Un dos alertadores era a persoa que a acompañaba, tamén menor de idade, quen situou o accidente na Avenida Castelao, á altura do número 38.
En canto ao vehículo implicado no atropelo, pertencía a unha taxista, tal e como indicaron as persoas que contactaron co 112.
Para atender á ferida, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia avisaron aos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, así como aos axentes da Policía Local.













