• Nosotros
  • Publicidad
  • Contacto
  • Privacidad y Cookies
  • Aviso Legal
  • Iniciar sesión
  • Registrarse
Radio Líder
Radio
Anuncio
  • Portada
  • GALICIA
    • A Coruña
    • Lugo
    • Ourense
    • Pontevedra
  • EL CONFIDENCIAL
  • Cultura
  • Deportes
  • Economía
  • Opinión
  • Política
  • Sociedad
  • Sucesos
  • ESPECIALES
    • Gastronomía
    • Turismo
    • Mar y Costa
    • Rural
  • Podcasts
Sin resultados
Ver todos los resultados
  • Portada
  • GALICIA
    • A Coruña
    • Lugo
    • Ourense
    • Pontevedra
  • EL CONFIDENCIAL
  • Cultura
  • Deportes
  • Economía
  • Opinión
  • Política
  • Sociedad
  • Sucesos
  • ESPECIALES
    • Gastronomía
    • Turismo
    • Mar y Costa
    • Rural
  • Podcasts
Sin resultados
Ver todos los resultados
Radio Líder

O II Feirón en rede Carballo Solidario converterá a Praza do Concello nun escaparate do traballo que desenvolven as entidades sociais

Catorce entidades participarán o domingo 12 de abril nunha xornada con exposición ao aire libre, animación infantil e música

David Por David
01/04/2026
en #Destacado, Sociedad
0
O II Feirón en rede Carballo Solidario converterá a Praza do Concello nun escaparate do traballo que desenvolven as entidades sociais
FacebookXWhatsApp

Carballo celebrará o domingo 12 de abril a segunda edición do Feirón en rede “Carballo solidario”, unha iniciativa que busca poñer en valor o traballo das entidades sociais do municipio e achegalo á cidadanía nun espazo aberto, participativo e dinámico.

O escenario da actividade será a Praza do Concello, na que se darán cita 14 entidades sociais que desenvolven a súa actividade no noso concello: AECC, ALCER, Fundación Érguete Integración, Cruz Vermella, Un Paso Máis, O Legado de Max, Afaber, Cáritas, Aspaber, APEM, Íntegro, Vieiro, Lenda Educativa e Senegaleses Carballo.

Esta semana celebrouse unha nova xuntanza de coordinación, na que se ultimaron os detalles tanto da exposición como do propio evento, e que contou coa participación do alcalde, Daniel Pérez; a concelleira de Servizos Sociais e Igualdade, Maica Ures; o concelleiro de Feiras e Mercados, Ramón Varela, e a concelleira de Cultura e Festas, Maruxa Suárez.
O alcalde subliñou a importancia do traballo conxunto: “Carballo é un concello cun tecido asociativo moi activo e comprometido, e desde a administración local temos a responsabilidade de apoiar, visibilizar e colaborar con todas estas entidades que contribúen a construír unha sociedade máis xusta e solidaria”.

Unha xornada chea de actividade

Durante a xornada, que arrincará ás 10.30 horas, cada entidade disporá dun posto no que poderá dar a coñecer o seu traballo, ofrecer información e desenvolver actividades de sensibilización dirixidas ao público asistente, entre elas un obradoiro de reutilización de redes da pesca, unha exhibición de música do Senegal ou un partido de fútbol 5 (fútbol para invidentes).

Unha das principais novidades desta edición será a exposición Que pasaría se non existisen as entidades sociais?, que se instalará ao aire libre na propia Praza do Concello. Trátase dunha iniciativa pensada para reflexionar sobre o papel esencial que desempeña o tecido asociativo na sociedade e para facer visible o impacto real do seu traballo no día a día da veciñanza.

O programa completarase cun servizo de canguraxe e animación infantil, co obxectivo de facilitar a conciliación das familias, así como cunha actuación musical a cargo da Charanga Benofán, que contribuirá a dinamizar o ambiente durante a mañá.

Dúas concellarías implicadas

“Este feirón é unha oportunidade para recoñecer e visibilizar o traballo imprescindible que desenvolven as entidades sociais do noso concello, moitas veces de maneira silenciosa pero cun impacto fundamental na vida das persoas”, apuntou Maica Ures, concelleira de Servizos Sociais e Igualdade.
Pola súa banda, o concelleiro de Feiras e Mercados puxo en valor o formato da iniciativa: “Os feiróns en rede permítennos aproveitar un espazo xa consolidado como a feira para dar visibilidade a outros sectores, ao tempo que supoñen un valor engadido para a propia feira, neste caso poñendo o foco no ámbito social, clave para o benestar da veciñanza”, manifestou Ramón Varela.
Con esta iniciativa, o Concello de Carballo continúa apostando polos Feiróns en rede como espazos de encontro, colaboración e visibilización dos sectores e colectivos que desempeñan un papel fundamental no desenvolvemento social do municipio.

ShareTweetSend
Publicación anterior

O BNG propón a regulación por lei das VUT e a declaración de zonas de mercado residencial tensionado para conter os prezos

Siguiente

Pontedeume celebra a II Feira Crecendo en Igualdade

David

David

Relacionado Entradas

Disminuyen en España las interacciones con orcas, excepto en el norte, donde aumentan ligeramente
#Destacado

Seis vehículos víronse implicados nun accidente na A-55 ao seu paso por Mos
#Destacado

Seis vehículos víronse implicados nun accidente na A-55 ao seu paso por Mos

Falece un home tras ser atropelado por un coche en Tomiño
#Destacado

Falece un home tras ser atropelado por un coche en Tomiño

Unha muller foi trasladada por inhalación de fume logo dun incendio no corredor dun edificio en Negreira
#Destacado

Unha muller foi trasladada por inhalación de fume logo dun incendio no corredor dun edificio en Negreira

Siguiente
Pontedeume celebra a II Feira Crecendo en Igualdade

Pontedeume celebra a II Feira Crecendo en Igualdade

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Ahora al Aire

Fórmula Líder

Fórmula Líder

20:30 - 23:59
Continuidad
A continuación: Fórmula Líder 00:00

Opinión

Matinal Líder con Antonio Lodeiro 10 de Marzo 2026
#Destacado

Matinal Líder con Antonio Lodeiro 10 de Marzo 2026

https://open.spotify.com/episode/0DUvbZc7TYqMymcWnETehd?si=f46f04891fdb4e8f

Leer másDetails
«Al Pan pan y al Vino vino» con Carlos Marcos

«Al Pan pan y al Vino vino» con Carlos Marcos

Síguenos en Redes Sociales

Programación de Hoy

Miércoles 01/04/2026
  • Fórmula Líder
    00:00 - 08:00
    Fórmula Líder
  • Matinal Líder
    08:00 - 10:00
    Matinal Líder
    En directo
  • Líder local
    10:00 - 13:00
    Líder local
    En directo
  • 13:00 - 14:00
    Sesión vermut
  • Líder express
    14:00 - 14:30
    Líder express
  • Fórmula Líder
    14:30 - 16:00
    Fórmula Líder
  • Oh My Hits
    16:00 - 19:00
    Oh My Hits
    En directo
  • Fórmula Líder
    19:00 - 20:00
    Fórmula Líder
  • Líder Express
    20:00 - 20:30
    Líder Express
  • Fórmula Líder
    20:30 - 23:59
    Fórmula Líder Ahora

Somos #Líder

Radio Líder

Medios Autonómicos De Radiodifusion Gallegos S.L.

Radio Líder es la primera red de emisoras independiente en el Norte de España. Fundada en el 2001 por el escritor y periodista Diego Bernal, el periodista Manuel Casal, la colaboración de Javier Sánchez de Dios y todas aquellas personas que han participado en la consolidación del proyecto.

El Confidencial

El Ayuntamiento de A Coruña no tiene un euro

Diez millones de descuadre en la tesorería del Ayuntamiento de A Coruña

Lo que está ocurriendo en el Ayuntamiento de A Coruña da para una novela. La alcaldesa y su mano derecha...

Por Interés

Últimas

Disminuyen en España las interacciones con orcas, excepto en el norte, donde aumentan ligeramente

Disminuyen en España las interacciones con orcas, excepto en el norte, donde aumentan ligeramente

Pontedeume celebra a II Feira Crecendo en Igualdade

Pontedeume celebra a II Feira Crecendo en Igualdade

O II Feirón en rede Carballo Solidario converterá a Praza do Concello nun escaparate do traballo que desenvolven as entidades sociais

O II Feirón en rede Carballo Solidario converterá a Praza do Concello nun escaparate do traballo que desenvolven as entidades sociais

  • Nosotros
  • Publicidad
  • Contacto
  • Privacidad y Cookies
  • Aviso Legal

© 2026 Radio Líder - Desarrollado por Siete.Online.

!Bienvenido de Nuevo!

Inicie sesión en su cuenta

¿Contraseña olvidada? Registrarse

¡Crear Nueva Cuenta!

Rellena los siguientes campos del formulario para registrarte

Todos los campos son requeridos. Iniciar sesión

Recupere su contraseña

Por favor ingrese su nombre de usuario o dirección de correo electrónico para restablecer su contraseña.

Iniciar sesión
Selecciona una emisora
EN DIRECTO 0:00 / 0:00
Velocidad
Sin resultados
Ver todos los resultados
  • Portada
  • GALICIA
    • A Coruña
    • Lugo
    • Ourense
    • Pontevedra
  • EL CONFIDENCIAL
  • Cultura
  • Deportes
  • Economía
  • Opinión
  • Política
  • Sociedad
  • Sucesos
  • ESPECIALES
    • Gastronomía
    • Turismo
    • Mar y Costa
    • Rural
  • Podcasts

© 2026 Radio Líder - Desarrollado por Siete.Online.

Este sitio web utiliza cookies. Al continuar utilizando este sitio web, usted da su consentimiento para el uso de cookies. Visite nuestra Política de privacidad y cookies.