• Nosotros
  • Publicidad
  • Contacto
  • Privacidad y Cookies
  • Aviso Legal
  • Iniciar sesión
  • Registrarse
Radio Líder
Radio
Anuncio
  • Portada
  • GALICIA
    • A Coruña
    • Lugo
    • Ourense
    • Pontevedra
  • EL CONFIDENCIAL
  • Cultura
  • Deportes
  • Economía
  • Opinión
  • Política
  • Sociedad
  • Sucesos
  • ESPECIALES
    • Gastronomía
    • Turismo
    • Mar y Costa
    • Rural
  • Podcasts
Sin resultados
Ver todos los resultados
  • Portada
  • GALICIA
    • A Coruña
    • Lugo
    • Ourense
    • Pontevedra
  • EL CONFIDENCIAL
  • Cultura
  • Deportes
  • Economía
  • Opinión
  • Política
  • Sociedad
  • Sucesos
  • ESPECIALES
    • Gastronomía
    • Turismo
    • Mar y Costa
    • Rural
  • Podcasts
Sin resultados
Ver todos los resultados
Radio Líder

Conmemoración do 90º aniversario da investidura na Cañiza de María Gómez como primeira alcaldesa democrática en Galicia

A FEGAMP e o Concello da Cañiza evocan a súa figura pioneira como alcaldesa para promover o recoñecemento das alcaldesas galegas como xestoras do cambio, e responsables directas de construír, dende o ámbito local, un mellor futuro.

David Por David
13/03/2026
en GALICIA
0
Conmemoración do 90º aniversario da investidura na Cañiza de María Gómez como primeira alcaldesa democrática en Galicia
FacebookXWhatsApp

Coincidindo co 90º aniversario da súa investidura como alcaldesa da Cañiza, a Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP) e o Concello da Cañiza celebraron hoxe un acto de homenaxe a María Gómez, primeira alcaldesa elixida democraticamente en Galicia.

O acto celebrouse no Salón de Plenos do Concello da Cañiza e contou coas intervencións de Luis Gómez Pina, alcalde local, e de María Barral, vicepresidenta executiva da FEGAMP e alcaldesa de Betanzos.

Abreu a quenda de intervencións o alcalde da Cañiza, Luis Gómez Pina, que salientou a figura pioneira de María Gómez como “unha muller que ocupa un lugar singular na historia política de Galicia, converténdose en marzo de 1936 na primeira alcaldesa democrática de Galicia.

“90 anos despois, seguir evocándoa e recoñecer que a memoria democrática tamén se constrúe dende os concellos, dende os espazos próximos e dende a lembranza das persoas que contribuíron a abrir camiños e a ampliar horizontes de liberdade” subliñou o alcalde da Cañiza, que tamén subliñou que “hoxe seguimos recoñecendo o legado de María Gómez por respecto e coa vontade de que permaneza vivo na memoria publica do noso municipio”.

Luis Gómez Pina rematou a súa intervención destacando que “actos como este sirvan para transmitir as novas xeracións que os avances democráticos nunca son definitivos, que deben ser coñecidos, valorados e coidados, e que cada xeración ten tamén a responsabilidade de seguir coidándoo”.

Na súa intervención, María Barral destacou que María Gómez foi alcaldesa “nun tempo moi difícil e tráxico, cun golpe de estado fascista e unha posterior represión atroz, que apenas permitiulle exercer como alcaldesa uns meses” sendo unha “efímera xestión como alcaldesa democrática que case lle custa a vida”.

María Gómez foi detida e procesada con outros 23 veciños da Cañiza polo bando franquista, e condenada a morte, aínda que, “afortunadamente, non foi fusilada e a súa condena foi conmutada por cadea perpetua” e, posteriormente, foi posta en liberdade condicional, trasladándose definitivamente a Lugo, resaltou a vicepresidenta da FEGAMP.

Para Barral “non pode estrañar que a primeira alcaldesa galega foise elixida hai 90 anos, xa que moi pouco antes, nas elección xerais de 1933 as mulleres puideron votar por primeira vez” polo que “tampouco pode estrañar que despois de 40 anos de ditadura franquista, nas primeiras eleccións municipais democráticas de 1979 só resultasen elixidas seis alcaldesas galegas, nos concellos de Cualedro, Petín, Ramirás, Verín, Sandiás e San Cibrao das Viñas” salientou.

A vicepresidenta da FEGAMP contextualizou que “hoxe, 90 anos despois da investidura da primeira alcaldesa democrática en Galicia, e 47 anos despois das primeiras eleccións locais posteriores á morte de Franco, en Galicia aínda somos so 70 alcaldesas nos 313 concellos galegos” e por isto “na conmemoración do 8 de Marzo de 2026, do Día Internacional das Mulleres, dende o municipalismo galego representado pola FEGAMP quixemos poñer o acento no labor imprescindible, e non sempre recoñecido, das mulleres como xestoras públicas”.

As alcaldesas “promovemos o noso recoñecemento como xestoras do cambio, responsables directas de construír, dende o ámbito local, un mellor futuro” porque somos “mulleres que traballamos nos ámbitos e funcións chave na xestión municipal, como a planificación de servizos, o deseño dos pobos e das cidades, a xestión económica, a contratación pública ou programando e prestando servizos á comunidade, como calquera home” precisou María Barral.

Rematou a súa intervención a vicepresidenta executiva da FEGAMP, lembrando “o reto que dende o municipalismo galego temos asumido de acadar a paridade nas corporacións e nas alcaldías galegas nas próximas eleccións en 2027”.

ShareTweetSend
Publicación anterior

O BNG esíxelle á Xunta unha devolución “xusta e transparente” ás comunidades de montes veciñais

Siguiente

Álavaro Carreras, gañador da Carabela de Prata ao mellor deportista do 2025

David

David

Relacionado Entradas

Álavaro Carreras, gañador da Carabela de Prata ao mellor deportista do 2025
#Destacado

Álavaro Carreras, gañador da Carabela de Prata ao mellor deportista do 2025

O BNG esíxelle á Xunta unha devolución “xusta e transparente” ás comunidades de montes veciñais
GALICIA

O BNG esíxelle á Xunta unha devolución “xusta e transparente” ás comunidades de montes veciñais

O Pazo da Cultura de Carballo acollerá o día 14 o II Festival de Bandas de Música
#Destacado

O Pazo da Cultura de Carballo acollerá o día 14 o II Festival de Bandas de Música

Unha Semana Santa máis, o fío converterase en arte na XXXV Mostra do Encaixe de Camariñas
#Destacado

Unha Semana Santa máis, o fío converterase en arte na XXXV Mostra do Encaixe de Camariñas

A Deputación impulsa a creación dunha nova senda ciclable na batería de Campelo, en Valdoviño
A Coruña

A Deputación impulsa a creación dunha nova senda ciclable na batería de Campelo, en Valdoviño

Correos activa el transporte de mochilas en Camino de Santiago a Muxía y Fisterra
GALICIA

Correos activa el transporte de mochilas en Camino de Santiago a Muxía y Fisterra

Siguiente
Álavaro Carreras, gañador da Carabela de Prata ao mellor deportista do 2025

Álavaro Carreras, gañador da Carabela de Prata ao mellor deportista do 2025

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Ahora al Aire

Oh My Hits En directo

Oh My Hits

16:00 - 19:00
A continuación: Fórmula Líder 19:00

Opinión

Matinal Líder con Antonio Lodeiro 10 de Marzo 2026
#Destacado

Matinal Líder con Antonio Lodeiro 10 de Marzo 2026

https://open.spotify.com/episode/0DUvbZc7TYqMymcWnETehd?si=f46f04891fdb4e8f

Leer másDetails
«Al Pan pan y al Vino vino» con Carlos Marcos

«Al Pan pan y al Vino vino» con Carlos Marcos

Síguenos en Redes Sociales

Programación de Hoy

Viernes 13/03/2026
  • Fórmula Líder
    00:00 - 08:00
    Fórmula Líder
  • Matinal Líder
    08:00 - 10:00
    Matinal Líder
    En directo
  • Líder local
    10:00 - 13:00
    Líder local
    En directo
  • Novedades del motor
    13:00 - 14:00
    Novedades del motor
    En directo
  • Líder express
    14:00 - 14:30
    Líder express
  • Fórmula Líder
    14:30 - 16:00
    Fórmula Líder
  • Oh My Hits
    16:00 - 19:00
    Oh My Hits Ahora
    En directo
  • Fórmula Líder
    19:00 - 20:00
    Fórmula Líder
  • Líder Express
    20:00 - 20:30
    Líder Express
  • Fórmula Líder
    20:30 - 23:59
    Fórmula Líder

Somos #Líder

Radio Líder

Medios Autonómicos De Radiodifusion Gallegos S.L.

Radio Líder es la primera red de emisoras independiente en el Norte de España. Fundada en el 2001 por el escritor y periodista Diego Bernal, el periodista Manuel Casal, la colaboración de Javier Sánchez de Dios y todas aquellas personas que han participado en la consolidación del proyecto.

El Confidencial

El Ayuntamiento de A Coruña no tiene un euro

El Ayuntamiento de A Coruña no tiene un euro

Inés Rey, alcaldesa de A Coruña, se escaquea como puede, no quiere reconocer que las arcas municipales están vacías, no...

Por Interés

Últimas

Álavaro Carreras, gañador da Carabela de Prata ao mellor deportista do 2025

Álavaro Carreras, gañador da Carabela de Prata ao mellor deportista do 2025

Conmemoración do 90º aniversario da investidura na Cañiza de María Gómez como primeira alcaldesa democrática en Galicia

Conmemoración do 90º aniversario da investidura na Cañiza de María Gómez como primeira alcaldesa democrática en Galicia

O BNG esíxelle á Xunta unha devolución “xusta e transparente” ás comunidades de montes veciñais

O BNG esíxelle á Xunta unha devolución “xusta e transparente” ás comunidades de montes veciñais

  • Nosotros
  • Publicidad
  • Contacto
  • Privacidad y Cookies
  • Aviso Legal

© 2026 Radio Líder - Desarrollado por Siete.Online.

!Bienvenido de Nuevo!

Inicie sesión en su cuenta

¿Contraseña olvidada? Registrarse

¡Crear Nueva Cuenta!

Rellena los siguientes campos del formulario para registrarte

Todos los campos son requeridos. Iniciar sesión

Recupere su contraseña

Por favor ingrese su nombre de usuario o dirección de correo electrónico para restablecer su contraseña.

Iniciar sesión
Selecciona una emisora
EN DIRECTO 0:00 / 0:00
Velocidad
Sin resultados
Ver todos los resultados
  • Portada
  • GALICIA
    • A Coruña
    • Lugo
    • Ourense
    • Pontevedra
  • EL CONFIDENCIAL
  • Cultura
  • Deportes
  • Economía
  • Opinión
  • Política
  • Sociedad
  • Sucesos
  • ESPECIALES
    • Gastronomía
    • Turismo
    • Mar y Costa
    • Rural
  • Podcasts

© 2026 Radio Líder - Desarrollado por Siete.Online.

Este sitio web utiliza cookies. Al continuar utilizando este sitio web, usted da su consentimiento para el uso de cookies. Visite nuestra Política de privacidad y cookies.