• Nosotros
  • Publicidad
  • Contacto
  • Privacidad y Cookies
  • Aviso Legal
  • Iniciar sesión
Radio Líder
Radio
Anuncio
  • Portada
  • GALICIA
    • A Coruña
    • Lugo
    • Ourense
    • Pontevedra
  • EL CONFIDENCIAL
  • Cultura
  • Deportes
  • Economía
  • Opinión
  • Política
  • Sociedad
  • Sucesos
  • ESPECIALES
    • Gastronomía
    • Turismo
    • Mar y Costa
    • Rural
  • Podcasts
Sin resultados
Ver todos los resultados
  • Portada
  • GALICIA
    • A Coruña
    • Lugo
    • Ourense
    • Pontevedra
  • EL CONFIDENCIAL
  • Cultura
  • Deportes
  • Economía
  • Opinión
  • Política
  • Sociedad
  • Sucesos
  • ESPECIALES
    • Gastronomía
    • Turismo
    • Mar y Costa
    • Rural
  • Podcasts
Sin resultados
Ver todos los resultados
Radio Líder

O 10º Repsol EcoRallye A Coruña celebra o seu décimo aniversario cun récord histórico de 57 equipos participante

A proba desenvolverase do 17 ao 20 de setembro e contará coa presenza dos tres últimos campións da FIA Eco Rally Cup

David Por David
16/09/2026
en #Destacado, Deportes
0
O 10º Repsol EcoRallye A Coruña celebra o seu décimo aniversario cun récord histórico de 57 equipos participante
FacebookXWhatsApp

O concelleiro de Deportes, Manuel Vázquez, presentou esta mañá no Palacio Municipal de María Pita a décima edición do Repsol EcoRallye A Coruña, que se celebrará do 17 ao 20 de setembro e que este ano acadará un récord histórico de participación, con 57 equipos inscritos.

Vázquez estivo acompañado por representantes da organización da proba, que chega ao seu décimo aniversario consolidada como unha das citas de referencia do automobilismo sostible a nivel nacional e internacional.

A competición será puntuable, por terceiro ano consecutivo, para a FIA Eco Rally Cup e tamén formará parte do Campionato de España de Enerxías Alternativas. Dos 57 vehículos inscritos, 43 serán 100 % eléctricos, sete híbridos enchufables e outros sete híbridos non enchufables.

«Esta décima edición confirma o crecemento dunha proba que xa é unha referencia dentro e fóra de España», destacou Manuel Vázquez. O concelleiro de Deportes puxo en valor tanto o nivel deportivo da competición como a súa capacidade para achegar á cidadanía novas formas de mobilidade vinculadas á eficiencia enerxética.

Vázquez salientou tamén o protagonismo que volverá ter a praza de María Pita durante a celebración da proba. «Queremos que a cidadanía poida achegarse á competición e coñecer de preto a evolución da mobilidade sostible», sinalou.

A praza de María Pita, centro da mobilidade eléctrica durante catro xornadas

Unha das novidades desta décima edición será o reforzo da infraestrutura de recarga na praza de María Pita, onde Repsol, patrocinador principal da competición, instalará 52 puntos cunha potencia total de 385 kW/h para dar servizo aos vehículos eléctricos e híbridos enchufables participantes.

Esta infraestrutura permitirá garantir a enerxía necesaria para que os equipos afronten as diferentes etapas e reforzará o papel da praza de María Pita como centro operativo da competición.

De forma paralela, Repsol habilitará na praza un espazo aberto ao público con actividades interactivas relacionadas coa xeración de enerxía e a condución eficiente. Entre as propostas haberá un circuíto de Scalextric alimentado a pedais, no que as persoas participantes xerarán coa súa propia pedalada a electricidade necesaria para mover os vehículos, así como varios simuladores de condución eficiente que permitirán coñecer e poñer en práctica técnicas para optimizar o consumo de combustible e enerxía nos desprazamentos diarios.

As carpas de Repsol permanecerán abertas durante as catro xornadas da proba. O xoves 17 funcionarán de 15.00 a 20.30 horas; o venres 18, de 9.00 a 20.30 horas; o sábado 19, de 9.30 a 20.00 horas; e o domingo 20, de 10.00 a 14.00 horas.

Unha participación de máximo nivel internacional

A décima edición contará cun dos carteis deportivos máis destacados da historia da competición. Na Coruña estarán os tres últimos campións da FIA Eco Rally Cup: Guido Guerrini, Michal Žďárský e Eneko Conde.

A eles sumarase o expiloto italiano de Fórmula 1 Stefano Modena, unha das grandes novidades desta edición, así como destacados especialistas do Campionato de España de Enerxías Alternativas, entre eles José Manuel Pérez Aicart, Laura Aparicio, Toni Luján, Shirley Fernández e José Manuel Pizarro.

«Reunir na Coruña aos grandes referentes desta especialidade confirma o nivel que acadou o EcoRallye», apuntou Vázquez, quen destacou tamén a capacidade da cidade para acoller competicións deportivas de primeiro nivel.

O concelleiro incidiu, ademais, na singularidade dunha proba na que a eficiencia cobra especial protagonismo. «É unha forma diferente de entender o automobilismo, na que se combinan precisión, regularidade e eficiencia enerxética», indicou.

Preto de 587 quilómetros por 35 concellos

O 10º Repsol EcoRallye A Coruña contará cun percorrido total de 586,997 quilómetros, dos que 425,507 -o 72,49 %- serán cronometrados e puntuables. A competición distribuirase en 14 tramos de regularidade e atravesará 35 concellos galegos, 33 da provincia da Coruña e dous da provincia de Lugo, Muras e Xermade.

Unha das principais novidades desta edición será a chegada da competición á Costa da Morte. A primeira etapa levará os participantes ata Fisterra, con puntos de reagrupamento e neutralización en Vimianzo, Fisterra e Coristanco. Na segunda xornada, a competición dirixirase cara ao norte e ao interior de Galicia, con As Pontes como un dos seus puntos de referencia.

O percorrido dará visibilidade a diferentes puntos da xeografía galega e terá A Coruña como punto de partida e chegada dunha competición cunha crecente proxección internacional.

A praza de María Pita volverá ser un dos puntos neurálxicos do EcoRallye e o escenario dos principais actos vinculados á saída e á chegada dos participantes, achegando a competición á cidadanía.

Dez anos de aposta pola mobilidade eficiente

O EcoRallye chega ao seu décimo aniversario cunha participación sen precedentes e cunha ampla representación do sector da automoción. Un total de 16 marcas estarán presentes a través de dez concesionarios colaboradores, reforzando a vertente tecnolóxica dunha competición orientada á eficiencia e ás novas solucións de mobilidade.

A diferenza dos rallyes convencionais de velocidade, neste tipo de probas os equipos deben cumprir as medias establecidas nos tramos de regularidade ao mesmo tempo que optimizan o consumo enerxético dos seus vehículos. A precisión na condución, a navegación e a xestión da enerxía son factores determinantes para a clasificación.

O Goberno de Inés Rey reafirma coa celebración desta décima edición o seu apoio aos grandes eventos deportivos que contribúen á proxección exterior da Coruña e que, ao mesmo tempo, permiten achegar á cidadanía a innovación, a mobilidade eficiente e as novas solucións enerxéticas.

ShareTweetSend
Publicación anterior

La Guardia Civil impartirá en Culleredo dos charlas sobre protección ante delitos frecuentes

Siguiente

Carballo énchese de deporte e inclusión co I Circuíto Un Paso Máis

David

David

Relacionado Entradas

La Xunta da hasta 1.200 euros para sacarse el carné de camión: requisitos y plazo para pedir la ayuda
#Destacado

La Xunta da hasta 1.200 euros para sacarse el carné de camión: requisitos y plazo para pedir la ayuda

Dos accidentes en Galicia: un conductor queda atrapado tras chocar contra un poste en Ordes
#Destacado

Dos accidentes en Galicia: un conductor queda atrapado tras chocar contra un poste en Ordes

Todos los conciertos gratuitos que podrás disfrutar en Galicia este otoño: fechas, lugares y artistas
#Destacado

Todos los conciertos gratuitos que podrás disfrutar en Galicia este otoño: fechas, lugares y artistas

Nuevo cambio de tráfico en A Coruña: este acceso de Alfonso Molina queda cerrado y obliga a modificar la ruta
#Destacado

Nuevo cambio de tráfico en A Coruña: este acceso de Alfonso Molina queda cerrado y obliga a modificar la ruta

Fiestas en Galicia este fin de semana: las citas que no te puedes perder del 18 al 20 de septiembre
#Destacado

Fiestas en Galicia este fin de semana: las citas que no te puedes perder del 18 al 20 de septiembre

Outono no Auditorio de Vimianzo: nove historias e nove miradas chegan á programación cultural
#Destacado

Outono no Auditorio de Vimianzo: nove historias e nove miradas chegan á programación cultural

Siguiente
Carballo énchese de deporte e inclusión co I Circuíto Un Paso Máis

Carballo énchese de deporte e inclusión co I Circuíto Un Paso Máis

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Ahora al Aire

Líder local En directo

Líder local

10:00 - 13:00
Conexión Local
A continuación: Sesión vermut 13:00

Programación de Hoy

Miércoles 16/09/2026
  • Fórmula Líder
    00:00 - 08:00
    Fórmula Líder
  • Matinal Líder
    08:00 - 10:00
    Matinal Líder
    En directo
  • Líder local
    10:00 - 13:00
    Líder local Ahora
    En directo
  • 13:00 - 14:00
    Sesión vermut
  • Líder express
    14:00 - 14:30
    Líder express
  • Fórmula Líder
    14:30 - 16:00
    Fórmula Líder
  • Oh My Hits
    16:00 - 19:00
    Oh My Hits
    En directo
  • Fórmula Líder
    19:00 - 20:00
    Fórmula Líder
  • Líder Express
    20:00 - 20:30
    Líder Express
  • Fórmula Líder
    20:30 - 23:59
    Fórmula Líder

Por Interés

  • Nosotros
  • Publicidad
  • Contacto
  • Privacidad y Cookies
  • Aviso Legal

© 2026 Radio Líder. Todos los derechos reservados.

!Bienvenido de Nuevo!

Inicie sesión en su cuenta

¿Contraseña olvidada?

Recupere su contraseña

Por favor ingrese su nombre de usuario o dirección de correo electrónico para restablecer su contraseña.

Iniciar sesión
imunify-bot-check
Selecciona una emisora
EN DIRECTO 0:00 / 0:00
Velocidad
Sin resultados
Ver todos los resultados
  • Portada
  • GALICIA
    • A Coruña
    • Lugo
    • Ourense
    • Pontevedra
  • EL CONFIDENCIAL
  • Cultura
  • Deportes
  • Economía
  • Opinión
  • Política
  • Sociedad
  • Sucesos
  • ESPECIALES
    • Gastronomía
    • Turismo
    • Mar y Costa
    • Rural
  • Podcasts

© 2026 Radio Líder. Todos los derechos reservados.

Este sitio web utiliza cookies. Al continuar utilizando este sitio web, usted da su consentimiento para el uso de cookies. Visite nuestra Política de privacidad y cookies.