• Nosotros
  • Publicidad
  • Contacto
  • Privacidad y Cookies
  • Aviso Legal
  • Iniciar sesión
  • Registrarse
Radio Líder
Radio
Anuncio
  • Portada
  • GALICIA
    • A Coruña
    • Lugo
    • Ourense
    • Pontevedra
  • EL CONFIDENCIAL
  • Cultura
  • Deportes
  • Economía
  • Opinión
  • Política
  • Sociedad
  • Sucesos
  • ESPECIALES
    • Gastronomía
    • Turismo
    • Mar y Costa
    • Rural
  • Podcasts
Sin resultados
Ver todos los resultados
  • Portada
  • GALICIA
    • A Coruña
    • Lugo
    • Ourense
    • Pontevedra
  • EL CONFIDENCIAL
  • Cultura
  • Deportes
  • Economía
  • Opinión
  • Política
  • Sociedad
  • Sucesos
  • ESPECIALES
    • Gastronomía
    • Turismo
    • Mar y Costa
    • Rural
  • Podcasts
Sin resultados
Ver todos los resultados
Radio Líder

A Deputación da Coruña convoca 60 bolsas para estudar inglés en Irlanda este verán

O programa, dirixido a alumnado de 1ª de Bacharelato, financia o 100% da estadía de catro semanas, incluíndo viaxes, aloxamento, formación, seguro e actividades, sen custo para as familias

David Por David
08/04/2026
en #Destacado, A Coruña
0
A Deputación da Coruña convoca 60 bolsas para estudar inglés en Irlanda este verán
FacebookXWhatsApp

O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, e a deputada de Educación e Mocidade, Yoya Neira, presentaron esta mañá o novo programa da Deputación da Coruña para que a mocidade da provincia poda aprender inglés no estranxeiro. Trátase da convocatoria de 60 bolsas para perfeccionar durante un mes o estudo de inglés en Irlanda, dirixida ao alumnado de 1º de Bacharelato da provincia e especialmente pensada para facilitar o acceso a este tipo de experiencias á mocidade dos concellos máis pequenos e ás familias con menos recursos económicos.

Durante a presentación, Valentín González Formoso salientou que esta é unha iniciativa que reforza o compromiso da Deputación coa igualdade de oportunidades e coa formación da nosa mocidade, abrindo portas a experiencias que poden marcar o seu futuro académico e profesional, e engadiu que “estes programas eran ata agora unha oportunidade case exclusiva das grandes cidades, e o noso obxectivo é que tamén podan aprender inglés en Irlanda as mozas e mozos que vivan nunha pequena vila ou no rural.Pretendemos que teña as mesmas oportunidades un rapaz que nace no Ensanche de Santiago que un nace no porto do Barqueiro”, resumiu.

O presidente explicou que a selección de participantes realizarase en función das notas do alumno ou alumna e da situación económica das familias. “O que máis imos puntuar son as familias con ingresos máis baixos. Os que hoxe xa poden financiar cos recursos familiares unha estancia así xa o poden facer, pero o valor deste programa é precisamente darlle a oportunidade a aqueles que queren, que valen, pero que non poden por unha cuestión económica. Ahí é onde queremos facer fincapé”.

Pola súa banda, Yoya Neira explicou que “con este programa queremos garantir que todos os mozos e mozas da provincia teñan as mesmas oportunidades de acceder a unha experiencia internacional, independentemente do lugar no que vivan ou da situación económica das súas familias”. A deputada subliñou tamén que “a iniciativa pretende mellorar o nivel de inglés, abrir novos horizontes, fomentar a autonomía e contribuír ao desenvolvemento persoal da nosa mocidade”.

O programa permitirá ás persoas beneficiarias realizar unha estadía de catro semanas en Irlanda durante os meses de xullo ou agosto de 2026, cunha experiencia de inmersión lingüística completa que combina formación académica e convivencia internacional.

 

As bolsas da Deputación da Coruña cobren o 100% dos custos do programa, cun valor estimado máximo de 6.450,84 euros por persoa, polo que as familias non terán que asumir ningún tipo de gasto. Inclúen todos os transportes, tanto a viaxe de ida e vol desde A Coruña como os desprazamentos no país de destino, así como o aloxamento en residencia de estudantes en réxime de pensión completa.

O alumnado participante recibirá un curso intensivo de inglés cun mínimo de 15 horas semanas durante un mes, que se completará cun curso preparatorio online de 10 horas antes da saída, orientado a facilitar a adaptación á experiencia internacional.

Ademais da formación académica, o programa inclúe un completo calendario de actividades deportivas e culturais, así como visitas semanais a monumentos e lugares de interese histórico-artístico, co obxectivo de favorecer unha inmersión real na cultura do país.

Durante toda a estadía, o alumnado contará con acompañamento de monitores e persoal especializado, así como cun sistema de titorización e seguimento continuo, que permitirá garantir tanto o aproveitamento académico como o benestar persoal das persoas participantes. O programa inclúe tamén un seguro de accidentes e responsabilidade civil.

Poderá optar a estas bolsas o alumnado de 1º de Bacharelato escolarizado en centros sostidos con fondos públicos da provincia da Coruña, sempre que cumpra cos requisitos establecidos na convocatoria, entre os que se inclúen non ter materias suspensas en 4ª da ESO e ter unha nota mínima de 6 na materia de Inglés.

Non poderán optar a esta convocatoria os estudantes residentes nos concellos da Coruña, Santiago de Compostela e Ferrol, co obxectivo de priorizar o acceso a esta oportunidade ao alumnado dos municipios que non contan con programas semellantes ou teñen máis dificultades para poder implementalos.

A selección das persoas beneficiarias realizarase mediante un sistema de concorrencia competitiva que terá en conta tanto o expediente académico do alumno ou alumna como a situación económica e sociofamiliar das familias, reforzando así o compromiso da Deputación coa igualdade de oportunidades.

O prazo de presentación de solicitudes iniciarase ás 08:00 horas do xoves 9 de abril de 2026 e finalizará ás 14:00 horas do xoves 23 de abril de 2026. Tanto as solicitudes como o resto da tramitación do programa realizaranse exclusivamente por vía telemática a través da plataforma SUBTEL, accesible desde a sede electrónica da Deputación da Coruña.

As bases completas do programa poden consultarse aquí:

https://bop.dacoruna.gal/bopportal/publicado/2026/01/16/2026_0000000189.pdf

 

As solicitudes poden tramitarse aquí:

https://sede.dacoruna.gal/subtel/acceso/login

 

ShareTweetSend
Publicación anterior

Noites do Porto celebrará la Noite de San Xoán con un concierto sorpresa en el puerto coruñés

Siguiente

Pedro Blanco subliña o compromiso do Goberno coa igualdade co reforzo de 160 millóns

David

David

Relacionado Entradas

Radio Líder Euskadi: 47.000 oyentes diarios en Vizcaya
#Destacado

Radio Líder Euskadi: 47.000 oyentes diarios en Vizcaya

La Ribeira Sacra, a un paso de ser Patrimonio Mundial de la UNESCO: la decisión que puede cambiar el futuro de Galicia
#Destacado

La Ribeira Sacra, a un paso de ser Patrimonio Mundial de la UNESCO: la decisión que puede cambiar el futuro de Galicia

Fiestas de Santiago Apóstol 2026 en Galicia: todos los pueblos, conciertos, orquestas y actividades del 25 de julio
#Destacado

Fiestas de Santiago Apóstol 2026 en Galicia: todos los pueblos, conciertos, orquestas y actividades del 25 de julio

Abonos Deportivo de La Coruña 2026/2027: precios, plazos y cómo comprar tu carnet
#Destacado

Abonos Deportivo de La Coruña 2026/2027: precios, plazos y cómo comprar tu carnet

Muxía, el gran balcón del Atlántico para vivir el eclipse total de Sol de agosto de 2026
#Destacado

Muxía, el gran balcón del Atlántico para vivir el eclipse total de Sol de agosto de 2026

A Feira da Cebola Chata de Miño cumpre 25 edicións
#Destacado

A Feira da Cebola Chata de Miño cumpre 25 edicións

Siguiente
Pedro Blanco subliña o compromiso do Goberno coa igualdade co reforzo de 160 millóns

Pedro Blanco subliña o compromiso do Goberno coa igualdade co reforzo de 160 millóns

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Ahora al Aire

Líder local En directo

Líder local

10:00 - 13:00
Conexión Local
A continuación: Sesión vermut 13:00

Opinión

Cantón Grande de A Coruña: una reforma que divide a la ciudad por la falta de árboles y el exceso de cemento
#Destacado

Cantón Grande de A Coruña: una reforma que divide a la ciudad por la falta de árboles y el exceso de cemento

La transformación del Cantón Grande de A Coruña avanza a buen ritmo, pero también lo hace el debate ciudadano. Lo...

Leer másDetails
Galicia cambia de pista: el declive de las verbenas frente al auge de los festivales

Galicia cambia de pista: el declive de las verbenas frente al auge de los festivales

Síguenos en Redes Sociales

Programación de Hoy

Jueves 23/07/2026
  • Fórmula Líder
    00:00 - 08:00
    Fórmula Líder
  • Matinal Líder
    08:00 - 10:00
    Matinal Líder
    En directo
  • Líder local
    10:00 - 13:00
    Líder local Ahora
    En directo
  • 13:00 - 14:00
    Sesión vermut
  • Líder express
    14:00 - 14:30
    Líder express
  • Fórmula Líder
    14:30 - 16:00
    Fórmula Líder
  • Oh My Hits
    16:00 - 19:00
    Oh My Hits
    En directo
  • Fórmula Líder
    19:00 - 20:00
    Fórmula Líder
  • Líder Express
    20:00 - 20:30
    Líder Express
  • Fórmula Líder
    20:30 - 23:59
    Fórmula Líder

Somos #Líder

Radio Líder

Medios Autonómicos De Radiodifusion Gallegos S.L.

Radio Líder es la primera red de emisoras independiente en el Norte de España. Fundada en el 2001 por el escritor y periodista Diego Bernal, el periodista Manuel Casal, la colaboración de Javier Sánchez de Dios y todas aquellas personas que han participado en la consolidación del proyecto.

El Confidencial

Miguel Lorenzo sería hoy alcalde de A Coruña

Miguel Lorenzo sería hoy alcalde de A Coruña

Miguel Lorenzo, impulsado por la decadencia que vive la ciudad de A Coruña y la corrupción del PSOE, está ya...

Por Interés

Últimas

Galicia Vive+: el libro que revela por qué Galicia es una referencia internacional en longevidad

Galicia Vive+: el libro que revela por qué Galicia es una referencia internacional en longevidad

Radio Líder Euskadi: 47.000 oyentes diarios en Vizcaya

Radio Líder Euskadi: 47.000 oyentes diarios en Vizcaya

La Ribeira Sacra, a un paso de ser Patrimonio Mundial de la UNESCO: la decisión que puede cambiar el futuro de Galicia

La Ribeira Sacra, a un paso de ser Patrimonio Mundial de la UNESCO: la decisión que puede cambiar el futuro de Galicia

  • Nosotros
  • Publicidad
  • Contacto
  • Privacidad y Cookies
  • Aviso Legal

© 2026 Radio Líder - Desarrollado por Siete.Online.

!Bienvenido de Nuevo!

Inicie sesión en su cuenta

¿Contraseña olvidada? Registrarse

¡Crear Nueva Cuenta!

Rellena los siguientes campos del formulario para registrarte

Todos los campos son requeridos. Iniciar sesión

Recupere su contraseña

Por favor ingrese su nombre de usuario o dirección de correo electrónico para restablecer su contraseña.

Iniciar sesión
Selecciona una emisora
EN DIRECTO 0:00 / 0:00
Velocidad
Sin resultados
Ver todos los resultados
  • Portada
  • GALICIA
    • A Coruña
    • Lugo
    • Ourense
    • Pontevedra
  • EL CONFIDENCIAL
  • Cultura
  • Deportes
  • Economía
  • Opinión
  • Política
  • Sociedad
  • Sucesos
  • ESPECIALES
    • Gastronomía
    • Turismo
    • Mar y Costa
    • Rural
  • Podcasts

© 2026 Radio Líder - Desarrollado por Siete.Online.

Este sitio web utiliza cookies. Al continuar utilizando este sitio web, usted da su consentimiento para el uso de cookies. Visite nuestra Política de privacidad y cookies.