• Nosotros
  • Publicidad
  • Contacto
  • Privacidad y Cookies
  • Aviso Legal
  • Iniciar sesión
Radio Líder
Radio
Anuncio
  • Portada
  • GALICIA
    • A Coruña
    • Lugo
    • Ourense
    • Pontevedra
  • EL CONFIDENCIAL
  • Cultura
  • Deportes
  • Economía
  • Opinión
  • Política
  • Sociedad
  • Sucesos
  • ESPECIALES
    • Gastronomía
    • Turismo
    • Mar y Costa
    • Rural
  • Podcasts
Sin resultados
Ver todos los resultados
  • Portada
  • GALICIA
    • A Coruña
    • Lugo
    • Ourense
    • Pontevedra
  • EL CONFIDENCIAL
  • Cultura
  • Deportes
  • Economía
  • Opinión
  • Política
  • Sociedad
  • Sucesos
  • ESPECIALES
    • Gastronomía
    • Turismo
    • Mar y Costa
    • Rural
  • Podcasts
Sin resultados
Ver todos los resultados
Radio Líder

A Deputación da Coruña e a Cámara de Comercio de Santiago culminan o programa Provincia Emprendedora

O Demo Day de Provincia Emprendedora celebrado este luns marcou o peche do programa e distinguiu catro das mellores iniciativas emprendedoras, con premios de 2.000 euros para cada unha.

David Expósito Por David Expósito
28/04/2026
en #Destacado, A Coruña
0
A Deputación da Coruña e a Cámara de Comercio de Santiago culminan o programa Provincia Emprendedora
FacebookXWhatsApp

A Deputación da Coruña e a Cámara de Comercio de Santiago celebraron este luns o Demo Day do programa Provincia Emprendedora, un encontro no que se presentou o balance do primeiro ano desta iniciativa e no que se puxo en valor o talento, a innovación e a capacidade emprendedora de Santiago e a súa comarca.

O programa Provincia Emprendedora, promovido pola Deputación da Coruña en colaboración coa Cámara de Comercio de Santiago nos 32 municipios da súa demarcación, estrutúrase en tres eixes: asesoramento e acompañamento a proxectos emprendedores, apoio ao acceso ao financiamento e fomento do espírito emprendedor no ámbito educativo.

O evento serviu como peche anual dun programa que, desde o seu inicio en maio de 2025, atendeu 95 promotores de iniciativas emprendedoras a través de máis de medio milleiro de asesoramentos. Dos case 80 proxectos analizados, 53 constan de alta como empresas ou autónomos, sendo 22 delas iniciativas empresariais de nova creación.

Durante o acto, seis proxectos finalistas presentaron as súas propostas ante un xurado integrado por representantes do ámbito empresarial, institucional e social.

A secretaria xeral da Cámara de Comercio de Santiago, Rosa Mary Cardeso, destacou o papel do programa como motor de impulso ao emprendemento na provincia: “O Demo Day de Provincia Emprendedora demostra a capacidade do noso territorio para xerar proxectos innovadores e con futuro. Ao longo deste primeiro ano acompañamos a persoas emprendedoras cunha enorme diversidade de perfís e iniciativas, e os resultados evidencian que, cando se combinan formación, asesoramento e apoio institucional, o emprendemento convértese nunha vía real de xeración de emprego e desenvolvemento económico. Desde a Cámara de Comercio seguiremos traballando para consolidar este ecosistema e facilitar que máis proxectos poidan crecer e consolidarse na nosa provincia.”

 

Pola súa banda, a deputada provincial da área de Industria, Empresa, Medio Ambiente, Emprego e Política Demográfica, Rosa Ana García, subliñou o impacto do programa no territorio: “Este programa é un exemplo claro da aposta da Deputación da Coruña polo emprego e polo emprendemento como motores de desenvolvemento territorial. Provincia Emprendedora non só apoia a creación de novas empresas, senón que tamén contribúe a fixar poboación, impulsar a innovación e dinamizar o tecido produtivo local. Os resultados deste primeiro ano confirman que hai talento, ideas e capacidade na nosa provincia, e o noso compromiso é seguir acompañando estas iniciativas para que se convertan en proxectos sólidos e sostibles no tempo.”

Seis proxectos finalistas

Rock In Lugo 2026 Rock In Lugo 2026 Rock In Lugo 2026

Os seis proxectos finalistas que fixeron a súa presentación no Demo Day abranguen propostas de distintos ámbitos do emprendemento e a innovación. Por unha banda, as iniciativas máis tecnolóxicas e empresariais, como Beondish, de Alejandro Blanco e Carlos Gómez-Ulla, unha plataforma dixital orientada a crear unha rede gastronómica de proximidade; Chronetic, de Yago Díaz e Álex Mosquera, especializada en solucións de intelixencia artificial aplicadas á empresa; e o proxecto de Jaime Felgueroso, centrado no desenvolvemento de programas de benestar financeiro para entidades e empresas e o seu persoal.

Por outra banda, os proxectos con maior vinculación cultural, creativa e territorial, como Piempo, de Julio Celis, centrado na xestión do relevo xeracional e do emprego no campo; Nord Tempo Audio, de Álvaro Piñeiro, dedicado ao acompañamento e produción musical para artistas e Casa da Trova, de Alberto López, unha iniciativa cultural arredor da canción de autor en Galicia con actividades de formación, eventos e proxectos sociais e educativos.

Entre estes finalistas, resultaron premiados Piempo e Nord Tempo Audio, ambos recoñecidos co Premio ao Mellor Proxecto Empresarial Emerxente do primeiro ano de andadura do programa Provincia Emprendedora, dotado con 2.000 euros cada un, mentres que o xurado elixiu a Chronetic e Jaime Felgueroso tamén para outorgarlle o premio á Mellor Presentación de Proxecto Empresarial Emerxente.

As propostas foron avaliadas por un xurado composto por representantes do tecido empresarial, institucional e social, que seleccionou os proxectos gañadores.

Balance do programa

O programa resultou crucial para dar cobertura, mediante un acompañamento continuado no tempo, ás necesidades de pemes e micropemes do sur da provincia que precisaron impulso para poñer en marcha os seus negocios, ou para redefinir os mesmos de cara á súa viabilidade económica, social e medio ambiental. A rede de soporte creada dende Provincia Emprendedora fomenta e facilita a creación de sinerxias entre microiniciativas empresariais que sosteñen miles de economías familiares na provincia.

 

Segundo explicou Ángel González, responsable da área de Creación de Empresas e Proxectos Europeos da Cámara de Comercio de Santiago, o perfil maioritario das persoas emprendedoras sitúase entre os 30 e os 49 anos, con traxectorias profesionais diversas. As iniciativas concéntranse principalmente en microempresas do sector servizos, sendo variada en canto actividade: proxectos innovadores e tecnolóxicos, hostalaría, turismo, artesanía, cultura, formación, etc.

No ámbito educativo desenvolveuse unha prolífica labor en centros de ensino para fomentar a iniciativa e o desenvolvemento de ideas no alumnado, como posibles futuros emprendedores e emprendedoras do futuro. Ao longo destes meses tiveron lugar 52 sesións informativas, nas que participaron 943 estudantes de 4º da ESO, Bacharelato e Formación Profesional.

O Demo Day concluíu cun espazo de networking no que emprendedores, representantes institucionais e asistentes intercambiaron impresións e exploraron posibles vías de colaboración.

Rede de apoio ao emprendemento

O programa Provincia Emprendedora compleméntase coa colaboración entre a Deputación da Coruña e a Cámara de Comercio de Santiago a través do Coworking Dixital CCompostela, integrado na Rede Provincial de Coworking. Esta rede, creada no marco do Plan de Emprego Local (PEL), conta ademais con outros once espazos activos especializados por sectores estratéxicos para a contorna onde se localizan: Coworking Pazo de Arenaza (Oleiros), Centro de Transformación de Alimentos de Baroña (Porto do Son), Coworking Miño – Casa do pescador, Lab Barbanza (Boiro), Green Coworking (As Pontes), Coworking A Pobra, Centro de Emprendemento A Estación (Vedra), Centro Comarcal de Desenvolvemento Rural A Fusquenlla (Moeche), Coworking A Capela, Transformando en Brión e Coworking A Proa (Ames).

ShareTweetSend
Publicación anterior

O CCA de Carballo impulsa a II edición de BioSaúde

Siguiente

Evacuada en helicóptero unha persoa que caeu do tractor en Vila de Cruces

David Expósito

David Expósito

David Expósito, forma parte del equipo de Radio Líder desde 2009. Director de Ingeniería y Redactor de www.radiolider.com Es una de las voces mas reconocibles del país, apareciendo en diferentes programas de radio, voz over de muchas campañas publicitarias y doblaje de series, películas y documentales para MTV Spain, RTVE, TVG .... Natural de Palas de Rei en Lugo y muy vinculado a los medios de comunicación desde 2003.

Relacionado Entradas

De Coristanco a San Mamés: os sabores galegos que queren conquistar Euskadi
#Destacado

A Coruña conquista Euskadi polo padal cun menú de Lucía Freitas e produtos das rías

Carballo reúne máis de 1.000 escolares nunha das grandes citas do deporte de Bergantiños
#Destacado

Máis de 1.000 escolares participan no Cros de Bergantiños na zona verde de Bértoa

Disney+ desembarca en Vigo con un desfile de personajes y una sorpresa en sus calles
#Destacado

Disney+ llega a la Navidad de Vigo con un gran desfile y decoraciones especiales en sus calles

Galicia Ilusiona 2026 Festival Mundial de Ilusionismo con artistas internacionales.
#Destacado

Galicia Ilusiona 2026 lleva la magia internacional a ocho ciudades

¿Tienes deudas con Hacienda? Esto es lo máximo que pueden quitarte de tu nómina en 2026
#Destacado

¿Cuánto dinero te puede embargar Hacienda si tienes una deuda? Así funciona y estos son los límites

A Coruña reúne nunha feira o talento do cinema, a música, o teatro e a arte galega
#Destacado

CoruñART enche o Fórum Metropolitano de talento e creación cultural na súa segunda edición

Siguiente
Falece un home en Arzúa tras quedar atrapado entre un tractor e unha árbore

Evacuada en helicóptero unha persoa que caeu do tractor en Vila de Cruces

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Ahora al Aire

Matinal Líder En directo

Matinal Líder

08:00 - 10:00
Antonio Lodeiro
A continuación: Líder local 10:00

Programación de Hoy

Lunes 09/11/2026
  • Fórmula Líder
    00:00 - 08:00
    Fórmula Líder
  • Matinal Líder
    08:00 - 10:00
    Matinal Líder Ahora
    En directo
  • Líder local
    10:00 - 13:00
    Líder local
    En directo
  • 13:00 - 14:00
    Sesión vermut
  • Líder Express
    14:00 - 14:30
    Líder Express
    En directo
  • Fórmula Líder
    14:30 - 16:00
    Fórmula Líder
  • Oh My Hits
    15:00 - 17:00
    Oh My Hits
    En directo
  • Las Tardes de Radio Líder
    17:00 - 20:00
    Las Tardes de Radio Líder
  • Al Día
    20:00 - 21:00
    Al Día
    En directo
  • Fórmula Líder
    21:00 - 23:59
    Fórmula Líder

Somos #Líder

Radio Líder

Medios Autonómicos De Radiodifusion Gallegos S.L.

Radio Líder es la primera red de emisoras independiente en el Norte de España. Fundada en el 2001 por el escritor y periodista Diego Bernal, el periodista Manuel Casal, la colaboración de Javier Sánchez de Dios y todas aquellas personas que han participado en la consolidación del proyecto.

Por Interés

Últimas

De Coristanco a San Mamés: os sabores galegos que queren conquistar Euskadi

A Coruña conquista Euskadi polo padal cun menú de Lucía Freitas e produtos das rías

Carballo reúne máis de 1.000 escolares nunha das grandes citas do deporte de Bergantiños

Máis de 1.000 escolares participan no Cros de Bergantiños na zona verde de Bértoa

Disney+ desembarca en Vigo con un desfile de personajes y una sorpresa en sus calles

Disney+ llega a la Navidad de Vigo con un gran desfile y decoraciones especiales en sus calles

  • Nosotros
  • Publicidad
  • Contacto
  • Privacidad y Cookies
  • Aviso Legal

© 2026 Radio Líder. Todos los derechos reservados.

!Bienvenido de Nuevo!

Inicie sesión en su cuenta

¿Contraseña olvidada?

Recupere su contraseña

Por favor ingrese su nombre de usuario o dirección de correo electrónico para restablecer su contraseña.

Iniciar sesión
imunify-bot-check
Selecciona una emisora
EN DIRECTO 0:00 / 0:00
Velocidad
Sin resultados
Ver todos los resultados
  • Portada
  • GALICIA
    • A Coruña
    • Lugo
    • Ourense
    • Pontevedra
  • EL CONFIDENCIAL
  • Cultura
  • Deportes
  • Economía
  • Opinión
  • Política
  • Sociedad
  • Sucesos
  • ESPECIALES
    • Gastronomía
    • Turismo
    • Mar y Costa
    • Rural
  • Podcasts

© 2026 Radio Líder. Todos los derechos reservados.

Este sitio web utiliza cookies. Al continuar utilizando este sitio web, usted da su consentimiento para el uso de cookies. Visite nuestra Política de privacidad y cookies.