece a Xosé Regueira co Bo e Xeneroso de Honra

Atención conductores: las obras que complicarán el tráfico en A Coruña durante septiembre
#Destacado

Atención conductores: las obras que complicarán el tráfico en A Coruña durante septiembre

Festa do Pan de Neda 2026: programa completo, horarios, música y todo lo que debes saber
#Destacado

Festa do Pan de Neda 2026: programa completo, horarios, música y todo lo que debes saber

Comezan as obras do saneamento no rural de Ferrol
#Destacado

Comezan as obras do saneamento no rural de Ferrol

La Romaría de Santa Minia en Brión es declarada fiesta de interés turístico de Galicia
#Destacado

La Romaría de Santa Minia en Brión es declarada fiesta de interés turístico de Galicia

A Festa do Apego da Coruña chegará este venres ao Campo da Leña con actuacións para toda a familia
#Destacado

A Festa do Apego da Coruña chegará este venres ao Campo da Leña con actuacións para toda a familia

Siguiente
Galicia recibe 9 M€ para 38 novas infraestruturas de recarga

Galicia recibe 9 M€ para 38 novas infraestruturas de recarga

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Ahora al Aire

Fórmula Líder

Fórmula Líder

20:30 - 23:59
Continuidad
A continuación: Fórmula Líder 00:00

Opinión

Rueda anuncia que la Xunta aumenta hasta las 11.932 plazas la oferta para campamentos y actividades de verano
#Destacado

Los políticos gallegos mejor valorados en 2026: Alfonso Rueda y Ana Pontón lideran la opinión de los ciudadanos

La política gallega mantiene un panorama estable en cuanto a la valoración de sus principales dirigentes. Los diferentes sondeos publicados...

Leer másDetails
Cantón Grande de A Coruña: una reforma que divide a la ciudad por la falta de árboles y el exceso de cemento

Cantón Grande de A Coruña: una reforma que divide a la ciudad por la falta de árboles y el exceso de cemento

Síguenos en Redes Sociales

Programación de Hoy

Jueves 27/08/2026
  • Fórmula Líder
    00:00 - 08:00
    Fórmula Líder
  • Matinal Líder
    08:00 - 10:00
    Matinal Líder
    En directo
  • Líder local
    10:00 - 13:00
    Líder local
    En directo
  • 13:00 - 14:00
    Sesión vermut
  • Líder express
    14:00 - 14:30
    Líder express
  • Fórmula Líder
    14:30 - 16:00
    Fórmula Líder
  • Oh My Hits
    16:00 - 19:00
    Oh My Hits
    En directo
  • Fórmula Líder
    19:00 - 20:00
    Fórmula Líder
  • Líder Express
    20:00 - 20:30
    Líder Express
  • Fórmula Líder
    20:30 - 23:59
    Fórmula Líder Ahora

Somos #Líder

Radio Líder

Medios Autonómicos De Radiodifusion Gallegos S.L.

Radio Líder es la primera red de emisoras independiente en el Norte de España. Fundada en el 2001 por el escritor y periodista Diego Bernal, el periodista Manuel Casal, la colaboración de Javier Sánchez de Dios y todas aquellas personas que han participado en la consolidación del proyecto.

El Confidencial

Miguel Lorenzo sería hoy alcalde de A Coruña

Miguel Lorenzo sería hoy alcalde de A Coruña

Miguel Lorenzo, impulsado por la decadencia que vive la ciudad de A Coruña y la corrupción del PSOE, está ya...

Por Interés

Últimas

A Asociación Bicos de Papel presentan a II Gala Solidaria na cidade de Ourense

A Asociación Bicos de Papel presentan a II Gala Solidaria na cidade de Ourense

Ranking de los supermercados más baratos de Galicia en 2026: dónde hacer la compra para ahorrar más

Ranking de los supermercados más baratos de Galicia en 2026: dónde hacer la compra para ahorrar más

Galicia baja de 300.000 alumnos por primera vez en el curso 2026-2027

Galicia baja de 300.000 alumnos por primera vez en el curso 2026-2027

  • Nosotros
  • Publicidad
  • Contacto
  • Privacidad y Cookies
  • Aviso Legal

© 2026 Radio Líder - Desarrollado por Siete.Online.

!Bienvenido de Nuevo!

Inicie sesión en su cuenta

¿Contraseña olvidada? Registrarse

¡Crear Nueva Cuenta!

Rellena los siguientes campos del formulario para registrarte

Todos los campos son requeridos. Iniciar sesión

Recupere su contraseña

Por favor ingrese su nombre de usuario o dirección de correo electrónico para restablecer su contraseña.

Iniciar sesión
Selecciona una emisora
EN DIRECTO 0:00 / 0:00
Velocidad
Sin resultados
Ver todos los resultados
  • Portada
  • GALICIA
    • A Coruña
    • Lugo
    • Ourense
    • Pontevedra
  • EL CONFIDENCIAL
  • Cultura
  • Deportes
  • Economía
  • Opinión
  • Política
  • Sociedad
  • Sucesos
  • ESPECIALES
    • Gastronomía
    • Turismo
    • Mar y Costa
    • Rural
  • Podcasts

© 2026 Radio Líder - Desarrollado por Siete.Online.

Este sitio web utiliza cookies. Al continuar utilizando este sitio web, usted da su consentimiento para el uso de cookies. Visite nuestra Política de privacidad y cookies.