Segundo informou un familiar ao 112 Galicia, o coche puido desprazarse e alcanzar ao varón, que resultou falecido. Non obstante, as Forzas da Orde traballan para esclarecer as causas do achado.
Ao fío das 23:00 horas deste luns, os xestores do 112 recibían a chamada dun particular que indicaba que botaban en falta ao seu cuñado. Segundo relatou, saíron na súa busca por unha finca onde tiñan gando, no lugar de Curros, en Santa María Maior, en Mondoñedo e alí, nunha pista ao carón da finca, nunha zona de difícil acceso atoparon ao home falecido debaixo do vehículo.
Ata o lugar acudiron nada mais ser informados polo 112 Galicia, o persoal do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico e os Bombeiros de Barreiros. Igualmente, foron informados os efectivos da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil da localidade.













