• Nosotros
  • Publicidad
  • Contacto
  • Privacidad y Cookies
  • Aviso Legal
  • Iniciar sesión
  • Registrarse
Radio Líder
Radio
Anuncio
  • Portada
  • GALICIA
    • A Coruña
    • Lugo
    • Ourense
    • Pontevedra
  • EL CONFIDENCIAL
  • Cultura
  • Deportes
  • Economía
  • Opinión
  • Política
  • Sociedad
  • Sucesos
  • ESPECIALES
    • Gastronomía
    • Turismo
    • Mar y Costa
    • Rural
  • Podcasts
Sin resultados
Ver todos los resultados
  • Portada
  • GALICIA
    • A Coruña
    • Lugo
    • Ourense
    • Pontevedra
  • EL CONFIDENCIAL
  • Cultura
  • Deportes
  • Economía
  • Opinión
  • Política
  • Sociedad
  • Sucesos
  • ESPECIALES
    • Gastronomía
    • Turismo
    • Mar y Costa
    • Rural
  • Podcasts
Sin resultados
Ver todos los resultados
Radio Líder

Sinsal despídese de San Simón coa música de Indus, Juventude, Virginie Dembelé, Nadeem Din-Gabisi, Mocho Gris, Skanderani e Matéria Prima DJs

O festival continuará a súa travesía a fin de semana que vén con concertos en Braga, Vigo e Oia e nos que participarán, entre outras, Alondra Bentley, Maria Rodés e Las Nietas del Charli

David Por David
26/07/2026
en GALICIA, Turismo
0
Sinsal despídese de San Simón coa música de Indus, Juventude, Virginie Dembelé, Nadeem Din-Gabisi, Mocho Gris, Skanderani e Matéria Prima DJs
FacebookXWhatsApp

Psicodelia, rock, soul, funk, música tradicional colombiana actualizada desde a electrónica, pop e roots blues africano compoñen o mapa sonoro da terceira xornada do Festival Sinsal SON Estrella Galicia na illa de San Simón, que conta cun cartel ateigado de estreas: hoxe actúan por primeira vez en España artistas como Indus, Virginie Dembelé e Nadeem Din-Gabisi, alén da primeira actuación ante o público galego do dúo andaluz Juventude. Completan o cartel secreto a banda galego-exipcia Skanderani e os djs Matéria Prima de Porto.

Ás 12.15 horas chegaban os primeiros barcos desde Vigo, momento no que o selector galego Galis 115 picaba os primeiros casetes no escenario Malmequeres para dar paso, ás 14.00 horas, ao primeiro concerto da xornada sobre as táboas do Buxos Xacobeo 2027. Desde A Estrada, o cuarteto Skanderani -fundado no ano 2022 polo músico Ahmed Moussa, de raíces galegas e exipcias- daba a coñecer a súa música, que combina música instrumental árabe, a no-wave neoiorquina e o afrobeat nixeriano. Toda unha viaxe pola psicodelia mediterránea dos anos 70 que confirmaba a aposta pola diversidade estilística do festival tamén na súa xornada de despedida. A outra representación galega (e portuguesa) da xornada foi a do dúo Mocho Gris -nado da alianza entre o galego Lucas de Centi (Néboa) e o portugués João Neves, ambos colaboradores habituais de Baiuca-, que deu a coñecer en Santo Antón o seu álbum debut, 2.

O escenario situado xunto ao paseo de Buxos acolle hoxe tamén dúas estreas en España. A primeira delas, a de Nadeem Din-Gabisi. A rica historia persoal deste artista multidisciplinar, marcada pola converxencia da herdanza británica e de Serra Leoa, constitúe a base dunha viaxe musical polo soul, funk ou hip hop que pon sobre a mesa cuestións como a identidade negra ou o desprazamento cultural. A segunda, a da maliana Virginie Dembelé, quen xa xirara por Europa acompañando a Koko Dembélé, Toumani Diabaté ou Salif Keita. Regresa á fronte da súa propia banda, abandeirando a diversidade cultural e o papel da muller na cultura do seu país, e sendo unha das principais referencias do roots blues africano.

Pola súa banda, o escenario central da illa, o San Simón SON Estrella Galicia, acolle este domingo unha xornada ateigada de movemento. Primeiro, coa estrea estatal de Indus, o dúo colombiano de música de baile que se inspira en ritmos e melodías do cancioneiro popular do seu país e adapta así instrumentos clásicos aos patróns de sintetizadores e ferramentas de edición dixital. O país suramericano regresa deste xeito ao festival, que xa visitara con propostas como Mestizo (2024) ou Lido Pimienta (2022), entre outras.

Após a estrea en España de Indus, será a quenda da estrea ante o público galego de Juventude, o dúo andaluz que combina psicodelia, flamenco-pop, rumba ou ska cunha boa dose de humor absurdo. O grupo presenta en San Simón o seu álbum debut antes de continuar cunha xira por escenarios da península, algún deles tamén enmarcado no programa #RíasBaixasFest.

O peche da xornada virá da man “dos irmáns maiores” do Sinsal: os djs de Matéria Prima, a tenda de discos máis antiga do Porto e unha das referencias culturais máis importantes de Portugal. Ás portas do 25º aniversario do Sinsal, e antes de continuar a travesía en Braga, Sinsal rende homenaxe á loja cunha dobre sesión no Malmequeres.

Descubre San Simón e obradoiros para todos os públicos

En paralelo á programación musical, completaron o panel de propostas paralelas tres novas voltas do roteiro familiar A illa misteriosa e outra das novidades desta edición: o paseo A radio natural de San Simón, guiado polo artista e investigador sonoro Mateo Mena. Completaron o panel de propostas a presentación Coñecendo Analogik Dreams -o selo analóxico impulsado por Sinsal e que grava sobre arxila-: Do, Re, Bip, o taller familiar de creación musical impartido por Juanma LoDo; e un obradoiro gastronómico da man da recoñecida chef Begoña Vázquez.

A travesía continúa a fin de semana que vén

O festival continuará coa súa programación cultural do venres 31 ao 2 de agosto cun programa que terá lugar en distintas localizacións do Camiño Portugués: Sinsal regresa este verán ás súas orixes e revisita o seu comezo en Portugal, nunha etapa de total descubrimento musical no que o eixo entre Vigo, Porto e Lisboa inspirou a posta en marcha do evento.

Así, durante a fin de semana que vén, Sinsal estenderase ao país veciño a través do paseo musical Braga: pasos e espazos do Festival Semibreve; no que visitará os lugares nos que se desenvolve o recoñecido evento portugués, e contará con actuacións dos artistas locais Tomás Alvarenga e Alcrud3 en espazos senlleiros como o Museu Nogueira da Silva e a Livraria Centésima Página en Braga.

Xa de volta a Galicia, o mesmo venres 31, o porto de Vigo será o escenario doutros dous concertos. Primeiro, no peirao de Bouzas, que acollerá a estrea en Galicia de Las nietas del Charli na Nave de Reder@s. Despois no Areal, concretamente en Kaleido Logistics. Alí, entre bloques xigantes de granito chegados de todo o mundo, actuará a catalá Maria Rodés, nun evento que tamén celebra o 50º aniversario da empresa viguesa.

A xornada do sábado 1 decorrerá no Museo do Mar, espazo que acollerá, como en San Simón, unha programación secreta que destacará pola estrea en España de tres bandas, ademais da presentación do novo álbum en Galicia dun recoñecido grupo galego. Finalmente o festival rematará o domingo 2 no Real Mosteiro de Oia, o único edificio cisterciense do mundo situado á beira do Atlántico, cun concerto especial de clausura da man da cantautora Alondra Bentley.

ShareTweetSend
Publicación anterior

DJ David Expósito: una trayectoria de pasión por la música y la comunicación

Siguiente

El TSXG declara nulos artículos de la ordenanza de movilidad de A Coruña por vulnerar la libertad de empresa y discriminar a los VTC

David

David

Relacionado Entradas

Vigo inicia a humanización de Cesáreo Vázquez cun investimento de 1,85 millóns de euros
#Destacado

Vigo inicia a humanización de Cesáreo Vázquez cun investimento de 1,85 millóns de euros

Alerta naranja por temperaturas máximas en Galicia
#Destacado

Alerta por ola de calor este lunes: naranja en el interior de Pontevedra y amarillo en la montaña de Ourense

O Porto do Son estrena el proyecto piloto de playas inclusivas

Pontón reivindica na Quintana o papel do BNG como defensor inquebrantable de Galiza: «Somos a esperanza deste País»
GALICIA

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Ahora al Aire

Fórmula Líder

Fórmula Líder

23:00 - 00:00
Continuidad
A continuación: Fórmula Líder 00:00

Opinión

Cantón Grande de A Coruña: una reforma que divide a la ciudad por la falta de árboles y el exceso de cemento
#Destacado

Cantón Grande de A Coruña: una reforma que divide a la ciudad por la falta de árboles y el exceso de cemento

La transformación del Cantón Grande de A Coruña avanza a buen ritmo, pero también lo hace el debate ciudadano. Lo...

Leer másDetails
Galicia cambia de pista: el declive de las verbenas frente al auge de los festivales

Galicia cambia de pista: el declive de las verbenas frente al auge de los festivales

Síguenos en Redes Sociales

Programación de Hoy

Domingo 26/07/2026
  • Fórmula Líder
    00:00 - 08:00
    Fórmula Líder
  • Fórmula Líder
    08:00 - 23:00
    Fórmula Líder
  • Fórmula Líder
    23:00 - 00:00
    Fórmula Líder Ahora

Somos #Líder

Radio Líder

Medios Autonómicos De Radiodifusion Gallegos S.L.

Radio Líder es la primera red de emisoras independiente en el Norte de España. Fundada en el 2001 por el escritor y periodista Diego Bernal, el periodista Manuel Casal, la colaboración de Javier Sánchez de Dios y todas aquellas personas que han participado en la consolidación del proyecto.

El Confidencial

Miguel Lorenzo sería hoy alcalde de A Coruña

Miguel Lorenzo sería hoy alcalde de A Coruña

Miguel Lorenzo, impulsado por la decadencia que vive la ciudad de A Coruña y la corrupción del PSOE, está ya...

Por Interés

Últimas

Vigo inicia a humanización de Cesáreo Vázquez cun investimento de 1,85 millóns de euros

Vigo inicia a humanización de Cesáreo Vázquez cun investimento de 1,85 millóns de euros

Alerta naranja por temperaturas máximas en Galicia

Alerta por ola de calor este lunes: naranja en el interior de Pontevedra y amarillo en la montaña de Ourense

O Porto do Son estrena el proyecto piloto de playas inclusivas

O Porto do Son estrena el proyecto piloto de playas inclusivas

  • Nosotros
  • Publicidad
  • Contacto
  • Privacidad y Cookies
  • Aviso Legal

© 2026 Radio Líder - Desarrollado por Siete.Online.

!Bienvenido de Nuevo!

Inicie sesión en su cuenta

¿Contraseña olvidada? Registrarse

¡Crear Nueva Cuenta!

Rellena los siguientes campos del formulario para registrarte

Todos los campos son requeridos. Iniciar sesión

Recupere su contraseña

Por favor ingrese su nombre de usuario o dirección de correo electrónico para restablecer su contraseña.

Iniciar sesión
Selecciona una emisora
EN DIRECTO 0:00 / 0:00
Velocidad
Sin resultados
Ver todos los resultados
  • Portada
  • GALICIA
    • A Coruña
    • Lugo
    • Ourense
    • Pontevedra
  • EL CONFIDENCIAL
  • Cultura
  • Deportes
  • Economía
  • Opinión
  • Política
  • Sociedad
  • Sucesos
  • ESPECIALES
    • Gastronomía
    • Turismo
    • Mar y Costa
    • Rural
  • Podcasts

© 2026 Radio Líder - Desarrollado por Siete.Online.

Este sitio web utiliza cookies. Al continuar utilizando este sitio web, usted da su consentimiento para el uso de cookies. Visite nuestra Política de privacidad y cookies.