Ata o vindeiro 7 de agosto permanece aberto o prazo para solicitar unha das 40 prazas do programa de formación e prácticas en internacionalización empresarial do Igape, unha oportunidade para que persoas tituladas adquiran formación especializada e experiencia práctica no ámbito do comercio exterior e da internacionalización.
O programa combina formación especializada con prácticas en entidades e organismos de referencia, tanto en Galicia como no exterior, contribuíndo á formación de profesionais capaces de acompañar ás empresas galegas na súa proxección internacional e no acceso a novos mercados.
Co obxectivo de chegar ao maior número posible de persoas candidatas, agradécese a difusión desta convocatoria entre aquelas persoas que poidan estar interesadas.
Aquí podes consultar toda a información sobre a convocatoria:
https://igape.gal/gl/novas/item/673-o-igape-convoca-40-prazas-para-formacion-e-practicas-en-internacionalizacion-empresarial
Aquí podes acceder ás bases da convocatoria (DOG):
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2026/20260707/AnuncioO92-230626-0002_gl.html
E aquí á guía para presentar a solicitude e ao resto da información:
https://igape.gal/gl/axudas/ultimas-axudas/axuda/966?return=aW5kZXgucGhwP29wdGlvbj1jb21fb3J0aWdhcGUmdmlldz1heHVkYXMjYXh1ZGFzLWZpbHRyb3M=#sp-main-body
Se estás interesado/a en desenvolver a túa carreira profesional no ámbito do comercio exterior e da internacionalización empresarial, esta é a túa oportunidade.
Lembra: o prazo para presentar a solicitude remata o vindeiro 7 de agosto.













