• Nosotros
  • Publicidad
  • Contacto
  • Privacidad y Cookies
  • Aviso Legal
  • Iniciar sesión
  • Registrarse
Radio Líder
Radio
Anuncio
  • Portada
  • GALICIA
    • A Coruña
    • Lugo
    • Ourense
    • Pontevedra
  • EL CONFIDENCIAL
  • Cultura
  • Deportes
  • Economía
  • Opinión
  • Política
  • Sociedad
  • Sucesos
  • ESPECIALES
    • Gastronomía
    • Turismo
    • Mar y Costa
    • Rural
  • Podcasts
Sin resultados
Ver todos los resultados
  • Portada
  • GALICIA
    • A Coruña
    • Lugo
    • Ourense
    • Pontevedra
  • EL CONFIDENCIAL
  • Cultura
  • Deportes
  • Economía
  • Opinión
  • Política
  • Sociedad
  • Sucesos
  • ESPECIALES
    • Gastronomía
    • Turismo
    • Mar y Costa
    • Rural
  • Podcasts
Sin resultados
Ver todos los resultados
Radio Líder

166 novos gardas civís en prácticas para Galicia

Anima aos gardas civís en prácticas a exercer a súa función “con vocación de servizo público, respecto e compromiso co pobo galego”

David Por David
29/06/2026
en #Destacado, GALICIA
0
166 novos gardas civís en prácticas para Galicia
FacebookXWhatsApp

O delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco, salientou en Ames o reforzo dos 166 gardas civís en prácticas que consolidarán a posición de Galicia como a segunda Comunidade máis segura de España. O delegado deu a benvida ás novas e novos efectivos en prácticas cos que contará este corpo de seguridade en Galicia nun acto de presentación celebrado no Pazo da Peregrina, no que estivo acompañado polo coronel xefe da Comandancia de Lugo e xefe interino da Zona 15 da Garda Civil, Luis Germán Avilés Cabrera, polo alcalde de Ames, Blas García, e polo subdelegado do Goberno na Coruña, Julio Abalde.

Na súa intervención, Pedro Blanco destacou o papel que desenvolve a Garda Civil en Galicia e que representa “o seu espírito de servizo público, compromiso e proximidade”. “Nun territorio complexo e variado, con realidades moi diversas, a Garda Civil é clave para vertebrar o territorio, para protexer á poboación e para reforzar a confianza da cidadanía nas institucións”, subliñou.

Neste sentido, o delegado agradeceu o labor dos máis de 5.000 axentes da Garda Civil en Galicia “cuxa presenza é fundamental para garantir a igualdade de dereitos e oportunidades para todos os galegos e galegas, vivan onde vivan”, un feito que, lembrou, “é amplamente apreciado pola nosa cidadanía”. Ao mesmo tempo, destacou que “a súa profesionalidade elevou o índice de eficacia policial á mellor cifra da última década”.

Pedro Blanco fixo fincapé no reforzo de efectivos que está a realizar o Goberno nas Forzas e Corpos de Seguridade do Estado, cunha promoción que é a máis numerosa dos últimos anos, ao superar amplamente as 3.000 prazas e destacou que a seguinte convocatoria será aínda maior, converténdose na máis ampla dos últimos 18 anos, cun 4 % máis de prazas.

O delegado salientou que a aposta do Ministerio do Interior pola seguridade non se limita ao incremento dos cadros de persoal, senón que tamén se traduce no impulso de novas instalacións e na mellora dos recursos materiais, o que repercute directamente nas condicións de traballo dos e das axentes, “que visten un uniforme que representa valores que transcenden o tempo: lealdade, integridade e servizo”.

Pedro Blanco tamén tivo palabras de agradecemento para o Concello de Ames e para o seu alcalde, Blas García, pola acollida dispensada e pola colaboración, destacando a súa a disposición para acoller iniciativas que contribúen a achegar o labor da Garda Civil e das institucións á cidadanía.

Con esta nova incorporación de alumnado en prácticas, Galicia suma 166 novos efectivos: 69 na Coruña, 37 en Pontevedra, 31 en Ourense e 29 en Lugo. Este volume de incorporacións reflicte un notable incremento no reforzo do persoal territorial con respecto ao ano 2025, período no que se destinaron 114 alumnos á Galicia. Pedro Blanco animounos a exercer a súa función “con vocación de servizo público, respecto e compromiso co pobo galego”.

ShareTweetSend
Publicación anterior

Xuventude abre as inscricións para a programación gratuíta de actividades de verán para mozos e mozas

Siguiente

Culleredo inicia los campamentos de verano con deportes acuáticos y alternativos

David

David

Relacionado Entradas

Medalla de Ouro de Galicia 2026 para catro mulleres
#Destacado

Medalla de Ouro de Galicia 2026 para catro mulleres

Abren ao tráfico os novos 3,5 quilómetros entre A Ramallosa e Pontevea, no municipio de Teo
#Destacado

Abren ao tráfico os novos 3,5 quilómetros entre A Ramallosa e Pontevea, no municipio de Teo

O Concello de Lugo reforza Tarde Tardiña que se desenvolverá en agosto e setembro
#Destacado

O Concello de Lugo reforza Tarde Tardiña que se desenvolverá en agosto e setembro

Zona Franca investirá 90,9 millóns de euros en Vigo en 2027
#Destacado

Zona Franca investirá 90,9 millóns de euros en Vigo en 2027

Diversidad cultural y música tradicional en el 2º Festival Evangélico en el Auditorio Municipal
Ourense

Diversidad cultural y música tradicional en el 2º Festival Evangélico en el Auditorio Municipal

Localizan el cuerpo sin vida del bañista desaparecido el pasado domingo en el río Miño
#Destacado

Localizan el cuerpo sin vida del bañista desaparecido el pasado domingo en el río Miño

Siguiente
Culleredo inicia los campamentos de verano con deportes acuáticos y alternativos

Culleredo inicia los campamentos de verano con deportes acuáticos y alternativos

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Ahora al Aire

Líder local En directo

Líder local

10:00 - 13:00
Conexión Local
A continuación: Sesión vermut 13:00

Opinión

Cantón Grande de A Coruña: una reforma que divide a la ciudad por la falta de árboles y el exceso de cemento
#Destacado

Cantón Grande de A Coruña: una reforma que divide a la ciudad por la falta de árboles y el exceso de cemento

La transformación del Cantón Grande de A Coruña avanza a buen ritmo, pero también lo hace el debate ciudadano. Lo...

Leer másDetails
Galicia cambia de pista: el declive de las verbenas frente al auge de los festivales

Galicia cambia de pista: el declive de las verbenas frente al auge de los festivales

Síguenos en Redes Sociales

Programación de Hoy

Miércoles 22/07/2026
  • Fórmula Líder
    00:00 - 08:00
    Fórmula Líder
  • Matinal Líder
    08:00 - 10:00
    Matinal Líder
    En directo
  • Líder local
    10:00 - 13:00
    Líder local Ahora
    En directo
  • 13:00 - 14:00
    Sesión vermut
  • Líder express
    14:00 - 14:30
    Líder express
  • Fórmula Líder
    14:30 - 16:00
    Fórmula Líder
  • Oh My Hits
    16:00 - 19:00
    Oh My Hits
    En directo
  • Fórmula Líder
    19:00 - 20:00
    Fórmula Líder
  • Líder Express
    20:00 - 20:30
    Líder Express
  • Fórmula Líder
    20:30 - 23:59
    Fórmula Líder

Somos #Líder

Radio Líder

Medios Autonómicos De Radiodifusion Gallegos S.L.

Radio Líder es la primera red de emisoras independiente en el Norte de España. Fundada en el 2001 por el escritor y periodista Diego Bernal, el periodista Manuel Casal, la colaboración de Javier Sánchez de Dios y todas aquellas personas que han participado en la consolidación del proyecto.

El Confidencial

Miguel Lorenzo sería hoy alcalde de A Coruña

Miguel Lorenzo sería hoy alcalde de A Coruña

Miguel Lorenzo, impulsado por la decadencia que vive la ciudad de A Coruña y la corrupción del PSOE, está ya...

Por Interés

Últimas

Medalla de Ouro de Galicia 2026 para catro mulleres

Medalla de Ouro de Galicia 2026 para catro mulleres

Abren ao tráfico os novos 3,5 quilómetros entre A Ramallosa e Pontevea, no municipio de Teo

Abren ao tráfico os novos 3,5 quilómetros entre A Ramallosa e Pontevea, no municipio de Teo

O Concello de Lugo reforza Tarde Tardiña que se desenvolverá en agosto e setembro

O Concello de Lugo reforza Tarde Tardiña que se desenvolverá en agosto e setembro

  • Nosotros
  • Publicidad
  • Contacto
  • Privacidad y Cookies
  • Aviso Legal

© 2026 Radio Líder - Desarrollado por Siete.Online.

!Bienvenido de Nuevo!

Inicie sesión en su cuenta

¿Contraseña olvidada? Registrarse

¡Crear Nueva Cuenta!

Rellena los siguientes campos del formulario para registrarte

Todos los campos son requeridos. Iniciar sesión

Recupere su contraseña

Por favor ingrese su nombre de usuario o dirección de correo electrónico para restablecer su contraseña.

Iniciar sesión
Selecciona una emisora
EN DIRECTO 0:00 / 0:00
Velocidad
Sin resultados
Ver todos los resultados
  • Portada
  • GALICIA
    • A Coruña
    • Lugo
    • Ourense
    • Pontevedra
  • EL CONFIDENCIAL
  • Cultura
  • Deportes
  • Economía
  • Opinión
  • Política
  • Sociedad
  • Sucesos
  • ESPECIALES
    • Gastronomía
    • Turismo
    • Mar y Costa
    • Rural
  • Podcasts

© 2026 Radio Líder - Desarrollado por Siete.Online.

Este sitio web utiliza cookies. Al continuar utilizando este sitio web, usted da su consentimiento para el uso de cookies. Visite nuestra Política de privacidad y cookies.