Dez minutos despois das 16 horas, un particular informou ao 112 Galicia dun coche que acababa de colidir contra unha árbore na estrada da Estación, en Cambre. O implicado perdera a consciencia nun primeiro momento, mais durante a chamada o alertador explicou que estaba comezando a recuperala.
De inmediato, ata o lugar do accidente desprazouse unha dotación de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, así coma a Garda Civil de Tráfico e o Servizo Municipal de Emerxencias de Cambre.
A persoa foi atendida no lugar e finalmente trasladada polos profesionais sanitarios.













