O 112 Galicia tivo constancia do suceso arredor das 19:30 horas, a través da chamada dun particular que alertaba da presenza dun home atrapado nun tractor nunha pista da parroquia de Posmarcos.
De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias 112 Galicia solicitouse a intervención dos Bombeiros de Ribeira e Boiro. Ademais, foron mobilizados o Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, axentes da Policía Local e da Garda Civil, así como efectivos de Protección Civil.
Unha vez finalizada a intervención, os equipos de emerxencia confirmaron que foi necesario excarcerar ao home, que posteriormente foi trasladado polo persoal sanitario ao Hospital do Barbanza.













