• Nosotros
  • Publicidad
  • Contacto
  • Privacidad y Cookies
  • Aviso Legal
  • Iniciar sesión
Radio Líder
Radio
Anuncio
  • Portada
  • GALICIA
    • A Coruña
    • Lugo
    • Ourense
    • Pontevedra
  • EL CONFIDENCIAL
  • Cultura
  • Deportes
  • Economía
  • Opinión
  • Política
  • Sociedad
  • Sucesos
  • ESPECIALES
    • Gastronomía
    • Turismo
    • Mar y Costa
    • Rural
  • Podcasts
Sin resultados
Ver todos los resultados
  • Portada
  • GALICIA
    • A Coruña
    • Lugo
    • Ourense
    • Pontevedra
  • EL CONFIDENCIAL
  • Cultura
  • Deportes
  • Economía
  • Opinión
  • Política
  • Sociedad
  • Sucesos
  • ESPECIALES
    • Gastronomía
    • Turismo
    • Mar y Costa
    • Rural
  • Podcasts
Sin resultados
Ver todos los resultados
Radio Líder

Pedro Blanco subliña o compromiso do Goberno coa igualdade co reforzo de 160 millóns

Desde o ano 2018 o Goberno entregou aos concellos galegos 13 millóns de euros para apuntalar as competencias que teñen asignadas en materia de violencia de xénero

David Por David
08/04/2026
en #Destacado, Política
0
Pedro Blanco subliña o compromiso do Goberno coa igualdade co reforzo de 160 millóns
FacebookXWhatsApp

O delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco, destacou o compromiso do Goberno coa igualdade e coa loita contra a violencia de xénero, reflectido na aprobación no Consello de Ministros e Ministras de onte da distribución de 160 millóns de euros para o desenvolvemento do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero, renovado en 2025. O reparto das contías concretarase na próxima Conferencia Sectorial de Igualdade, prevista para o próximo 15 de abril. Desde o ano 2018 o Goberno entregou aos concellos galegos 13 millóns de euros para apuntalar as competencias que teñen asignadas en materia de violencia de xénero.

Pedro Blanco subliñou que este investimento reforza as políticas públicas de prevención, protección e atención ás vítimas, nun momento no que resulta fundamental consolidar os avances acadados e seguir impulsando medidas que garantan os dereitos das mulleres.

Neste contexto, o delegado puxo tamén en valor o proxecto aprobado polo Goberno para reformar a Constitución e blindar o dereito das mulleres á interrupción voluntaria do embarazo, incorporando este dereito no artigo 43. Unha iniciativa que, segundo indicou, supón un paso máis na garantía dos dereitos sexuais e reprodutivos e na consolidación da igualdade real e efectiva.

Nova responsable de Vioxén en Lugo

Pedro Blanco celebrou estes avances no marco dunha reunión de coordinación coa xefa da Unidade de Coordinación contra a Violencia sobre a Muller da Delegación do Goberno, María Debén, e coas responsables das Unidades de Violencia sobre a Muller das catro Subdelegacións do Goberno. No encontro deulle a benvida á nova responsable da Unidade de Violencia sobre a Muller na Subdelegación do Goberno en Lugo, Rosa María Rivas Santiso, que acaba de incorporarse a un cargo que comparte nas outras provincias con Manuela Vilaboy (A Coruña), Alida Iglesias (Ourense) e María José Rodríguez (Pontevedra). Durante o encontro, o delegado trasladou o seu recoñecemento ao labor que desenvolven na atención ás vítimas, na formación e na sensibilización social.

Pedro Blanco destacou o papel fundamental destas unidades na coordinación entre administracións, forzas de seguridade e sistema xudicial, así como o seu traballo a nivel local en colaboración cos concellos e cos Centros de Atención á Muller.

O delegado reivindicou que o Goberno de Pedro Sánchez seguirá reforzando as políticas de igualdade e de loita contra a violencia machista, “cun apoio constante que tamén se reflicte en Galicia, fronte a quen cuestiona estes avances”.

ShareTweetSend
Publicación anterior

A Deputación da Coruña convoca 60 bolsas para estudar inglés en Irlanda este verán

Siguiente

BNG reclamará ao Goberno máis medios para frear a sinistralidade laboral na Galiza

David

David

Relacionado Entradas

Casi 29.000 plazas de termalismo para mayores en Galicia: fechas, precios y cómo reservar en 2026
#Destacado

Casi 29.000 plazas de termalismo para mayores en Galicia: fechas, precios y cómo reservar en 2026

O PP na FEGAMP alerta da «incertidume» e o «desprezo» do Goberno de Sánchez cos concellos galegos pola falta de Orzamentos
#Destacado

O PP na FEGAMP alerta da «incertidume» e o «desprezo» do Goberno de Sánchez cos concellos galegos pola falta de Orzamentos

O Orzamento de Vigo aumentará en 14,2 millóns no ano 2027, ata os 365 millóns de euros
#Destacado

O Orzamento de Vigo aumentará en 14,2 millóns no ano 2027, ata os 365 millóns de euros

A Corporación municipal secunda un minuto de silencio pola última vítima de violencia de xénero
#Destacado

A Corporación municipal secunda un minuto de silencio pola última vítima de violencia de xénero

Comezan as obras de humanización e mellora da mobilidade vertical na rúa Vasco Díaz Tanco, no barrio da Cuña
#Destacado

Comezan as obras de humanización e mellora da mobilidade vertical na rúa Vasco Díaz Tanco, no barrio da Cuña

O Caudal Fest comeza este ano no Concello de Lugo
#Destacado

O Caudal Fest comeza este ano no Concello de Lugo

Siguiente
BNG reclamará ao Goberno máis medios para frear a sinistralidade laboral na Galiza

BNG reclamará ao Goberno máis medios para frear a sinistralidade laboral na Galiza

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Ahora al Aire

Líder local En directo

Líder local

10:00 - 13:00
Conexión Local
A continuación: Sesión vermut 13:00

Programación de Hoy

Jueves 17/09/2026
  • Fórmula Líder
    00:00 - 08:00
    Fórmula Líder
  • Matinal Líder
    08:00 - 10:00
    Matinal Líder
    En directo
  • Líder local
    10:00 - 13:00
    Líder local Ahora
    En directo
  • 13:00 - 14:00
    Sesión vermut
  • Líder express
    14:00 - 14:30
    Líder express
  • Fórmula Líder
    14:30 - 16:00
    Fórmula Líder
  • Oh My Hits
    16:00 - 19:00
    Oh My Hits
    En directo
  • Fórmula Líder
    19:00 - 20:00
    Fórmula Líder
  • Líder Express
    20:00 - 20:30
    Líder Express
  • Fórmula Líder
    20:30 - 23:59
    Fórmula Líder

Por Interés

  • Nosotros
  • Publicidad
  • Contacto
  • Privacidad y Cookies
  • Aviso Legal

© 2026 Radio Líder. Todos los derechos reservados.

!Bienvenido de Nuevo!

Inicie sesión en su cuenta

¿Contraseña olvidada?

Recupere su contraseña

Por favor ingrese su nombre de usuario o dirección de correo electrónico para restablecer su contraseña.

Iniciar sesión
imunify-bot-check
Selecciona una emisora
EN DIRECTO 0:00 / 0:00
Velocidad
Sin resultados
Ver todos los resultados
  • Portada
  • GALICIA
    • A Coruña
    • Lugo
    • Ourense
    • Pontevedra
  • EL CONFIDENCIAL
  • Cultura
  • Deportes
  • Economía
  • Opinión
  • Política
  • Sociedad
  • Sucesos
  • ESPECIALES
    • Gastronomía
    • Turismo
    • Mar y Costa
    • Rural
  • Podcasts

© 2026 Radio Líder. Todos los derechos reservados.

Este sitio web utiliza cookies. Al continuar utilizando este sitio web, usted da su consentimiento para el uso de cookies. Visite nuestra Política de privacidad y cookies.