• Nosotros
  • Publicidad
  • Contacto
  • Privacidad y Cookies
  • Aviso Legal
  • Iniciar sesión
  • Registrarse
Radio Líder
Radio
Anuncio
  • Portada
  • GALICIA
    • A Coruña
    • Lugo
    • Ourense
    • Pontevedra
  • EL CONFIDENCIAL
  • Cultura
  • Deportes
  • Economía
  • Opinión
  • Política
  • Sociedad
  • Sucesos
  • ESPECIALES
    • Gastronomía
    • Turismo
    • Mar y Costa
    • Rural
  • Podcasts
Sin resultados
Ver todos los resultados
  • Portada
  • GALICIA
    • A Coruña
    • Lugo
    • Ourense
    • Pontevedra
  • EL CONFIDENCIAL
  • Cultura
  • Deportes
  • Economía
  • Opinión
  • Política
  • Sociedad
  • Sucesos
  • ESPECIALES
    • Gastronomía
    • Turismo
    • Mar y Costa
    • Rural
  • Podcasts
Sin resultados
Ver todos los resultados
Radio Líder

O PPdeG acusa a Sánchez de tratar aos menores migrantes como «mercadorías»

Raquel Arias censura a complicidade de PSdeG e sinaladamente do BNG, que preferiu reunirse cos "herdeiros de ETA", mentres milleiros de persoas amosaban nas rúas a súa solidariedade co pobo ceutí

David Por David
09/09/2026
en #Destacado, Política
0
O PPdeG acusa a Sánchez de tratar aos menores migrantes como «mercadorías»
FacebookXWhatsApp

A portavoz de Política Social do Grupo Parlamentario Popular, Raquel Arias, acusou ao presidente do Goberno, Pedro Sánchez, de tratar aos menores migrantes non acompañados, dos que centenas seguen en Ceuta desde hai case mes e medio, como se fosen «mercadorías». «Os menores non son números e moito menos poden ser moeda de cambio política», subliñou. «Iso non é protexer aos menores, é abandonalos, igual que abandonou ao seu país», engadiu.

 

Nesta liña, denunciou que Pedro Sánchez «renunciou a gobernar» ante o «ataque á integridade territorial» que sufriu España na cidade autónoma o 30 e o 31 de xullo. «O único que fai Sánchez é traer problemas a España», advertiu a deputada popular, quen denunciou que o «único plan» do seu goberno, o cal «carece» de política migratoria, consiste na «defensa a ultranza de Marrocos». «Manter a Sánchez con respiración asistida  -afirmou- está sendo dramático para España, o que se vive en Ceuta é so o último episodio, pero é especialmente grave».

 

Durante a súa intervención para presentar unha PNL que reclama incrementar a achega económica que recibe Galicia para acoller menores migrantes non acompañados, que vén de ser reducida polo Goberno central nun 82%, Raquel Arias cualificou de «bochornoso» o que se continúa a vivir en Ceuta, onde «aínda non sabemos cantos menores» continúan; «sen ter explicación da morte dramática de 141 migrantes», sen saber «o futuro dos migrantes que permanecen» na cidade autónoma; e «sen solucionar a situación sanitaria, política e social xerada»; sumado á «incapacidade dos ceutís para facer a súa vida ordinaria».

 

Na resposta á invasión sufrida por Ceuta produciuse a «tormenta perfecta», ao xuntarse «a incompetencia coa inoperancia, o descontrol coa improvisación e as mentiras coas medidas verdades». 40 días despois, criticou, o Executivo de Sánchez é incapaz de concretar cantos menores continúan na cidade autónoma, en medio dun baile de cifras entre o presidente do Goberno e os seus ministros; «e se non saben cantos menores hai que protexer, como os van protexer», incidiu.

 

Esa mesma incoherencia dáse co destino dos menores non acompañados: «Unha parte do Executivo opina que onde mellor están os menores é coas súas familias e deben volver a Marrocos, pero outra parte considera que diso nada, que teñen que repartirse polas comunidades autónomas».

 

Sobre o papel dos partidos da oposición en Galicia, a deputada do Grupo Popular afeou que «non asistiron» ás concentracións do pasado 2 de setembro para apoiar ao pobo ceutí. Sinaladamente, o BNG, que «van de pacifistas», pero preferiron manter unha xuntanza con EH Bildu, cos «herdeiros de ETA». «Afortunadamente, vostedes e nós non pensamos o mesmo. Nós temos solidariedade con quen chega, solidariedade con quen acolle, e responsabilidade con quen goberna. A responsabilidade das persoas que están en Ceuta é do Goberno, ao que vostedes apoian e aplauden. Deles é a responsabilidade de que mulleres e nenas leven máis dun mes desamparadas, de que aumentaran os delitos sexuais», así como de filiar aos menores.  

 

«NON HAI SOLIDARIEDADE SEN RECURSOS»

O PPdeG, como plasma a PNL defendida hoxe, esixiu ao Goberno central que «incremente a achega económica a Galicia para sufragar a atención» dos menores migrantes non acompañados, despois de deixala en apenas 740.000 euros, un 82% menos que o ano anterior; «actúe con lealdade institucional», «evitando decisións unilaterais que comprometan a capacidade de resposta» das comunidades autónomas, volvendo ao «consenso»; e «garanta unha planificación e unha coordinación efectiva».

 

«Reclamamos tamén, un control efectivo das nosas fronteiras, para evitar que se volvan a dar situacións tan bochornosas como a que se se está vivindo en Ceuta. Con imaxes que dan a volta ao mundo e retratan a España como un país fallido», lamentou Arias. «Acoller dignamente esixe planificar seriamente e dotar de recursos», lembrou.  

 

«Galicia non recibe leccións de solidariedade, Galicia dá exemplo de solidariedade», indicou a portavoz de Política Social do Grupo Parlamentario Popular, quen lembrou que a Comunidade xa foi unha das que acolleu máis menores nos anos 2022, 2023 e 2024, ademais de votar recentemente a favor de destinar 25M€ a Ceuta. «Para Galicia, a diferencia do Goberno central, a protección dos menores é unha prioridade», dixo.

 

O MODELO DE GALICIA, «REFERENCIA» EN ESPAÑA

«En Galicia, afortunadamente, si se traballa con planificación, apostando por un modelo que xa é unha referencia», cun «dos sistemas de protección de menores máis inclusivos e integradores de España». Nos últimos catro anos aumentáronse en dúas ocasións as axudas mensuais ás familias acolledoras, cun investimento de preto de 1 millón de euros o ano pasado; está implementado o acollemento en familia allea, en convenio con Cruz Vermella, nas catro provincias; o acollemento en familia extensa, en convenio con Aldeas Infantiles, destinado a parentes directos; e o acollemento especializado con dedicación exclusiva: un programa piloto pioneiro en España, cunha proxección de investimento de máis de 3 millóns de euros ata mediados de 2029, para atender a menores con necesidades especiais.

 

Segundo datos do propio Goberno central, Galicia é a segunda comunidade con mellor ratio de acollemento familiar, un 56% sobre o total de medidas de protección, 9 puntos por riba da media española. E na comparativa autonómica, supera amplamente a comunidades como Cataluña (39%) ou o País Vasco (28%).

ShareTweetSend
Publicación anterior

La Xunta aprueba el Plan estratégico de Salud Mental de Galicia 2026-2030

Siguiente

Lugo reforza o dispositivo de seguridade coa volta ao cole e atende novas demandas veciñais

David

David

Relacionado Entradas

Jácome presentará este viernes ante el Pleno los Presupuestos de Ourense para su aprobación inicial
#Destacado

Ourense inicia as obras de restauración integral da pasarela de Outariz cun proxecto de 1,6 millóns de euros

Rescatan o corpo dunha persoa falecida en Verea
#Destacado

Falece un traballador tras caer dun edificio en construción en Negreira

Lugo reforza o dispositivo de seguridade coa volta ao cole e atende novas demandas veciñais
#Destacado

Lugo reforza o dispositivo de seguridade coa volta ao cole e atende novas demandas veciñais

La Xunta aprueba el Plan estratégico de Salud Mental de Galicia 2026-2030
#Destacado

La Xunta aprueba el Plan estratégico de Salud Mental de Galicia 2026-2030

O Plan de Barrios 2026-2027 comezará en Prioriño e percorrerá 30 barrios e parroquias de Ferrol
#Destacado

O Plan de Barrios 2026-2027 comezará en Prioriño e percorrerá 30 barrios e parroquias de Ferrol

Abel Caballero reclama á Xunta a gratuidade dos libros de texto para todo o alumnado de ensino obrigatorio
#Destacado

Abel Caballero reclama á Xunta a gratuidade dos libros de texto para todo o alumnado de ensino obrigatorio

Siguiente
Lugo reforza o dispositivo de seguridade coa volta ao cole e atende novas demandas veciñais

Lugo reforza o dispositivo de seguridade coa volta ao cole e atende novas demandas veciñais

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Ahora al Aire

Líder local En directo

Líder local

10:00 - 13:00
Conexión Local
A continuación: Sesión vermut 13:00

Programación de Hoy

Miércoles 09/09/2026
  • Fórmula Líder
    00:00 - 08:00
    Fórmula Líder
  • Matinal Líder
    08:00 - 10:00
    Matinal Líder
    En directo
  • Líder local
    10:00 - 13:00
    Líder local Ahora
    En directo
  • 13:00 - 14:00
    Sesión vermut
  • Líder express
    14:00 - 14:30
    Líder express
  • Fórmula Líder
    14:30 - 16:00
    Fórmula Líder
  • Oh My Hits
    16:00 - 19:00
    Oh My Hits
    En directo
  • Fórmula Líder
    19:00 - 20:00
    Fórmula Líder
  • Líder Express
    20:00 - 20:30
    Líder Express
  • Fórmula Líder
    20:30 - 23:59
    Fórmula Líder

Por Interés

  • Nosotros
  • Publicidad
  • Contacto
  • Privacidad y Cookies
  • Aviso Legal

© 2026 Radio Líder. Todos los derechos reservados.

!Bienvenido de Nuevo!

Inicie sesión en su cuenta

¿Contraseña olvidada? Registrarse

¡Crear Nueva Cuenta!

Rellena los siguientes campos del formulario para registrarte

Todos los campos son requeridos. Iniciar sesión

Recupere su contraseña

Por favor ingrese su nombre de usuario o dirección de correo electrónico para restablecer su contraseña.

Iniciar sesión
imunify-bot-check
Selecciona una emisora
EN DIRECTO 0:00 / 0:00
Velocidad
Sin resultados
Ver todos los resultados
  • Portada
  • GALICIA
    • A Coruña
    • Lugo
    • Ourense
    • Pontevedra
  • EL CONFIDENCIAL
  • Cultura
  • Deportes
  • Economía
  • Opinión
  • Política
  • Sociedad
  • Sucesos
  • ESPECIALES
    • Gastronomía
    • Turismo
    • Mar y Costa
    • Rural
  • Podcasts

© 2026 Radio Líder. Todos los derechos reservados.

Este sitio web utiliza cookies. Al continuar utilizando este sitio web, usted da su consentimiento para el uso de cookies. Visite nuestra Política de privacidad y cookies.