• Nosotros
  • Publicidad
  • Contacto
  • Privacidad y Cookies
  • Aviso Legal
  • Iniciar sesión
  • Registrarse
Radio Líder
Radio
Anuncio
  • Portada
  • GALICIA
    • A Coruña
    • Lugo
    • Ourense
    • Pontevedra
  • EL CONFIDENCIAL
  • Cultura
  • Deportes
  • Economía
  • Opinión
  • Política
  • Sociedad
  • Sucesos
  • ESPECIALES
    • Gastronomía
    • Turismo
    • Mar y Costa
    • Rural
  • Podcasts
Sin resultados
Ver todos los resultados
  • Portada
  • GALICIA
    • A Coruña
    • Lugo
    • Ourense
    • Pontevedra
  • EL CONFIDENCIAL
  • Cultura
  • Deportes
  • Economía
  • Opinión
  • Política
  • Sociedad
  • Sucesos
  • ESPECIALES
    • Gastronomía
    • Turismo
    • Mar y Costa
    • Rural
  • Podcasts
Sin resultados
Ver todos los resultados
Radio Líder

O Plan Único acumula 150,6 millóns de euros e 764 obras nas comarcas de Bergantiños e Costa da Morte desde a súa creación

David Por David
26/02/2026
en A Coruña
0
O Plan Único acumula 150,6 millóns de euros e 764 obras nas comarcas de Bergantiños e Costa da Morte desde a súa creación
FacebookXWhatsApp

A Deputación da Coruña inicia o exercicio 2026 cun investimento de 15.250.837,43 euros nos concellos da comarca de Bergantiños a través do Plan Único (POS+2026), que beneficiará aos 16 municipios do territorio.

O presidente da Deputación, Valentín González Formoso, e a deputada de Plans, Cristina García, visitaron hoxe o Concello de Carballo, onde foron recibidos polo alcalde, Daniel Pérez, e o vicepresidente provincial e concelleiro na localidade, Xosé Regueira. A visita serviu para facer balance do impacto do Plan Único no municipio anfitrión e no conxunto da comarca.

Formoso destacou que o POS+ tense consolidado como o principal instrumento de cooperación económica cos concellos, permitindo que cada municipio decida con plena autonomía o destino dos fondos, xa sexa para financiar obras, reforzar servizos municipais ou impulsar políticas sociais. “Falamos de investimentos en abastecemento e saneamento, mellora de estradas e espazos públicos, iluminación, equipamentos ou servizos básicos, pero tamén de garantir o funcionamento diario dos servizos municipais e atender ás persoas que máis o precisan”, afirmou.

O presidente subliñou tamén o impacto económico e laboral deste esforzo inversor. O Plan Único non só mellora infraestruturas e servizos, senón que actúa como un motor de actividade económica no territorio, xerando emprego nas empresas locais de construción, servizos e subministracións, fixando poboación e “contribuíndo á dinamización da economía das nosas vilas e concellos”, sinalou o presidente, que lembrou que cada millón de euros investido en obras apoia o mantemento ou creación de 17 empregos.

Formoso lembrou ademais que o investimento do Plan Único só nos concellos da provincia “chegou á cantidade récord de 138 millóns o ano pasado, superando en 20 millóns ao que a Xunta de Galicia destina ao todos os municipios galegos” e reiterou a necesidade de incrementar ata un mínimo de 200 millóns de euros o Fondo Galego de Cooperación Local.

Carballo, o concello que máis fondos recibe do POS+

Desde a súa creación en 2017, o Plan Único leva mobilizados 150.617.016,01 euros nos concellos de Bergantiños e Costa da Morte, cos que se financiaron 764 obras e numerosos servizos municipais e programas sociais.

Carballo é, ademais, o concello que maior financiamento recibe do Plan Único en toda a provincia da Coruña: 2,4 millóns de euros iniciais este ano e preto de 25 millóns acumulados. Formoso explicou que a distribución dos fondos realízase en base a criterios obxectivos e transparentes, como a poboación, a superficie do termo municipal, o número de parroquias ou o esforzo fiscal de cada concello. “A propia configuración territorial e demográfica de Carballo fai que sexa o municipio que maior achega recibe dos 93 da provincia, o que demostra que o POS+ non responde a decisións políticas ou discrecionais, senón a un sistema xusto que garante un reparto equitativo dos recursos”, sinalou o presidente

A deputada de Plans, Cristina García, subliñou que o POS+ “da total autonomía aos concellos”, un feito diferencial respecto dos “plans finalistas, eses que chegaban desde arriba con proxectos xá decididos. Nós apostamos por unha autonomía municipal real”.

Por outra banda, a deputada enfatizou que o Plan Unico lles permite “subsistir” aos municipios “nun momento no que o sistema de financiamento está a piques de colapsar, no que aos concellos cada vez lles custa máis manter servizos ou incluso confeccionar os seus propios orzamentos con garantías”. García incidiu tamén no impacto económico do plan como xerador de emprego e actividade económica para as empresas grazas ao seu elevado investimento.

Pola súa banda, o alcalde de Carballo, Daniel Pérez, incidiu tamén en como o actual sistema de financiamento limita a capacidade inversora dos municipios. “Asumimos moitas competencias impropias, como o servizo de axuda no fogar”, afirmou o rexedor, que apuntou que fronte á discrecionalidade no reparto de fondos doutros sistemas, “o Plan Único dalle a cada concello o que lle corresponde”.

Pérez destacou que Carballo destinará este ano boa parte do POS+ a gasto corrente e que os investimentos céntranse sobre todo en mellorar servizos básicos no rural. Neste sentido, repasou algunhas das obras de mellora de redes de saneamento, abastecemento ou camiños municipais levadas a cabo en lugares e parroquias do municipio como Goiáns, Artes, Ardende ou Rus financiadas co Plan Único da Deputación.

Ao remate da visita ao Concello, visitaron as obras – xa rematadas- do acondicionamento do campo da festa de Artes, no contorno da igrexa, que supuxo un investimento de preto de 150.000 euros. A actuación transformou un terreo en malas condicións, con desniveis e problemas de drenaxe, nunha gran praza pública adecuada para eventos e uso veciñal. Ademáis da urbanización branda do espazo e instalación de mobiliario urbano e xardínería, as obras incluiron a dotación de servizos básicos como a nova rede de abastecemento de auga ou a canalización para o soterramento da rede eléctrica.

 

Investimentos do Plan Único na comarca de Bergantiños

Cabana de Bergantiños
POS+ 2026: 838.427,28 €
Total 2017-2026: 8.503.112,81 €
Número de obras: 40

Camariñas
POS+ 2026: 623.379,44 €
Total 2017-2026: 6.437.529,04 €
Número de obras: 39

Carballo
POS+ 2026: 2.466.262,75 €
Total 2017-2026: 24.738.757,47 €
Número de obras: 55

Cee
POS+ 2026: 782.490,93 €
Total 2017-2026: 7.177.957,60 €
Número de obras: 57

Cerceda
POS+ 2026: 895.559,33 €
Total 2017-2026: 9.366.165,24 €
Número de obras: 64

Corcubión
POS+ 2026: 256.737,55 €
Total 2017-2026: 2.411.277,67 €
Número de obras: 25

Coristanco
POS+ 2026: 1.136.650,09 €
Total 2017-2026: 11.312.555,21 €
Número de obras: 38

Dumbría
POS+ 2026: 861.376,75 €
Total 2017-2026: 8.808.809,64 €
Número de obras: 59

Fisterra
POS+ 2026: 496.556,14 €
Total 2017-2026: 4.967.103,05 €
Número de obras: 38

A Laracha
POS+ 2026: 1.301.895,66 €
Total 2017-2026: 13.243.727,05 €
Número de obras: 74

Laxe
POS+ 2026: 494.240,11 €
Total 2017-2026: 4.786.152,68 €
Número de obras: 29

Malpica de Bergantiños
POS+ 2026: 709.891,90 €
Total 2017-2026: 6.890.981,10 €
Número de obras: 49

Muxía
POS+ 2026: 999.530,35 €
Total 2017-2026: 9.458.798,80 €
Número de obras: 53

Ponteceso
POS+ 2026: 925.351,10 €
Total 2017-2026: 8.964.008,23 €
Número de obras: 27

Vimianzo
POS+ 2026: 1.398.842,08 €
Total 2017-2026: 13.798.835,91 €
Número de obras: 70

Zas
POS+ 2026: 1.063.645,97 €
Total 2017-2026: 9.751.244,51 €
Número de obras: 47

Total comarca Bergantiños-Costa da Morte
POS+ 2026: 15.250.837,43 €
Total 2017-2026: 150.617.016,01 €
Número de obras: 764

ShareTweetSend
Publicación anterior

O Concello de Camariñas nomeará ao recoñecido locutor Marcial Mouzo como fillo predilecto

David

David

Relacionado Entradas

O Concello de Camariñas nomeará ao recoñecido locutor Marcial Mouzo como fillo predilecto
A Coruña

O Concello de Camariñas nomeará ao recoñecido locutor Marcial Mouzo como fillo predilecto

A Feira das Oportunidades de Carballo celebra a súa maioría de idade con máis de 1.500 metros cadrados de actividade comercial
A Coruña

A Feira das Oportunidades de Carballo celebra a súa maioría de idade con máis de 1.500 metros cadrados de actividade comercial

A Deputación inviste máis de 800.000 euros na mellora integral do firme da estrada de Burricios a Pena de Martín, en Oza-Cesuras
A Coruña

A Deputación inviste máis de 800.000 euros na mellora integral do firme da estrada de Burricios a Pena de Martín, en Oza-Cesuras

A Deputación da Coruña financia a contratación de técnicos deportivos en 66 concellos da provincia
A Coruña

A Deputación da Coruña financia a contratación de técnicos deportivos en 66 concellos da provincia

Moeche acoge la VIII Feira do Queixo este 15 de marzo
A Coruña

Moeche acoge la VIII Feira do Queixo este 15 de marzo

A Deputación da Coruña organiza unha xornada para analizar a brecha de xénero no deporte no marco do 8M
A Coruña

A Deputación da Coruña organiza unha xornada para analizar a brecha de xénero no deporte no marco do 8M

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Ahora al Aire

Fórmula Líder

Fórmula Líder

00:00 - 08:00
Continuidad
A continuación: Matinal Líder 08:00

Opinión

«Al Pan pan y al Vino vino» con Carlos Marcos
Opinión

«Al Pan pan y al Vino vino» con Carlos Marcos

Reflexión semanal sobre la actualidad,del comunicador y político Carlos Marcos.  

Leer másDetails

Síguenos en Redes Sociales

Programación de Hoy

Viernes 27/02/2026
  • Fórmula Líder
    00:00 - 08:00
    Fórmula Líder Ahora
  • Matinal Líder
    08:00 - 10:00
    Matinal Líder
    En directo
  • Líder local
    10:00 - 13:00
    Líder local
    En directo
  • Novedades del motor
    13:00 - 14:00
    Novedades del motor
    En directo
  • Líder express
    14:00 - 14:30
    Líder express
  • Fórmula Líder
    14:30 - 16:00
    Fórmula Líder
  • Oh My Hits
    16:00 - 19:00
    Oh My Hits
    En directo
  • Fórmula Líder
    19:00 - 20:00
    Fórmula Líder
  • Líder Express
    20:00 - 20:30
    Líder Express
  • Fórmula Líder
    20:30 - 23:59
    Fórmula Líder

Somos #Líder

Radio Líder

Medios Autonómicos De Radiodifusion Gallegos S.L.

Radio Líder es la primera red de emisoras independiente en el Norte de España. Fundada en el 2001 por el escritor y periodista Diego Bernal, el periodista Manuel Casal, la colaboración de Javier Sánchez de Dios y todas aquellas personas que han participado en la consolidación del proyecto.

El Confidencial

Antonio Castelo le disputó a Concha Pombo la Dirección General de la radio y televisión de Galicia

Antonio Castelo le disputó a Concha Pombo la Dirección General de la radio y televisión de Galicia

La salida de Sánchez Izquierdo de la dirección de la CRTVG brindaba una oportunidad de oro para cambiar el modelo...

Por Interés

Últimas

O Plan Único acumula 150,6 millóns de euros e 764 obras nas comarcas de Bergantiños e Costa da Morte desde a súa creación

O Plan Único acumula 150,6 millóns de euros e 764 obras nas comarcas de Bergantiños e Costa da Morte desde a súa creación

O Concello de Camariñas nomeará ao recoñecido locutor Marcial Mouzo como fillo predilecto

O Concello de Camariñas nomeará ao recoñecido locutor Marcial Mouzo como fillo predilecto

O municipalismo galego reivindica o labor das mulleres como xestoras do público e do emprendemento

O municipalismo galego reivindica o labor das mulleres como xestoras do público e do emprendemento

  • Nosotros
  • Publicidad
  • Contacto
  • Privacidad y Cookies
  • Aviso Legal

© 2026 Radio Líder - Desarrollado por Siete.Online.

!Bienvenido de Nuevo!

Inicie sesión en su cuenta

¿Contraseña olvidada? Registrarse

¡Crear Nueva Cuenta!

Rellena los siguientes campos del formulario para registrarte

Todos los campos son requeridos. Iniciar sesión

Recupere su contraseña

Por favor ingrese su nombre de usuario o dirección de correo electrónico para restablecer su contraseña.

Iniciar sesión
Selecciona una emisora
EN DIRECTO 0:00 / 0:00
Velocidad
Sin resultados
Ver todos los resultados
  • Portada
  • GALICIA
    • A Coruña
    • Lugo
    • Ourense
    • Pontevedra
  • EL CONFIDENCIAL
  • Cultura
  • Deportes
  • Economía
  • Opinión
  • Política
  • Sociedad
  • Sucesos
  • ESPECIALES
    • Gastronomía
    • Turismo
    • Mar y Costa
    • Rural
  • Podcasts

© 2026 Radio Líder - Desarrollado por Siete.Online.

Este sitio web utiliza cookies. Al continuar utilizando este sitio web, usted da su consentimiento para el uso de cookies. Visite nuestra Política de privacidad y cookies.