• Nosotros
  • Publicidad
  • Contacto
  • Privacidad y Cookies
  • Aviso Legal
  • Iniciar sesión
  • Registrarse
Radio Líder
Radio
Anuncio
  • Portada
  • GALICIA
    • A Coruña
    • Lugo
    • Ourense
    • Pontevedra
  • EL CONFIDENCIAL
  • Cultura
  • Deportes
  • Economía
  • Opinión
  • Política
  • Sociedad
  • Sucesos
  • ESPECIALES
    • Gastronomía
    • Turismo
    • Mar y Costa
    • Rural
  • Podcasts
Sin resultados
Ver todos los resultados
  • Portada
  • GALICIA
    • A Coruña
    • Lugo
    • Ourense
    • Pontevedra
  • EL CONFIDENCIAL
  • Cultura
  • Deportes
  • Economía
  • Opinión
  • Política
  • Sociedad
  • Sucesos
  • ESPECIALES
    • Gastronomía
    • Turismo
    • Mar y Costa
    • Rural
  • Podcasts
Sin resultados
Ver todos los resultados
Radio Líder

O branco e a elegancia unen á veterana Ana Cabranes e ao debutante Xoaquín Ruiz na pasarela de Grandes Deseñadores

A histórica deseñadora asturiana mantén a "ilusión intacta" e destaca a capacidade do encaixe de Camariñas para seguir revalorizándose e creando "formas imposibles"

David Por David
16/03/2026
en A Coruña
0
O branco e a elegancia unen á veterana Ana Cabranes e ao debutante Xoaquín Ruiz na pasarela de Grandes Deseñadores
FacebookXWhatsApp

A pasarela de Grandes Deseñadores da XXXV Mostra do Encaixe de Camariñas Deputación da Coruña acollerá nesta edición dúas propostas que, aínda que nacen de traxectorias vitais e profesionais moi diferentes, atopan un nexo común na pureza da cor branca, na elegancia e no respecto absoluto polo traballo das palilleiras. Son as coleccións da consagrada deseñadora Ana Cabranes e do talento emerxente Xoaquín Ruiz.

Para o deseñador andaluz afincado en Culleredo, Xoaquín Ruiz, esta trixésimo quinta edición supón a culminación dun soño e o peche dun ciclo perfecto dentro da propia Mostra. Tras comezar a súa andaina no certame de Noveis Deseñadores e pasar pola pasarela de Firma Emerxente, este ano debuta no cartel principal. «Para min é unha honra e unha gran responsabilidade. Empezar no concurso de Noveis foi un dos primeiros pasos dun soño que pouco a pouco foi tomando forma. Vía aos deseñadores e dicíame ‘eu teño que estar aí algún día’, e con constancia e esforzo aquí estou», confesa.

Neste sentido, Ruiz quixo mandarlles unha mensaxe aos mozos e mozas que este ano participan no concurso de Noveis: «Que gocen moitísimo do proceso, da experiencia e dos colegas que se coñecen en cada desfile. Que crean na súa propia personalidade á hora de crear moda, porque os soños cúmprense se os traballas con constancia».

Sobre a proposta que subirá á pasarela, o deseñador adianta que a colección xira en torno «á delicadeza dos detalles e á forza do artesán». Fiel á súa esencia, a súa creación destacará polos volumes e terá o branco como cor principal. «É unha colección onde Andalucía atópase con Galicia», subliña.

A reinvención e fidelidade de Ana Cabranes

Compartindo esa aposta estética pola luz e a cor branca estará Ana Cabranes, toda unha institución na Mostra do Encaixe, na que participa de forma ininterrompida dende hai máis de dúas décadas. A pesar da súa longa e exitosa traxectoria no evento, a deseñadora asegura afrontar esta edición «coa mesma ilusión».

Para Cabranes, a maxia de Camariñas reside en ver como, co paso do tempo, «o encaixe segue revalorizándose ano tras ano, para seguir conseguindo formas imposibles; é unha satisfacción incrible para min».

Preguntada polo segredo para manterse sempre na vangarda sen perder a súa esencia edición tras edición, a creadora teno claro: «Cada un ten o seu estilo persoal e, se queres ser fiel a el, sempre atopas a maneira de reinventarte e ver cada detalle como algo especial que non te cansas de ver e valorar».

Este ano, Ana Cabranes presentará unha colección cápsula que destaca por ter «moita luz e unha sensación de fusión do encaixe co ton, sendo todo un». Ao igual que Xoaquín Ruiz, a deseñadora apostará por esa cor inmaculada, buscando «o punto de elegancia e sinxeleza que ten o branco».

ShareTweetSend
Publicación anterior

A Feira do Queixo segue batindo récords de asistencia e confirma que o público que acode a Moeche “vén para comprar

Siguiente

O Concello de Ferrol investirá máis de 1,4 millóns na mellora da accesibilidade no barrio de Canido

David

David

Relacionado Entradas

A Deputación da Coruña apoia a creación do novo Espazo Audiovisual Mans para impulsar o emprendemento e a economía social
#Destacado

A Deputación da Coruña apoia a creación do novo Espazo Audiovisual Mans para impulsar o emprendemento e a economía social

A Deputación e a USC impulsan a exhumación e identificación de vítimas do franquismo nas fosas de Serantes (Ferrol), Boisaca (Santiago) e Beira (Carral)
A Coruña

A Deputación e a USC impulsan a exhumación e identificación de vítimas do franquismo nas fosas de Serantes (Ferrol), Boisaca (Santiago) e Beira (Carral)

Comeza a construción de 94 pisos protexidos promovidos polo Concello de Oleiros en Xaz

Álavaro Carreras, gañador da Carabela de Prata ao mellor deportista do 2025

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Ahora al Aire

Fórmula Líder

Fórmula Líder

20:30 - 23:59
Continuidad
A continuación: Fórmula Líder 00:00

Opinión

Matinal Líder con Antonio Lodeiro 10 de Marzo 2026
#Destacado

Matinal Líder con Antonio Lodeiro 10 de Marzo 2026

https://open.spotify.com/episode/0DUvbZc7TYqMymcWnETehd?si=f46f04891fdb4e8f

Leer másDetails
«Al Pan pan y al Vino vino» con Carlos Marcos

«Al Pan pan y al Vino vino» con Carlos Marcos

Síguenos en Redes Sociales

Programación de Hoy

Lunes 16/03/2026
  • Fórmula Líder
    00:00 - 08:00
    Fórmula Líder
  • Matinal Líder
    08:00 - 10:00
    Matinal Líder
    En directo
  • Líder local
    10:00 - 13:00
    Líder local
    En directo
  • 13:00 - 14:00
    Sesión vermut
  • Líder express
    14:00 - 14:30
    Líder express
  • Fórmula Líder
    14:30 - 16:00
    Fórmula Líder
  • Oh My Hits
    16:00 - 19:00
    Oh My Hits
    En directo
  • Fórmula Líder
    19:00 - 20:00
    Fórmula Líder
  • Líder Express
    20:00 - 20:30
    Líder Express
  • Fórmula Líder
    20:30 - 23:59
    Fórmula Líder Ahora

Somos #Líder

Radio Líder

Medios Autonómicos De Radiodifusion Gallegos S.L.

Radio Líder es la primera red de emisoras independiente en el Norte de España. Fundada en el 2001 por el escritor y periodista Diego Bernal, el periodista Manuel Casal, la colaboración de Javier Sánchez de Dios y todas aquellas personas que han participado en la consolidación del proyecto.

El Confidencial

El Ayuntamiento de A Coruña no tiene un euro

El Ayuntamiento de A Coruña no tiene un euro

Inés Rey, alcaldesa de A Coruña, se escaquea como puede, no quiere reconocer que las arcas municipales están vacías, no...

Por Interés

Últimas

La Semana Santa de Viveiro presenta su cartel para este 2026

La Semana Santa de Viveiro presenta su cartel para este 2026

A Deputación da Coruña apoia a creación do novo Espazo Audiovisual Mans para impulsar o emprendemento e a economía social

A Deputación da Coruña apoia a creación do novo Espazo Audiovisual Mans para impulsar o emprendemento e a economía social

A Deputación e a USC impulsan a exhumación e identificación de vítimas do franquismo nas fosas de Serantes (Ferrol), Boisaca (Santiago) e Beira (Carral)

A Deputación e a USC impulsan a exhumación e identificación de vítimas do franquismo nas fosas de Serantes (Ferrol), Boisaca (Santiago) e Beira (Carral)

  • Nosotros
  • Publicidad
  • Contacto
  • Privacidad y Cookies
  • Aviso Legal

© 2026 Radio Líder - Desarrollado por Siete.Online.

!Bienvenido de Nuevo!

Inicie sesión en su cuenta

¿Contraseña olvidada? Registrarse

¡Crear Nueva Cuenta!

Rellena los siguientes campos del formulario para registrarte

Todos los campos son requeridos. Iniciar sesión

Recupere su contraseña

Por favor ingrese su nombre de usuario o dirección de correo electrónico para restablecer su contraseña.

Iniciar sesión
Selecciona una emisora
EN DIRECTO 0:00 / 0:00
Velocidad
Sin resultados
Ver todos los resultados
  • Portada
  • GALICIA
    • A Coruña
    • Lugo
    • Ourense
    • Pontevedra
  • EL CONFIDENCIAL
  • Cultura
  • Deportes
  • Economía
  • Opinión
  • Política
  • Sociedad
  • Sucesos
  • ESPECIALES
    • Gastronomía
    • Turismo
    • Mar y Costa
    • Rural
  • Podcasts

© 2026 Radio Líder - Desarrollado por Siete.Online.

Este sitio web utiliza cookies. Al continuar utilizando este sitio web, usted da su consentimiento para el uso de cookies. Visite nuestra Política de privacidad y cookies.