Non estaba atrapada.
O 112 Galicia foi coñecedor do suceso arredor das 19:00 horas. Segundo o alertador, unha persoa caera do tractor nunha finca na Contiña, en Larazo.
Rapidamente, os xestores do 112 Galicia informaron ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que mobilizou o helicóptero medicalizado con base en Santiago ata o concello dezano.
A vítima, que non se atopaba atrapada tralo accidente, foi evacuada a bordo do helicóptero. Cómpre mencionar que ata o punto tamén acudiron os Bombeiros do Deza, a Garda Civil e a Agrupación de Voluntarios de protección Civil de Vila de Cruces













