O alumnado de 3º e 4º da ESO asistiu na biblioteca escolar ó programa de Radio Líder “Fala que Fala”, un programa que está apoiado polos Equipos de Dinamización Galega da Xunta de Galicia e que ten como principal obxectivo o fomento do noso idioma nos centros educativos e que incita ao alumnado a comunicarse, expresarse e vivir en galego.
O programa, de dúas horas de duración e de emisión en directo para toda Galicia, contou coa participación directa de varios alumnos de 3º da ESO que fixeron uns reels, uns xogos e unhas recomendacións de libros, artistas e de series e películas en galego, ademais de facerlle unha entrevista a Rafa Casanova, presidente do club de fútbol local e personaxe que o propio alumnado elexiu para dita entrevista.
Para finalizar, o alumnado fixo unha reflexión sbore a súa experiencia participando no programa Fala que Fala e as aprendizaxes e valoracións que fan do seu paso polo programa. Unha experiencia nunha xornada emotiva, na que o alumnado tivo a oportunidade de ver en directo a realización dun formato radiofónico realmente interesante.
Esperemos, por tanto, dende o EDLG volver a poder tomar parte desta intersante actividade para vindeiros cursos escolares, e tamén, agradecer oss profesionais desta importante emisora galega o trato e cercanía que tiveron con todos nós.













