• Nosotros
  • Publicidad
  • Contacto
  • Privacidad y Cookies
  • Aviso Legal
  • Iniciar sesión
  • Registrarse
Radio Líder
Radio
Anuncio
  • Portada
  • GALICIA
    • A Coruña
    • Lugo
    • Ourense
    • Pontevedra
  • EL CONFIDENCIAL
  • Cultura
  • Deportes
  • Economía
  • Opinión
  • Política
  • Sociedad
  • Sucesos
  • ESPECIALES
    • Gastronomía
    • Turismo
    • Mar y Costa
    • Rural
  • Podcasts
Sin resultados
Ver todos los resultados
  • Portada
  • GALICIA
    • A Coruña
    • Lugo
    • Ourense
    • Pontevedra
  • EL CONFIDENCIAL
  • Cultura
  • Deportes
  • Economía
  • Opinión
  • Política
  • Sociedad
  • Sucesos
  • ESPECIALES
    • Gastronomía
    • Turismo
    • Mar y Costa
    • Rural
  • Podcasts
Sin resultados
Ver todos los resultados
Radio Líder

Pedro Blanco remarca que o Goberno está preparado “para que Galicia viva o momento histórico da Eclipse sen sobresaltos

David Por David
25/02/2026
en GALICIA
0
Pedro Blanco remarca que o Goberno está preparado “para que Galicia viva o momento histórico da Eclipse sen sobresaltos
FacebookXWhatsApp

O delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco, remarcou hoxe na Coruña que o Goberno está preparado “para que Galicia viva o momento histórico da Eclipse sen sobresaltos, con todas as garantías para a poboación e o territorio”. Pedro Blanco presidiu na Coruña unha reunión de coordinación na que participaron responsables de todos os organismos da Administración Xeral do Estado que están vinculados aos retos que implica o operativo ao redor dun fenómeno astronómico que non se ve na Península Ibérica desde hai máis de 120 anos.

Pedro Blanco detallou os principais desafíos que ten o Goberno de cara a esta Eclipse, que é a primeira das tres que se verán desde España nos próximos anos e que foron bautizados como ‘Trío de Eclipses 2026-2027-2028’. Así, o delegado citou cinco ámbitos prioritarios: a mobilidade e o tráfico, a seguridade e a protección civil e do medio natural, a saúde pública, a sensibilización e información, e a coordinación.

“O Goberno prevé o desprazamento de 10 millóns de persoas cara os lugares de España nos que se verá a eclipse de maneira completa e unha gran parte dese movemento terá como destino Galicia”, lembrou o delegado. O 12 de agosto, Galicia será un lugar único en España para ver a eclipse posto que se producirá no entre lusco e fusco, antes da posta da sol: “isto converte a Galicia nun punto de visualización prioritario para as persoas amantes destes fenómenos, sobre todo o litoral central e norte da provincia da Coruña e A Mariña de Lugo”, engadiu Pedro Blanco.

Asistentes

A reunión congregou a representantes en Galicia dos departamentos vinculados ao operativo: AEMET, CSIC, IGN, Tráfico, Garda Civil e Sector de Tráfico, Policía Nacional, Protección Civil, Telecomunicacións, Renfe e Adif, Marina Mercante e Demarcación de Estradas.

Trío de Eclipses

O coñecido como Trío de Eclipses é un fenómeno astronómico extraordinario que se poderá ver desde España e captará a atención da comunidade científica, así como do conxunto da cidadanía e provocará a chegada de turistas de todo o mundo. Implicará previsiblemente desprazamentos masivos e afluencia de centenares de miles de persoas aos puntos onde as eclipses poderanse ver como totais, o que supón desafíos loxísticos e de seguridade para as administracións públicas.

Para preparar estes operativos, o Goberno constituíu o pasado ano a Comisión Interministerial para a preparación, organización e coordinación de actuacións relacionadas co chamado Trío de Eclipses 2026-2027-2028 na que participan 13 departamentos ministeriais e que xa celebrou varias reunións (a última a principios deste mes de febreiro). Derivada desta Comisión existen xa cinco grupos de traballo específicos que están traballando e nos que a Delegación do Goberno en Galicia participa a través de representantes.

Eclipse do 12 de agosto

A primeira do Trío de Eclipses será unha eclipse total de sol que se producirá na tarde do 12 de agosto. Os organismos expertos sinalan a súa excepcionalidade pois España será o único territorio habitado onde se poderá observar.

En Galicia, segundo os datos do Instituto Xeográfico Nacional (IGN), un 56,3% do territorio galego poderá ver a eclipse total, unha porcentaxe que supera o 98% na provincia de Lugo. A provincia que terá menos porcentaxe de visualización completa será Pontevedra cun 9,5% do territorio dentro da franxa de totalidade.

O primeiro lugar de Galicia onde se verá a eclipse total será o Cabo de Estaca de Bares, no municipio coruñés de Mañón. Pola contra, o último lugar de Galicia onde se verá a eclipse total será no municipio da Veiga, na fronteira co municipio de Porto en Zamora.

En canto á duración, a fase de eclipse total oscilará entre os 9 segundos e o minuto e 49 segundos na zona da Mariña de Lugo.

Na web https://eclipses.ign.es/ pódese acceder a un visualizador que nos indica os principais parámetros deste fenómeno en cada punto do territorio así como información científica, recursos e materiais divulgativos así como consellos para unha correcta visualización.

 

Eclipse
11:38
Audio
ShareTweetSend
Publicación anterior

El 65% de los españoles duda de si cobra menos que sus compañeros en roles similares, aumentando la desconfianza generalizada

Siguiente

El MITECO adjudica 928 MW de acceso la red eléctrica a grandes proyectos industriales, ligados a una inversión superior a 3.000 millones

David

David

Relacionado Entradas

A Deputación de Pontevedra aportará 600.000 € para a construción da gran praza de Lalín
#Destacado

A Deputación de Pontevedra aportará 600.000 € para a construción da gran praza de Lalín

A Deputación de A Coruña e o Concello de Arteixo formalizan a entrega do novo parque de bombeiros de Morás
#Destacado

A Deputación de A Coruña e o Concello de Arteixo formalizan a entrega do novo parque de bombeiros de Morás

Ferrol reforza o corpo de Bombeiros con 13 novas incorporacións e acada os 50 efectivos
#Destacado

Ferrol reforza o corpo de Bombeiros con 13 novas incorporacións e acada os 50 efectivos

VOX presenta alegaciones a la Zona de Bajas Emisiones de Lugo
#Destacado

VOX presenta alegaciones a la Zona de Bajas Emisiones de Lugo

Renfe garantiza la movilidad de los viajeros durante las obras de Adif en la estación de A Coruña con un plan alternativo de transporte
#Destacado

Renfe modifica el servicio entre Ourense, Monforte y Lugo por trabajos de mejora en la infraestructura

O Concello de Vimianzo impulsa a segunda edición de “Alza Voz de Muller”
#Destacado

O Concello de Vimianzo impulsa a segunda edición de “Alza Voz de Muller”

Siguiente
El MITECO adjudica 928 MW de acceso la red eléctrica a grandes proyectos industriales, ligados a una inversión superior a 3.000 millones

El MITECO adjudica 928 MW de acceso la red eléctrica a grandes proyectos industriales, ligados a una inversión superior a 3.000 millones

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Ahora al Aire

Fórmula Líder

Fórmula Líder

00:00 - 08:00
Continuidad
A continuación: Matinal Líder 08:00

Opinión

Matinal Líder con Antonio Lodeiro 10 de Marzo 2026
#Destacado

Matinal Líder con Antonio Lodeiro 10 de Marzo 2026

https://open.spotify.com/episode/0DUvbZc7TYqMymcWnETehd?si=f46f04891fdb4e8f

Leer másDetails
«Al Pan pan y al Vino vino» con Carlos Marcos

«Al Pan pan y al Vino vino» con Carlos Marcos

Síguenos en Redes Sociales

Programación de Hoy

Lunes 13/04/2026
  • Fórmula Líder
    00:00 - 08:00
    Fórmula Líder Ahora
  • Matinal Líder
    08:00 - 10:00
    Matinal Líder
    En directo
  • Líder local
    10:00 - 13:00
    Líder local
    En directo
  • 13:00 - 14:00
    Sesión vermut
  • Líder express
    14:00 - 14:30
    Líder express
  • Fórmula Líder
    14:30 - 16:00
    Fórmula Líder
  • Oh My Hits
    16:00 - 19:00
    Oh My Hits
    En directo
  • Fórmula Líder
    19:00 - 20:00
    Fórmula Líder
  • Líder Express
    20:00 - 20:30
    Líder Express
  • Fórmula Líder
    20:30 - 23:59
    Fórmula Líder

Somos #Líder

Radio Líder

Medios Autonómicos De Radiodifusion Gallegos S.L.

Radio Líder es la primera red de emisoras independiente en el Norte de España. Fundada en el 2001 por el escritor y periodista Diego Bernal, el periodista Manuel Casal, la colaboración de Javier Sánchez de Dios y todas aquellas personas que han participado en la consolidación del proyecto.

El Confidencial

¿Por qué a los políticos les toca la lotería con tanta frecuencia?

¿Por qué a los políticos les toca la lotería con tanta frecuencia?

Hay a quien le llegó a tocar hasta en siete ocasiones. Se llama Carlos Fabra y presidió la diputación de...

Por Interés

Últimas

A Deputación de Pontevedra aportará 600.000 € para a construción da gran praza de Lalín

A Deputación de Pontevedra aportará 600.000 € para a construción da gran praza de Lalín

A Deputación de A Coruña e o Concello de Arteixo formalizan a entrega do novo parque de bombeiros de Morás

A Deputación de A Coruña e o Concello de Arteixo formalizan a entrega do novo parque de bombeiros de Morás

Ferrol reforza o corpo de Bombeiros con 13 novas incorporacións e acada os 50 efectivos

Ferrol reforza o corpo de Bombeiros con 13 novas incorporacións e acada os 50 efectivos

  • Nosotros
  • Publicidad
  • Contacto
  • Privacidad y Cookies
  • Aviso Legal

© 2026 Radio Líder - Desarrollado por Siete.Online.

!Bienvenido de Nuevo!

Inicie sesión en su cuenta

¿Contraseña olvidada? Registrarse

¡Crear Nueva Cuenta!

Rellena los siguientes campos del formulario para registrarte

Todos los campos son requeridos. Iniciar sesión

Recupere su contraseña

Por favor ingrese su nombre de usuario o dirección de correo electrónico para restablecer su contraseña.

Iniciar sesión
Selecciona una emisora
EN DIRECTO 0:00 / 0:00
Velocidad
Sin resultados
Ver todos los resultados
  • Portada
  • GALICIA
    • A Coruña
    • Lugo
    • Ourense
    • Pontevedra
  • EL CONFIDENCIAL
  • Cultura
  • Deportes
  • Economía
  • Opinión
  • Política
  • Sociedad
  • Sucesos
  • ESPECIALES
    • Gastronomía
    • Turismo
    • Mar y Costa
    • Rural
  • Podcasts

© 2026 Radio Líder - Desarrollado por Siete.Online.

Este sitio web utiliza cookies. Al continuar utilizando este sitio web, usted da su consentimiento para el uso de cookies. Visite nuestra Política de privacidad y cookies.