O obxectivo é conformar unha nova programación de eventos, cun escenario que acollerá durante varios días os espectáculos seleccionados.
“Queremos conformar unha nova programación artística e musical que se realizará na Porta do Sol ou noutras localizacións da cidade”, avanzou Abel Caballero. As propostas poderán corresponder a actuacións musicais individuais ou colectivas e incluso reunir varios grupos ou artistas nun mesmo espectáculo.
Cada espectáculo deberá ter unha duración mínima de 90 minutos e máxima de 180 minutos. As bases establecen tamén que deberán ser propostas de interese xeral e dirixidas á maior diversidade posible de públicos. Para a selección teranse en conta a creatividade, composición, orixinalidade e innovación, a calidade artística, a singularidade do espectáculo e a tipoloxía do público destinatario. “Valoraremos especialmente as propostas musicais locais e galegas”, destacou o alcalde.













