Este ano traemos un itinerario por diferentes puntos do Concello de Pontedeume . O
estudantado atopará diferentes estacións onde analizar e crear: Un mundo
mellor.
1. ALAMEDA DE RAXOI: Campaña “Agresión OFF, eu digo non á violencia
sexual”. Consellería de Política Social e Igualdade, Dirección Xeral de Loita
contra a Violencia de Xénero.
2. CASA DA CULTURA: Pancarta colectiva. Os diferentes grupos irán
pasando por esta estación, guiados por monitorado.
3 PRAZA DO CONCELLO: Karaoke dos horrores. Escoitamos o que cantamos
e bailamos? Realmente prestamos atención ás mensaxes que nos transmiten
a través do ritmo? Un espazo para escoitar, cantar e botarse unhas risas.
Pero tamén de desbotar as cancións que transmiten discursos machistas,
sexistas ou desiguais.
4. TORREÓN DE ANDRADE: A túa pel fala. Un espazo onde decorar a túa pel
de forma reivindicativa e artística. Tatuaxes con mensaxe e maquillaxes.
5. MERCADO MUNICIPAL: Exposición Activa. Publicidade, rrss, cartelería…
unha ollada nova sobre todas eses milleiros de imaxes que día a día nos
entran polos ollos… Unha exposición para analizar, valorar, puntuar e incluso
rediseñar. As e os adolescentes serán “críticos de arte”, clasificando e
modificando parte desa exposición que non encaixe na sociedade xusta e
igualitaria que buscamos.
6. SERVIZOS SOCIAIS: Obradoiro de chaveiros. Un obradoiro creativo, onde
poderán a partir da madeira, crear un chaveiro que para cada quen
signifique liberdade e igualdade.
A igualdade é un valor fundamental para construír
unha sociedade máis xusta, diversa e inclusiva













