• Nosotros
  • Publicidad
  • Contacto
  • Privacidad y Cookies
  • Aviso Legal
  • Iniciar sesión
Radio Líder
Radio
Anuncio
  • Portada
  • GALICIA
    • A Coruña
    • Lugo
    • Ourense
    • Pontevedra
  • EL CONFIDENCIAL
  • Cultura
  • Deportes
  • Economía
  • Opinión
  • Política
  • Sociedad
  • Sucesos
  • ESPECIALES
    • Gastronomía
    • Turismo
    • Mar y Costa
    • Rural
  • Podcasts
Sin resultados
Ver todos los resultados
  • Portada
  • GALICIA
    • A Coruña
    • Lugo
    • Ourense
    • Pontevedra
  • EL CONFIDENCIAL
  • Cultura
  • Deportes
  • Economía
  • Opinión
  • Política
  • Sociedad
  • Sucesos
  • ESPECIALES
    • Gastronomía
    • Turismo
    • Mar y Costa
    • Rural
  • Podcasts
Sin resultados
Ver todos los resultados
Radio Líder

Santiago estrea a Plataforma Loxística de Distribución Urbana de Mercadorías (LóxiCo)

Con case 4 millóns unha plataforma loxística que reducirá o tráfico pesado no casco histórico, impulsará un reparto máis sostible e mellorará a calidade de vida na cidade

David Por David
30/07/2026
en #Destacado, A Coruña, Economía, Política
0
Santiago estrea a Plataforma Loxística de Distribución Urbana de Mercadorías (LóxiCo)
FacebookXWhatsApp

O delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco, destacou hoxe o compromiso do Goberno de Pedro Sánchez con proxectos que “transforman Santiago e melloran a vida da cidadanía“. Fíxoo durante a inauguración da Plataforma Loxística de Distribución Urbana de Mercadorías (LóxiCo), unha infraestrutura chamada a revolucionar o reparto da última milla na capital galega. Pedro Blanco sinalou que esta actuación exemplifica un modelo de investimentos que, aínda que ás veces pasan máis desapercibidos, teñen un impacto directo na vida diaria das persoas ao facer as cidades máis sostibles, eficientes e habitables. O delegado participou no acto xunto á alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín; e o presidente de Mercasa, José Miñones.

Na súa intervención, lembrou que o proxecto contou cun investimento total de 4.598.000 euros, dos que o Goberno de España achega 3.913.920 euros, máis do 85 % do financiamento, a través dos fondos do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, xestionado polo Ministerio de Transportes e Mobilidade Sostible. Explicou que a nova plataforma permitirá concentrar a recepción das mercadorías no polígono do Tambre para distribuílas posteriormente mediante vehículos eléctricos de pequeno tamaño, reducindo o tráfico pesado no casco histórico, o ruído e as emisións contaminantes, ao tempo que contribuirá á conservación do patrimonio e fará máis eficiente e flexible o abastecemento dos establecementos comerciais e hostaleiros. Ao respecto, destacou que este proxecto demostra como os fondos europeos “se converteron en servizos e infraestruturas modernas, útiles e transformadoras”.

Pedro Blanco enmarcou esta actuación dentro do compromiso do Goberno coa capital de Galicia e asegurou que Santiago “conta co Goberno como o seu mellor aliado”. Incidiu en que o Goberno está a impulsar investimentos sen precedentes para responder aos principais retos da cidade, actuando de maneira simultánea en ámbitos como a vivenda, a mobilidade, as infraestruturas, os servizos públicos, o apoio ao tecido empresarial e, agora tamén, a loxística urbana sostible. Neste sentido, afirmou que o Goberno “cumpre con Santiago e cumpre con Galicia” mediante actuacións que modernizan a cidade, melloran o espazo público e incrementan a competitividade económica. Tamén destacou que Santiago se converta na primeira cidade en implantar este modelo de distribución urbana da man de Mercagalicia, unha experiencia pioneira chamada a servir de referencia para outros cascos históricos de España.

O delegado incidiu tamén en que LóxiCo é o resultado da colaboración entre o Ministerio de Transportes e Mobilidade Sostible, o Concello de Santiago, Mercasa, Mercagalicia e o Consorcio de Santiago, coa execución material das obras por parte de TRAGSA. “Cando distintas institucións somos capaces de sumar esforzos e remar na mesma dirección, os resultados falan por si sós”, afirmou, ao tempo que agradeceu o traballo desenvolvido por todas as entidades. Para Pedro Blanco, esta colaboración institucional permitiu facer realidade un proxecto transformador que sitúa ás persoas no centro, compatibiliza a actividade económica coa protección do patrimonio e contribúe a construír unha cidade mellor preparada para o futuro. O delegado concluíu asegurando que ese seguirá sendo o compromiso do Goberno de España con Santiago e con Galicia.

ShareTweetSend
Publicación anterior

Portos de Galicia inviste 1,8 millóns de euros para reforzar a estrutura do dique de abrigo do porto de Burela

Siguiente

Tres investigadoras gallegas en los Premios Nacionales de Investigación 2026

David

David

Relacionado Entradas

Agenda deportiva en Galicia y Asturias este fin de semana: partidos, horarios y citas que no te puedes perder
#Destacado

Agenda deportiva en Galicia y Asturias este fin de semana: partidos, horarios y citas que no te puedes perder

Accidente en la AG-55 en Arteixo: cuatro coches implicados y dos heridos tras incendiarse uno de los vehículos
#Destacado

Accidente en la AG-55 en Arteixo: cuatro coches implicados y dos heridos tras incendiarse uno de los vehículos

¿Qué hacer este fin de semana en Galicia? Los 30 planes que están llenando pueblos y ciudades este sábado y domingo
#Destacado

¿Qué hacer este fin de semana en Galicia? Los 30 planes que están llenando pueblos y ciudades este sábado y domingo

¿Aprobarías hoy el examen de conducir? Solo 8 de cada 100 conductores superarían este test
#Destacado

¿Aprobarías hoy el examen de conducir? Solo 8 de cada 100 conductores superarían este test

Conciertos en Asturias este fin de semana: todos los directos que no te puedes perder el 19 y 20 de septiembre
#Destacado

Conciertos en Asturias este fin de semana: todos los directos que no te puedes perder el 19 y 20 de septiembre

Precio de la luz hoy, sábado 19 de septiembre: estas son las horas más baratas y más caras
#Destacado

Precio de la luz hoy, sábado 19 de septiembre: estas son las horas más baratas y más caras

Siguiente
Tres investigadoras gallegas en los Premios Nacionales de Investigación 2026

Tres investigadoras gallegas en los Premios Nacionales de Investigación 2026

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Ahora al Aire

Fórmula Líder

Fórmula Líder

00:00 - 08:00
Continuidad
A continuación: Fórmula Líder 08:00

Programación de Hoy

Domingo 20/09/2026
  • Fórmula Líder
    00:00 - 08:00
    Fórmula Líder Ahora
  • Fórmula Líder
    08:00 - 23:00
    Fórmula Líder
  • Fórmula Líder
    23:00 - 00:00
    Fórmula Líder

Somos #Líder

Radio Líder

Medios Autonómicos De Radiodifusion Gallegos S.L.

Radio Líder es la primera red de emisoras independiente en el Norte de España. Fundada en el 2001 por el escritor y periodista Diego Bernal, el periodista Manuel Casal, la colaboración de Javier Sánchez de Dios y todas aquellas personas que han participado en la consolidación del proyecto.

Por Interés

Últimas

Agenda deportiva en Galicia y Asturias este fin de semana: partidos, horarios y citas que no te puedes perder

Agenda deportiva en Galicia y Asturias este fin de semana: partidos, horarios y citas que no te puedes perder

Accidente en la AG-55 en Arteixo: cuatro coches implicados y dos heridos tras incendiarse uno de los vehículos

Accidente en la AG-55 en Arteixo: cuatro coches implicados y dos heridos tras incendiarse uno de los vehículos

¿Qué hacer este fin de semana en Galicia? Los 30 planes que están llenando pueblos y ciudades este sábado y domingo

¿Qué hacer este fin de semana en Galicia? Los 30 planes que están llenando pueblos y ciudades este sábado y domingo

  • Nosotros
  • Publicidad
  • Contacto
  • Privacidad y Cookies
  • Aviso Legal

© 2026 Radio Líder. Todos los derechos reservados.

!Bienvenido de Nuevo!

Inicie sesión en su cuenta

¿Contraseña olvidada?

Recupere su contraseña

Por favor ingrese su nombre de usuario o dirección de correo electrónico para restablecer su contraseña.

Iniciar sesión
imunify-bot-check
Selecciona una emisora
EN DIRECTO 0:00 / 0:00
Velocidad
Sin resultados
Ver todos los resultados
  • Portada
  • GALICIA
    • A Coruña
    • Lugo
    • Ourense
    • Pontevedra
  • EL CONFIDENCIAL
  • Cultura
  • Deportes
  • Economía
  • Opinión
  • Política
  • Sociedad
  • Sucesos
  • ESPECIALES
    • Gastronomía
    • Turismo
    • Mar y Costa
    • Rural
  • Podcasts

© 2026 Radio Líder. Todos los derechos reservados.

Este sitio web utiliza cookies. Al continuar utilizando este sitio web, usted da su consentimiento para el uso de cookies. Visite nuestra Política de privacidad y cookies.