• Nosotros
  • Publicidad
  • Contacto
  • Privacidad y Cookies
  • Aviso Legal
  • Iniciar sesión
  • Registrarse
Radio Líder
Radio
Anuncio
  • Portada
  • GALICIA
    • A Coruña
    • Lugo
    • Ourense
    • Pontevedra
  • EL CONFIDENCIAL
  • Cultura
  • Deportes
  • Economía
  • Opinión
  • Política
  • Sociedad
  • Sucesos
  • ESPECIALES
    • Gastronomía
    • Turismo
    • Mar y Costa
    • Rural
  • Podcasts
Sin resultados
Ver todos los resultados
  • Portada
  • GALICIA
    • A Coruña
    • Lugo
    • Ourense
    • Pontevedra
  • EL CONFIDENCIAL
  • Cultura
  • Deportes
  • Economía
  • Opinión
  • Política
  • Sociedad
  • Sucesos
  • ESPECIALES
    • Gastronomía
    • Turismo
    • Mar y Costa
    • Rural
  • Podcasts
Sin resultados
Ver todos los resultados
Radio Líder

Inés Rey presume do éxito da declaración da Coruña como zona tensionada

Faino pese os últimos datos publicados que reflicten a diminución da oferta e a alza de prezos

David Por David
11/09/2026
en #Destacado, A Coruña, Política
0
Inés Rey presume do éxito da declaración da Coruña como zona tensionada
FacebookXWhatsApp

A alcaldesa, Inés Rey, presidiu hoxe unha nova reunión de seguimento da Mesa de Vivenda da Coruña, na que se analizou o primeiro ano de vixencia da declaración da cidade como Zona de Mercado Residencial Tensionado (ZMRT) e o grao de execución das medidas comprometidas polo Goberno municipal. «Os primeiros datos permiten constatar un cambio de tendencia no mercado do alugueiro da Coruña», sinalou Rey.

Segundo o informe presentado, en 2023 o prezo medio incrementouse un 13,65% entre xaneiro e decembro e en 2024 outro 16,29%, mentres que en 2025 o incremento se reduciu ao 2,63%. Ademais, cando entrou en vigor a zona tensionada o alugueiro medio estaba arredor de 50 euros por riba do nivel actual. A Coruña é, ademais, a única das catro cidades galegas analizadas -A Coruña, Vigo, Santiago e Ferrol- na que descende o prezo medio do alugueiro, mentres nas outras tres a tendencia é ascendente. «Isto non significa que o problema da vivenda estea resolto, pero os datos apuntan a que neste primeiro ano de vixencia da ZMRT se freou a escalada dos prezos», indicou a alcaldesa. Ademais, Inés Rey avanzou que manterá proximamente unha reunión de traballo coa alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, para compartir a experiencia das dúas cidades galegas declaradas como Zonas de Mercado Residencial Tensionado.

Balance das medidas municipais

A Mesa serviu tamén para avaliar a execución da folla de ruta municipal en materia de vivenda. O Concello ten actualmente 50 novas vivendas públicas municipais en construción en Xuxán, concedeu máis de 3,5 millóns de euros en axudas á rehabilitación de 240 vivendas, que mobilizan preto de 7 millóns en obras, e reforzou a regulación e o control das vivendas de uso turístico.

A estas actuacións súmase a mobilización de solo para a construción de nova vivenda, tanto a través do desenvolvemento dos grandes ámbitos residenciais de Xuxán e Visma como mediante a cesión gratuíta de parcelas municipais á Xunta. No caso de Visma, onde a urbanización avanza e está prevista a construción de arredor de 3.600 vivendas, das que preto de 1.000 serán públicas.

En paralelo, o Concello puxo gratuitamente a disposición do IGVS solo municipal para a construción de arredor dun cento de vivendas de promoción pública: 58 nos Rosales, 30 en Pedro Fernández e 11 na contorna da praza da Porticada. «O Concello colaborará sempre coa Xunta cando esa colaboración permita construír vivenda pública. Poñemos solo municipal á súa disposición para que poida exercer a súa competencia e incrementar o parque público de vivenda na Coruña», sinalou Rey.

O balance do primeiro ano amosa tamén un forte incremento da vivenda pública e protexida prevista na cidade. Cando se redactou o Plan de medidas correctoras, A Coruña partía de 907 vivendas, mentres que as actuacións xa iniciadas permitirán incorporar 6.473 novas vivendas públicas ou protexidas, actualmente en diferentes fases de planeamento, urbanización, tramitación, licitación ou execución. A esta cifra poderán sumarse, ademais, 468 novas unidades habitacionais previstas no campus de Elviña, actualmente en fase de avaliación.

No ámbito das vivendas de uso turístico, o Concello conta desde febreiro cun equipo específico para a aplicación da ordenanza. Actualmente hai 69 expedientes incoados e 47 resoltos co cese definitivo da actividade, co obxectivo de protexer o uso residencial e favorecer que vivendas destinadas ao uso turístico poidan regresar ao mercado residencial.

Tamén se fixo balance da Oficina Municipal de Vivenda, que pasou de 50 consultas no primeiro trimestre de 2025 a 240 no mesmo período de 2026, practicamente cinco veces máis, e mantén desde xaneiro unha media aproximada de 80 consultas mensuais.

Máis transparencia e compromiso da Xunta

A alcaldesa incidiu tamén na necesidade de contar con máis información para avaliar con precisión a evolución da zona tensionada. «Os datos que publica o Observatorio da Vivenda da Xunta corresponden aos novos contratos de alugueiro, pero non permiten coñecer que ocorre coas prórrogas dos contratos existentes, distinguir entre alugueiro habitual e de tempada nin coñecer cantos contratos se extinguen. Para avaliar unha política destas características necesitamos coñecer o conxunto do mercado e non só unha parte», apuntou Rey, que reclamou á Xunta máis transparencia e unha explotación máis completa dos datos, así como avanzar en mecanismos efectivos de inspección e sanción para garantir o cumprimento das obrigas derivadas da ZMRT.

A alcaldesa reiterou que o Concello «está cumprindo» cos compromisos asumidos, incluso nun ámbito no que as competencias fundamentais corresponden á Administración autonómica, e reclamou «un compromiso igual de serio por parte da Xunta de Galicia» para incrementar a oferta de vivenda pública e facilitar o acceso á vivenda.

Na reunión participaron o concelleiro de Urbanismo, Rehabilitación e Vivenda, Francisco Díaz Gallego, representantes de APROINCO, o Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, o Colexio Oficial da Arquitectura Técnica, o Colexio Oficial de Administradores de Fincas, a Federación de Asociacións Veciñais, EMVSA, a Delegación do Goberno, a Confederación de Empresarios de Galicia, Provivienda, Fundación RAIS, Cruz Vermella, CASCO, ACCEM, AGALÍN, APECCO e POTEN100MOS, así como o equipo redactor e persoal da Concellaría de Urbanismo e Vivenda. Rey agradeceu a súa participación e destacou a Mesa como un espazo de «avaliación, escoita e diálogo» para seguir avanzando nas políticas de vivenda da cidade.

ShareTweetSend
Publicación anterior

O condutor dunha furgoneta queda atrapado no vehículo tras chocar cun camión en Castro de Rei

David

David

Relacionado Entradas

#Destacado

O condutor dunha furgoneta queda atrapado no vehículo tras chocar cun camión en Castro de Rei

El CC Los Rosales celebra la Fiesta Infantil Vuelta al Cole 2026
#Destacado

El CC Los Rosales celebra la Fiesta Infantil Vuelta al Cole 2026

O Concello de Vimianzo estrea un novo mural XXL dedicado ás pandereteiras
#Destacado

O Concello de Vimianzo estrea un novo mural XXL dedicado ás pandereteiras

Culleredo licita por 465.000 euros la renovación integral del pavimento y de las pistas deportivas de la plaza de Europa
#Destacado

Culleredo licita por 465.000 euros la renovación integral del pavimento y de las pistas deportivas de la plaza de Europa

El Camino Portugués de la Costa es la ruta jacobea que más crece, con un incremento de peregrinos del 25% en el último año
#Destacado

El Camino Portugués de la Costa es la ruta jacobea que más crece, con un incremento de peregrinos del 25% en el último año

Los autobuses urbanos de Ourense serán gratuitos del 16 al 22 de septiembre por la Semana Europea de la Movilidad
#Destacado

Los autobuses urbanos de Ourense serán gratuitos del 16 al 22 de septiembre por la Semana Europea de la Movilidad

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Ahora al Aire

Fórmula Líder

Fórmula Líder

00:00 - 08:00
Continuidad
A continuación: Fórmula Líder 08:00

Programación de Hoy

Sábado 12/09/2026
  • Fórmula Líder
    00:00 - 08:00
    Fórmula Líder Ahora
  • Fórmula Líder
    08:00 - 12:00
    Fórmula Líder
  • 12:00 - 14:00
    Sesión vermut
  • Fórmula Líder
    14:00 - 22:00
    Fórmula Líder
  • 22:00 - 23:59
    Superdanze
    En directo

Por Interés

  • Nosotros
  • Publicidad
  • Contacto
  • Privacidad y Cookies
  • Aviso Legal

© 2026 Radio Líder. Todos los derechos reservados.

!Bienvenido de Nuevo!

Inicie sesión en su cuenta

¿Contraseña olvidada? Registrarse

¡Crear Nueva Cuenta!

Rellena los siguientes campos del formulario para registrarte

Todos los campos son requeridos. Iniciar sesión

Recupere su contraseña

Por favor ingrese su nombre de usuario o dirección de correo electrónico para restablecer su contraseña.

Iniciar sesión
imunify-bot-check
Selecciona una emisora
EN DIRECTO 0:00 / 0:00
Velocidad
Sin resultados
Ver todos los resultados
  • Portada
  • GALICIA
    • A Coruña
    • Lugo
    • Ourense
    • Pontevedra
  • EL CONFIDENCIAL
  • Cultura
  • Deportes
  • Economía
  • Opinión
  • Política
  • Sociedad
  • Sucesos
  • ESPECIALES
    • Gastronomía
    • Turismo
    • Mar y Costa
    • Rural
  • Podcasts

© 2026 Radio Líder. Todos los derechos reservados.

Este sitio web utiliza cookies. Al continuar utilizando este sitio web, usted da su consentimiento para el uso de cookies. Visite nuestra Política de privacidad y cookies.