• Nosotros
  • Publicidad
  • Contacto
  • Privacidad y Cookies
  • Aviso Legal
  • Iniciar sesión
  • Registrarse
Radio Líder
Radio
Anuncio
  • Portada
  • GALICIA
    • A Coruña
    • Lugo
    • Ourense
    • Pontevedra
  • EL CONFIDENCIAL
  • Cultura
  • Deportes
  • Economía
  • Opinión
  • Política
  • Sociedad
  • Sucesos
  • ESPECIALES
    • Gastronomía
    • Turismo
    • Mar y Costa
    • Rural
  • Podcasts
Sin resultados
Ver todos los resultados
  • Portada
  • GALICIA
    • A Coruña
    • Lugo
    • Ourense
    • Pontevedra
  • EL CONFIDENCIAL
  • Cultura
  • Deportes
  • Economía
  • Opinión
  • Política
  • Sociedad
  • Sucesos
  • ESPECIALES
    • Gastronomía
    • Turismo
    • Mar y Costa
    • Rural
  • Podcasts
Sin resultados
Ver todos los resultados
Radio Líder

A Deputación da Coruña e a Cámara de Comercio de Santiago culminan o programa Provincia Emprendedora

O Demo Day de Provincia Emprendedora celebrado este luns marcou o peche do programa e distinguiu catro das mellores iniciativas emprendedoras, con premios de 2.000 euros para cada unha.

David Por David
28/04/2026
en #Destacado, A Coruña
0
A Deputación da Coruña e a Cámara de Comercio de Santiago culminan o programa Provincia Emprendedora
FacebookXWhatsApp

A Deputación da Coruña e a Cámara de Comercio de Santiago celebraron este luns o Demo Day do programa Provincia Emprendedora, un encontro no que se presentou o balance do primeiro ano desta iniciativa e no que se puxo en valor o talento, a innovación e a capacidade emprendedora de Santiago e a súa comarca.

O programa Provincia Emprendedora, promovido pola Deputación da Coruña en colaboración coa Cámara de Comercio de Santiago nos 32 municipios da súa demarcación, estrutúrase en tres eixes: asesoramento e acompañamento a proxectos emprendedores, apoio ao acceso ao financiamento e fomento do espírito emprendedor no ámbito educativo.

O evento serviu como peche anual dun programa que, desde o seu inicio en maio de 2025, atendeu 95 promotores de iniciativas emprendedoras a través de máis de medio milleiro de asesoramentos. Dos case 80 proxectos analizados, 53 constan de alta como empresas ou autónomos, sendo 22 delas iniciativas empresariais de nova creación.

Durante o acto, seis proxectos finalistas presentaron as súas propostas ante un xurado integrado por representantes do ámbito empresarial, institucional e social.

A secretaria xeral da Cámara de Comercio de Santiago, Rosa Mary Cardeso, destacou o papel do programa como motor de impulso ao emprendemento na provincia: «O Demo Day de Provincia Emprendedora demostra a capacidade do noso territorio para xerar proxectos innovadores e con futuro. Ao longo deste primeiro ano acompañamos a persoas emprendedoras cunha enorme diversidade de perfís e iniciativas, e os resultados evidencian que, cando se combinan formación, asesoramento e apoio institucional, o emprendemento convértese nunha vía real de xeración de emprego e desenvolvemento económico. Desde a Cámara de Comercio seguiremos traballando para consolidar este ecosistema e facilitar que máis proxectos poidan crecer e consolidarse na nosa provincia.»

 

Pola súa banda, a deputada provincial da área de Industria, Empresa, Medio Ambiente, Emprego e Política Demográfica, Rosa Ana García, subliñou o impacto do programa no territorio: «Este programa é un exemplo claro da aposta da Deputación da Coruña polo emprego e polo emprendemento como motores de desenvolvemento territorial. Provincia Emprendedora non só apoia a creación de novas empresas, senón que tamén contribúe a fixar poboación, impulsar a innovación e dinamizar o tecido produtivo local. Os resultados deste primeiro ano confirman que hai talento, ideas e capacidade na nosa provincia, e o noso compromiso é seguir acompañando estas iniciativas para que se convertan en proxectos sólidos e sostibles no tempo.»

Seis proxectos finalistas

Os seis proxectos finalistas que fixeron a súa presentación no Demo Day abranguen propostas de distintos ámbitos do emprendemento e a innovación. Por unha banda, as iniciativas máis tecnolóxicas e empresariais, como Beondish, de Alejandro Blanco e Carlos Gómez-Ulla, unha plataforma dixital orientada a crear unha rede gastronómica de proximidade; Chronetic, de Yago Díaz e Álex Mosquera, especializada en solucións de intelixencia artificial aplicadas á empresa; e o proxecto de Jaime Felgueroso, centrado no desenvolvemento de programas de benestar financeiro para entidades e empresas e o seu persoal.

Por outra banda, os proxectos con maior vinculación cultural, creativa e territorial, como Piempo, de Julio Celis, centrado na xestión do relevo xeracional e do emprego no campo; Nord Tempo Audio, de Álvaro Piñeiro, dedicado ao acompañamento e produción musical para artistas e Casa da Trova, de Alberto López, unha iniciativa cultural arredor da canción de autor en Galicia con actividades de formación, eventos e proxectos sociais e educativos.

Entre estes finalistas, resultaron premiados Piempo e Nord Tempo Audio, ambos recoñecidos co Premio ao Mellor Proxecto Empresarial Emerxente do primeiro ano de andadura do programa Provincia Emprendedora, dotado con 2.000 euros cada un, mentres que o xurado elixiu a Chronetic e Jaime Felgueroso tamén para outorgarlle o premio á Mellor Presentación de Proxecto Empresarial Emerxente.

As propostas foron avaliadas por un xurado composto por representantes do tecido empresarial, institucional e social, que seleccionou os proxectos gañadores.

Balance do programa

O programa resultou crucial para dar cobertura, mediante un acompañamento continuado no tempo, ás necesidades de pemes e micropemes do sur da provincia que precisaron impulso para poñer en marcha os seus negocios, ou para redefinir os mesmos de cara á súa viabilidade económica, social e medio ambiental. A rede de soporte creada dende Provincia Emprendedora fomenta e facilita a creación de sinerxias entre microiniciativas empresariais que sosteñen miles de economías familiares na provincia.

 

Segundo explicou Ángel González, responsable da área de Creación de Empresas e Proxectos Europeos da Cámara de Comercio de Santiago, o perfil maioritario das persoas emprendedoras sitúase entre os 30 e os 49 anos, con traxectorias profesionais diversas. As iniciativas concéntranse principalmente en microempresas do sector servizos, sendo variada en canto actividade: proxectos innovadores e tecnolóxicos, hostalaría, turismo, artesanía, cultura, formación, etc.

No ámbito educativo desenvolveuse unha prolífica labor en centros de ensino para fomentar a iniciativa e o desenvolvemento de ideas no alumnado, como posibles futuros emprendedores e emprendedoras do futuro. Ao longo destes meses tiveron lugar 52 sesións informativas, nas que participaron 943 estudantes de 4º da ESO, Bacharelato e Formación Profesional.

O Demo Day concluíu cun espazo de networking no que emprendedores, representantes institucionais e asistentes intercambiaron impresións e exploraron posibles vías de colaboración.

Rede de apoio ao emprendemento

O programa Provincia Emprendedora compleméntase coa colaboración entre a Deputación da Coruña e a Cámara de Comercio de Santiago a través do Coworking Dixital CCompostela, integrado na Rede Provincial de Coworking. Esta rede, creada no marco do Plan de Emprego Local (PEL), conta ademais con outros once espazos activos especializados por sectores estratéxicos para a contorna onde se localizan: Coworking Pazo de Arenaza (Oleiros), Centro de Transformación de Alimentos de Baroña (Porto do Son), Coworking Miño – Casa do pescador, Lab Barbanza (Boiro), Green Coworking (As Pontes), Coworking A Pobra, Centro de Emprendemento A Estación (Vedra), Centro Comarcal de Desenvolvemento Rural A Fusquenlla (Moeche), Coworking A Capela, Transformando en Brión e Coworking A Proa (Ames).

ShareTweetSend
Publicación anterior

O CCA de Carballo impulsa a II edición de BioSaúde

Siguiente

Evacuada en helicóptero unha persoa que caeu do tractor en Vila de Cruces

David

David

Relacionado Entradas

El fenómeno mundial La Reina del Flow en A Coruña el 27 de Junio
#Destacado

El fenómeno mundial La Reina del Flow en A Coruña el 27 de Junio

Yandel aterriza con su Gira Sinfónico el 12 de Julio en A Coruña
#Destacado

Yandel aterriza con su Gira Sinfónico el 12 de Julio en A Coruña

Adictos al “like”: 1 de cada 4 personas sube fotos a RRSS porque los likes les hacen sentir bien
#Destacado

El 70% de los españoles asegura que las redes sociales afectan a su autoestima

Falece un home en Arzúa tras quedar atrapado entre un tractor e unha árbore
#Destacado

Evacuada en helicóptero unha persoa que caeu do tractor en Vila de Cruces

O CCA de Carballo impulsa a II edición de BioSaúde
A Coruña

O CCA de Carballo impulsa a II edición de BioSaúde

O Partido Popular de Padrón elixe ao edil e deputado Ángel Rodríguez Conde como novo presidente local
#Destacado

O Partido Popular de Padrón elixe ao edil e deputado Ángel Rodríguez Conde como novo presidente local

Siguiente
Falece un home en Arzúa tras quedar atrapado entre un tractor e unha árbore

Evacuada en helicóptero unha persoa que caeu do tractor en Vila de Cruces

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Ahora al Aire

Líder local En directo

Líder local

10:00 - 13:00
Conexión Local
A continuación: Sesión vermut 13:00

Opinión

Matinal Líder con Antonio Lodeiro 10 de Marzo 2026
#Destacado

Matinal Líder con Antonio Lodeiro 10 de Marzo 2026

https://open.spotify.com/episode/0DUvbZc7TYqMymcWnETehd?si=f46f04891fdb4e8f

Leer másDetails
«Al Pan pan y al Vino vino» con Carlos Marcos

«Al Pan pan y al Vino vino» con Carlos Marcos

Síguenos en Redes Sociales

Programación de Hoy

Martes 28/04/2026
  • Fórmula Líder
    00:00 - 08:00
    Fórmula Líder
  • Matinal Líder
    08:00 - 10:00
    Matinal Líder
    En directo
  • Líder local
    10:00 - 13:00
    Líder local Ahora
    En directo
  • 13:00 - 14:00
    Sesión vermut
  • Líder express
    14:00 - 14:30
    Líder express
  • Fórmula Líder
    14:30 - 16:00
    Fórmula Líder
  • Oh My Hits
    16:00 - 19:00
    Oh My Hits
    En directo
  • Fórmula Líder
    19:00 - 20:00
    Fórmula Líder
  • Líder Express
    20:00 - 20:30
    Líder Express
  • Fórmula Líder
    20:30 - 23:59
    Fórmula Líder

Somos #Líder

Radio Líder

Medios Autonómicos De Radiodifusion Gallegos S.L.

Radio Líder es la primera red de emisoras independiente en el Norte de España. Fundada en el 2001 por el escritor y periodista Diego Bernal, el periodista Manuel Casal, la colaboración de Javier Sánchez de Dios y todas aquellas personas que han participado en la consolidación del proyecto.

El Confidencial

Besteiro descorchaba el champán y Candia juraba en arameo

Besteiro descorchaba el champán y Candia juraba en arameo

Las mociones de censura van por barrios, mejor dicho, por ayuntamientos. Ahora le toca al PSOE rasgarse las vestiduras por...

Por Interés

Últimas

El fenómeno mundial La Reina del Flow en A Coruña el 27 de Junio

El fenómeno mundial La Reina del Flow en A Coruña el 27 de Junio

Yandel aterriza con su Gira Sinfónico el 12 de Julio en A Coruña

Yandel aterriza con su Gira Sinfónico el 12 de Julio en A Coruña

Adictos al “like”: 1 de cada 4 personas sube fotos a RRSS porque los likes les hacen sentir bien

El 70% de los españoles asegura que las redes sociales afectan a su autoestima

  • Nosotros
  • Publicidad
  • Contacto
  • Privacidad y Cookies
  • Aviso Legal

© 2026 Radio Líder - Desarrollado por Siete.Online.

!Bienvenido de Nuevo!

Inicie sesión en su cuenta

¿Contraseña olvidada? Registrarse

¡Crear Nueva Cuenta!

Rellena los siguientes campos del formulario para registrarte

Todos los campos son requeridos. Iniciar sesión

Recupere su contraseña

Por favor ingrese su nombre de usuario o dirección de correo electrónico para restablecer su contraseña.

Iniciar sesión
Selecciona una emisora
EN DIRECTO 0:00 / 0:00
Velocidad
Sin resultados
Ver todos los resultados
  • Portada
  • GALICIA
    • A Coruña
    • Lugo
    • Ourense
    • Pontevedra
  • EL CONFIDENCIAL
  • Cultura
  • Deportes
  • Economía
  • Opinión
  • Política
  • Sociedad
  • Sucesos
  • ESPECIALES
    • Gastronomía
    • Turismo
    • Mar y Costa
    • Rural
  • Podcasts

© 2026 Radio Líder - Desarrollado por Siete.Online.

Este sitio web utiliza cookies. Al continuar utilizando este sitio web, usted da su consentimiento para el uso de cookies. Visite nuestra Política de privacidad y cookies.