O Concello de Sanxenxo dispón de dúas bibliotecas públicas en Sanxenxo (Biblioteca Central Emilia Pardo Bazán), Portonovo e unha axencia de lectura en Vilalonga, que responden á tipoloxía de Bibliotecas de Proximidade segundo establece o Mapa de Bibliotecas Públicas de Galicia.
Portonovo conta, ademais de coa biblioteca, cunha sala de estudo no edificio Multiusos con capacidade para 40 persoas. Neste momento, esas dependencias nas que se encontra a sala de estudo, está en obras e pechada ao público polo que o goberno municipal decidiu converter a biblioteca en sala de estudo, como o propio concello anunciou publicamente nas redes sociais.
Para iso o goberno municipal acordou que a biblioteca actual non prestará servizos bibliotecarios e funcionará só como sala de estudo, impedindo o uso normal da biblioteca, deixando sen atender os outros usos da biblioteca e, polo tanto, sen realizar servizos de préstamo e/ou actividades culturais.
Con esta decisión, o goberno municipal “soluciona” a demanda das persoas que necesitan sala de estudo, pero deixa sen atender as demandas de servizos bibliotecarios do resto da poboación xa que se limitará durante meses (indican unha duración de 9 meses) os servizos que debe prestar unha biblioteca pública.
Bamad Galicia dirixiuse ao concello de Sanxenxo solicitando que se reconsidere esta situación e que en ningún caso se pechen os servizos bibliotecarios.
Reiteramos que as salas de estudo non son bibliotecas e non é nin o principal nin o único servizo que deben realizar as bibliotecas públicas. Un concello das dimensións de Sanxenxo non debe escudarse na existencia de outras bibliotecas municipais para pechar servizos, xa que é un concello que ten núcleos grandes ben diferenciados, sendo Portonovo, obxectivamente, o segundo núcleo poboacional do Concello, coa maior parte da súa poboación residente en meses fora da tempada turística, que nos meses de verán ve incrementada a súa poboación e polo tanto o número de persoas que atende.
Desta maneira vemos, como indica o II Mapa de Bibliotecas, que as bibliotecas están infradotadas 1
Datos 2024
Sanxenxo
Portonovo
Usuarios inscritos
3.857
2.368
Usuarios activos
461
410
Préstamos
6.698
6.750
Número de actividades realizadas pola biblioteca
14
35
Número de asistentes ás actividades
665
1.516
Número de visitantes anual
11.304
12.077
Promedio de visitas por persoal
5.652
12.077
Sinalamos en verde os indicadores nos que destaca cada unha das bibliotecas e vemos como a de Portonovo presenta nalgúns casos máis atención e servizos que a biblioteca central. O que 2










