• Nosotros
  • Publicidad
  • Contacto
  • Privacidad y Cookies
  • Aviso Legal
  • Iniciar sesión
  • Registrarse
Radio Líder
Radio
Anuncio
  • Portada
  • GALICIA
    • A Coruña
    • Lugo
    • Ourense
    • Pontevedra
  • EL CONFIDENCIAL
  • Cultura
  • Deportes
  • Economía
  • Opinión
  • Política
  • Sociedad
  • Sucesos
  • ESPECIALES
    • Gastronomía
    • Turismo
    • Mar y Costa
    • Rural
  • Podcasts
Sin resultados
Ver todos los resultados
  • Portada
  • GALICIA
    • A Coruña
    • Lugo
    • Ourense
    • Pontevedra
  • EL CONFIDENCIAL
  • Cultura
  • Deportes
  • Economía
  • Opinión
  • Política
  • Sociedad
  • Sucesos
  • ESPECIALES
    • Gastronomía
    • Turismo
    • Mar y Costa
    • Rural
  • Podcasts
Sin resultados
Ver todos los resultados
Radio Líder

Ana Méndez será a candidata para a alcaldía da cidade de Ourense en 2027

A secretaria xeral do PPdeG valora o traballo "discreto e moi rigoroso" da presidenta da xestora local do PP de Ourense, cun modelo de cidade "fronte ao show e as liortas internas doutros partidos"

David Por David
17/07/2026
en Ourense, Política
0
Ana Méndez será a candidata para a alcaldía da cidade de Ourense en 2027
FacebookXWhatsApp

O PPdeG apoia a candidatura de Ana Méndez Gil para a alcaldía da cidade de Ourense de cara ás eleccións municipais de 2027, poñendo en valor o traballo «discreto e moi rigoroso» da presidenta da xestora local do PP de Ourense e portavoz municipal no Concello.

 

«Cremos que Ana Méndez leva moito tempo traballando para ofrecer solucións aos problemas da cidade, construíndo un equipo, e  cun modelo de cidade diferente», sinalou a secretaria xeral do PPdeG, Paula Prado, hoxe durante un paseo pola cidade de Ourense, xunto coa candidata e co presidente do PP da provincia de Ourense, Luis Menor. «A cidade non só son infraestruturas e escaleiras, tamén é ocio, atención as familias, cultura e políticas sociais», engadiu.

 

A número dous dos populares galegos subliñou o respaldo absoluto a Ana Méndez dende a dirección autonómica do partido liderada por Alfonso Rueda. «Somos un partido previsible e apoiamos a quen leva traballando por Ourense moito tempo, ofrecendo unha alternativa de cidade fronte a eses partidos con liortas internas que dificilmente poden ofrecer unha candidatura para resolver os problemas da veciñanza», dixo. Tamén puxo en valor o traballo rigoroso de Ana Méndez fronte a un alcalde que «só pensa no seu propio beneficio e no show». 

 

Para a secretaria xeral dos populares galegos, Ourense merece a «seriedade e rigor» doutra forma de gobernar, a que pode aportar Ana Méndez, á que augurou que se una a ampla lista de mulleres do PPdeG que gobernan en 32 concellos de toda Galicia, lembrando que Ourense é a provincia con maior representación feminina.

 

ANA MÉNDEZ AFRONTA O RETO CON HUMILDADE E DETERMINACIÓN

 

Por outra banda, Ana Méndez Gil asegurou que afronta esta nova etapa «cun enorme orgullo, moita ilusión, pero tamén cun enorme sentido da responsabilidade», agradecendo ao Partido Popular a confianza depositada nela e o apoio recibido durante estes anos por afiliados, simpatizantes e compañeiros de partido.

 

A candidata popular destacou que asume este reto «con humildade, pero tamén coa determinación de quen sabe que a súa cidade merece abrir unha nova etapa que devolva a Ourense a estabilidade e a ambición». «Eu non dou este paso para administrar o presente. Dou este paso para construír o futuro», engadiu.

 

Durante a súa intervención, Ana Méndez Gil reivindicou un cambio de rumbo para a cidade e asegurou que «Ourense ten que pasar da improvisación á planificación, das escusas aos resultados e do espectáculo ao traballo. Merece un proxecto serio, claro e pensado para a cidade, non para os intereses duns poucos». «Ese é o meu compromiso desde hoxe. Chegou a hora de cambiar Ourense», concluíu.

 

LUIS MENOR: «O OBXECTIVO É SER DECISIVOS NA CAPITAL»

 

Por último, Luis Menor puxo en valor o «intenso traballo de organización» que a formación provincial desenvolve desde o ano pasado a través de congresos locais e a creación de xestoras, co fin de preparar o partido para as municipais de 2027.

 

Neste contexto, reafirmou que un dos grandes obxectivos do PP de Ourense para a cita local coa urnas é «conseguir ser decisivos na capital». Un Ourense forte, onde reside un de cada tres habitantes de todo o territorio ourensán, «dará pulo a toda a provincia», defendeu Menor contrapoñendo este horizonte coa situación actual dunha cidade sumida nunha «política de ocorrencias e unha «nefasta xestión que desatende diariamente as necesidades da poboación».  

 

O reto de recuperar o espazo perdido no Concello e lograr que a capital lidere a provincia ten desde agora nome propio na figura de Ana Méndez, subliñou o presidente provincial, destacando a consolidación da candidata como referente do partido na cidade durante o último ano. 

 

Esta nova etapa que agora se abre buscará «promover a unidade, sentar as bases dunha candidatura comprometida coa súa cidade e, sobre todo, construír un proxecto alternativo, ilusionante e con capacidade de ofrecer respostas concretas aos cidadáns». Para logralo, Menor garantiu que Méndez non só contará co respaldo da dirección provincial, senón tamén co aval do Goberno galego «comprometido de verdade con Ourense», que «inviste na cidade mentres outros se dedican a mentir e a desviar as súas responsabilidades».

ShareTweetSend
Publicación anterior

Lugo licitará este verán a construcción dun campo de fútbol de herba artificial e melloras no campo de rugby cun orzamento de 500.000€

Siguiente

24,70 millones de euros para modernizar los túneles del Puerto de Piedrafita en la autovía A-6 y del túnel de Montefurado, en la N-120

David

David

Relacionado Entradas

El Concello y la Asociación Astronómica de Ourense organizan una observación del eclipse solar del 12 de agosto en Montealegre
#Destacado

El Concello y la Asociación Astronómica de Ourense organizan una observación del eclipse solar del 12 de agosto en Montealegre

O PPdeG propón reforzar a protección das persoas consumidoras fronte á discriminación na contratación dixital
GALICIA

O PPdeG propón reforzar a protección das persoas consumidoras fronte á discriminación na contratación dixital

O BNG ve a proposta do PP para o galego “un paso atrás” porque mesmo reduce a protección da lingua do actual PXNL
#Destacado

O BNG ve a proposta do PP para o galego “un paso atrás” porque mesmo reduce a protección da lingua do actual PXNL

O PPdeG fai unha chamada ao diálogo de todos os grupos en torno ao Plan da Lingua
#Destacado

O PPdeG fai unha chamada ao diálogo de todos os grupos en torno ao Plan da Lingua

Ourense instalará este domingo dos pantallas gigantes en la Plaza Mayor y en el Paseo de la Ribeira de Canedo para la gran final del Mundial
Ourense

Ourense instalará este domingo dos pantallas gigantes en la Plaza Mayor y en el Paseo de la Ribeira de Canedo para la gran final del Mundial

Galicia llega a los 40.000 beneficiarios del Bono Cuidado no Fogar
#Destacado

Galicia llega a los 40.000 beneficiarios del Bono Cuidado no Fogar

Siguiente
24,70 millones de euros para modernizar los túneles del Puerto de Piedrafita en la autovía A-6 y del túnel de Montefurado, en la N-120

24,70 millones de euros para modernizar los túneles del Puerto de Piedrafita en la autovía A-6 y del túnel de Montefurado, en la N-120

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Ahora al Aire

Fórmula Líder

Fórmula Líder

00:00 - 08:00
Continuidad
A continuación: Fórmula Líder 08:00

Opinión

Cantón Grande de A Coruña: una reforma que divide a la ciudad por la falta de árboles y el exceso de cemento
#Destacado

Cantón Grande de A Coruña: una reforma que divide a la ciudad por la falta de árboles y el exceso de cemento

La transformación del Cantón Grande de A Coruña avanza a buen ritmo, pero también lo hace el debate ciudadano. Lo...

Leer másDetails
Galicia cambia de pista: el declive de las verbenas frente al auge de los festivales

Galicia cambia de pista: el declive de las verbenas frente al auge de los festivales

Síguenos en Redes Sociales

Programación de Hoy

Sábado 18/07/2026
  • Fórmula Líder
    00:00 - 08:00
    Fórmula Líder Ahora
  • Fórmula Líder
    08:00 - 12:00
    Fórmula Líder
  • 12:00 - 14:00
    Sesión vermut
  • Fórmula Líder
    14:00 - 22:00
    Fórmula Líder
  • 22:00 - 23:59
    Superdanze
    En directo

Somos #Líder

Radio Líder

Medios Autonómicos De Radiodifusion Gallegos S.L.

Radio Líder es la primera red de emisoras independiente en el Norte de España. Fundada en el 2001 por el escritor y periodista Diego Bernal, el periodista Manuel Casal, la colaboración de Javier Sánchez de Dios y todas aquellas personas que han participado en la consolidación del proyecto.

El Confidencial

Miguel Lorenzo sería hoy alcalde de A Coruña

Miguel Lorenzo sería hoy alcalde de A Coruña

Miguel Lorenzo, impulsado por la decadencia que vive la ciudad de A Coruña y la corrupción del PSOE, está ya...

Por Interés

Últimas

24,70 millones de euros para modernizar los túneles del Puerto de Piedrafita en la autovía A-6 y del túnel de Montefurado, en la N-120

24,70 millones de euros para modernizar los túneles del Puerto de Piedrafita en la autovía A-6 y del túnel de Montefurado, en la N-120

Ana Méndez será a candidata para a alcaldía da cidade de Ourense en 2027

Ana Méndez será a candidata para a alcaldía da cidade de Ourense en 2027

Lugo licitará este verán a construcción dun campo de fútbol de herba artificial e melloras no campo de rugby cun orzamento de 500.000€

Lugo licitará este verán a construcción dun campo de fútbol de herba artificial e melloras no campo de rugby cun orzamento de 500.000€

  • Nosotros
  • Publicidad
  • Contacto
  • Privacidad y Cookies
  • Aviso Legal

© 2026 Radio Líder - Desarrollado por Siete.Online.

!Bienvenido de Nuevo!

Inicie sesión en su cuenta

¿Contraseña olvidada? Registrarse

¡Crear Nueva Cuenta!

Rellena los siguientes campos del formulario para registrarte

Todos los campos son requeridos. Iniciar sesión

Recupere su contraseña

Por favor ingrese su nombre de usuario o dirección de correo electrónico para restablecer su contraseña.

Iniciar sesión
Selecciona una emisora
EN DIRECTO 0:00 / 0:00
Velocidad
Sin resultados
Ver todos los resultados
  • Portada
  • GALICIA
    • A Coruña
    • Lugo
    • Ourense
    • Pontevedra
  • EL CONFIDENCIAL
  • Cultura
  • Deportes
  • Economía
  • Opinión
  • Política
  • Sociedad
  • Sucesos
  • ESPECIALES
    • Gastronomía
    • Turismo
    • Mar y Costa
    • Rural
  • Podcasts

© 2026 Radio Líder - Desarrollado por Siete.Online.

Este sitio web utiliza cookies. Al continuar utilizando este sitio web, usted da su consentimiento para el uso de cookies. Visite nuestra Política de privacidad y cookies.