• Nosotros
  • Publicidad
  • Contacto
  • Privacidad y Cookies
  • Aviso Legal
  • Iniciar sesión
  • Registrarse
Radio Líder
Radio
Anuncio
  • Portada
  • GALICIA
    • A Coruña
    • Lugo
    • Ourense
    • Pontevedra
  • EL CONFIDENCIAL
  • Cultura
  • Deportes
  • Economía
  • Opinión
  • Política
  • Sociedad
  • Sucesos
  • ESPECIALES
    • Gastronomía
    • Turismo
    • Mar y Costa
    • Rural
  • Podcasts
Sin resultados
Ver todos los resultados
  • Portada
  • GALICIA
    • A Coruña
    • Lugo
    • Ourense
    • Pontevedra
  • EL CONFIDENCIAL
  • Cultura
  • Deportes
  • Economía
  • Opinión
  • Política
  • Sociedad
  • Sucesos
  • ESPECIALES
    • Gastronomía
    • Turismo
    • Mar y Costa
    • Rural
  • Podcasts
Sin resultados
Ver todos los resultados
Radio Líder

Adxudicadas as obras da Cidade Náutica de A Cabana por 1,7 millóns de euros

A actuación levaranse a cabo nunha parcela de 13.000 metros cadrados, recuperando edificacións existentes e creando novos espazos verdes e sendas peonís

David Por David
04/05/2026
en #Destacado, Política
0
Adxudicadas as obras da Cidade Náutica de A Cabana por 1,7 millóns de euros
FacebookXWhatsApp

O alcalde de Ferrol, José Manuel Rey Varela, informou da adxudicación das obras do proxecto da Cidade Náutica de A Cabana. A XGL aprobou adxudicar á empresa Misturas Obras e Proxectos S.A esta actuación por un importe de 1.698.669,39 euros. As obras teñen un prazo de execución de 14 meses e contan cun prazo de garantía total de seis anos, o que supón un incremento do prazo de garantía de cinco anos respecto do prazo mínimo de garantía dun ano que figura nos pregos.

“O proxecto da Cidade do Deporte continúa avanzando con paso firme, sumando novos fitos e consolidándose cun investimento histórico de 18 millóns de euros destinado á creación de modernas instalacións deportivas e á mellora das xa existentes”, afirmou Rey Varela.

Neste momento, o concello ten xa mobilizados máis de 13,4 millóns de euros destinados ao deporte ferrolán, a través da execución e próxima licitación de novas infraestruturas e da mellora das instalacións actuais. Así, ás obras en FIMO (5,7 millóns) e nos campos de fútbol de Caranza (809.000 euros), sumaranse proximamente as da cuberta do estadio da Malata (4 millóns) e nos campos de fútbol da Gándara (306.000 euros).

Ademais, sairán a licitación nas próximas semanas actuacións na Casa do Deporte (190.000 euros), no complexo deportivo Javier Gómez Noya (525.000 euros) e no pavillón do Ensanche A (360.000 euros), reforzando un compromiso firme e sostido co deporte na cidade.

UNHA CIDADE NÁUTICA ÚNICA

Rey Varela destacou o potencial deste proxecto, “non só contaremos cunhas renovadas instalacións á altura dos nosos deportistas, senón que temos o privilexio de contar cun entorno único como é a ría de Ferrol”. Por fin, apuntou, “compensaremos a débeda cos clubs de remo de San Felipe e A Cabana, a Sección de vela do Grupo Bazán e o Club de Actividades Subacuáticas Ferrol”.

As actuacións previstas van encamiñadas a mellorar o uso e funcionalidade deste espazo natural en contacto co mar e céntranse na restauración e rehabilitación das edificacións existentes.

 

Con este proxecto -insistiu Rey Varela- poremos en valor o patrimonio histórico industrial desta área e, ao mesmo tempo, converterase nun espazo de paseo para toda a poboación, comunicado mediante o paseo marítimo co resto dos equipamentos deportivos do eixo A Cabana, Fimo e A Malata.

A parcela de 13.000 metros cadrados alberga seis edificacións nas que se actuará. No edificio 1, de preto de 900 metros cadrados, compartirán espazo os dous clubs de remo centralizando, así, os servizos principais, a administración e as zonas de adestramento, pero mantendo unha independencia nos seus usos e organización. O edificio organízase, de tal maneira, que o uso de cada un dos clubs é independente, dividíndose en cada unha das plantas. Centralízase, unicamente, a entrada e a área de administración, que se divide en tres despachos e unha sala de reunións.

Na edificación 2, con 573 metros cadrados, mantense o uso actual, exponse como pañol de embarcacións. A intervención limítase a dotar de novos espazos que complementen o seu uso na ampliación da edificación 1, cun taller de reparacións e espazo para almacenaxe de remos. Substitúese, tamén, a cuberta de lona.

Con respecto ás actuacións na edificación 3, con 574 metros cadrados construídos, limparase de todos os anexos posteriores, reducindo a edificación ao volume principal e orixinal. Interiormente baléirase completamente deixando un espazo aberto para almacén de embarcacións do Club de remo e o Club de vela. Na súa parte posterior, está a edificación 4 (225 metros cadrados), limparase deixando só os pórticos metálicos e a cuberta, e será un espazo de almacenaxe a maiores para os clubs.

A edificación 5 é o “tinglado” e ten 355 metros cadrados de superficie. Acondicionarase o espazo para catro vestiarios do club de vela, dous aseos e prevese a creación dun ambigú, que será un punto de referencia non só para os integrantes dos clubs, senón tamén un punto de encontro para os cidadáns.

E a edificación 6, con 140 metros cadrados, pertence na actualidade ao Grupo Bazán e ao Club Actividades Subacuáticas Ferrol. Os espazos deste edificio están destinados a uso administrativo con dous despachos e unha sala de uso polivalente. Mantense tanto a distribución como os usos do mesmo, e unicamente procederase á limpeza e saneado das súas fachadas e cuberta.

Ademais, a ponte para o tren ao porto exterior inclúe unha pasarela peonil e ciclista, que permitirá facer da enseada de A Malata un roteiro circular coa que, ademais, abrirase á cidadanía a futura Cidade náutica de A Cabana. Así, tal e como me comprometín- recordou o rexedor- calquera persoa poderá ir dende A Graña a Caranza vendo o mar, son 10 quilómetros para pasear e facer deporte.

Dacordo co plan de mobilidade esta senda peonil e o carril bici, conectarán, no próximo ano, os barrios de A Graña, A Cabana, Serantes, Ferrol Vello, A Magdalena, Esteiro e Caranza. E no 2030, Ultramar, San Xoán, A Gándara, o Ensanche Santa Mariña e Canido.

DIRECCIÓN DE OBRA

A XGL adxudicou tamén o Lote1 Servizo de dirección de obra á empresa UTE Proyfe-Montero Parapar (35.090 euros), o Lote 2 Servizo de dirección de execución de obra a Investigación y Control de calidad S.A Unipersonal (INCOSA) (33.880 euros) e o Lote 3 Servizo de coordinación de seguridade e saúde á empresa Ingeniería y Prevención de riesgos S.L. (11.858 euros).

Rey Varela expresou o seu desexo de que as obras poidan comezar antes do verán, “a Cidade náutica fará de Ferrol unha referencia nestes deportes”, afirmou, ao tempo que asegurou que “os máis de 250 deportistas de deportes náuticos terán as instalacións que merecen”.

O proxecto da Cidade do Deporte conta cun convenio de colaboración coa consellería de Deportes da Xunta de Galicia e é susceptible de ser financiado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) dentro do Programa Plurirrexional de España 2021-2027.

ShareTweetSend
Publicación anterior

La Xunta destina 15.000 euros para el acondicionamiento del molino de Ponte Carballa en Frades

Siguiente

La compra de turismos crece el 7,8% en el primer cuatrimestre de 2026

David

David

Relacionado Entradas

Bermello electrodomésticos de Ourense ejemplo de comercio tradicional que apuesta por la digitalización
#Destacado

Bermello electrodomésticos de Ourense ejemplo de comercio tradicional que apuesta por la digitalización

El 061 de Galicia asistió a 71 personas por 55 accidentes de tráfico durante el puente del 1 de mayo
#Destacado

El 061 de Galicia asistió a 71 personas por 55 accidentes de tráfico durante el puente del 1 de mayo

Una molécula protege el páncreas de la toxicidad asociada a la diabetes tipo 2
#Destacado

Una molécula protege el páncreas de la toxicidad asociada a la diabetes tipo 2

El renting de Automoción generó 23.997 operaciones en enero de 2026, un 17,3% más
#Destacado

La compra de turismos crece el 7,8% en el primer cuatrimestre de 2026

La Xunta destina 15.000 euros para el acondicionamiento del molino de Ponte Carballa en Frades
#Destacado

La Xunta destina 15.000 euros para el acondicionamiento del molino de Ponte Carballa en Frades

A Deputación da Coruña destina medio millón de euros para apoiar 24 grandes eventos deportivos
#Destacado

A Deputación da Coruña destina medio millón de euros para apoiar 24 grandes eventos deportivos

Siguiente
El renting de Automoción generó 23.997 operaciones en enero de 2026, un 17,3% más

La compra de turismos crece el 7,8% en el primer cuatrimestre de 2026

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Ahora al Aire

Fórmula Líder

Fórmula Líder

00:00 - 08:00
Continuidad
A continuación: Matinal Líder 08:00

Opinión

Matinal Líder con Antonio Lodeiro 10 de Marzo 2026
#Destacado

Matinal Líder con Antonio Lodeiro 10 de Marzo 2026

https://open.spotify.com/episode/0DUvbZc7TYqMymcWnETehd?si=f46f04891fdb4e8f

Leer másDetails
«Al Pan pan y al Vino vino» con Carlos Marcos

«Al Pan pan y al Vino vino» con Carlos Marcos

Síguenos en Redes Sociales

Programación de Hoy

Martes 05/05/2026
  • Fórmula Líder
    00:00 - 08:00
    Fórmula Líder Ahora
  • Matinal Líder
    08:00 - 10:00
    Matinal Líder
    En directo
  • Líder local
    10:00 - 13:00
    Líder local
    En directo
  • 13:00 - 14:00
    Sesión vermut
  • Líder express
    14:00 - 14:30
    Líder express
  • Fórmula Líder
    14:30 - 16:00
    Fórmula Líder
  • Oh My Hits
    16:00 - 19:00
    Oh My Hits
    En directo
  • Fórmula Líder
    19:00 - 20:00
    Fórmula Líder
  • Líder Express
    20:00 - 20:30
    Líder Express
  • Fórmula Líder
    20:30 - 23:59
    Fórmula Líder

Somos #Líder

Radio Líder

Medios Autonómicos De Radiodifusion Gallegos S.L.

Radio Líder es la primera red de emisoras independiente en el Norte de España. Fundada en el 2001 por el escritor y periodista Diego Bernal, el periodista Manuel Casal, la colaboración de Javier Sánchez de Dios y todas aquellas personas que han participado en la consolidación del proyecto.

El Confidencial

El PSOE de Lugo se divide

El PSOE de Lugo se divide

La moción de censura en el ayuntamiento de Lugo ha puesto en evidencia las malas relaciones en el grupo municipal...

Por Interés

Últimas

Bermello electrodomésticos de Ourense ejemplo de comercio tradicional que apuesta por la digitalización

Bermello electrodomésticos de Ourense ejemplo de comercio tradicional que apuesta por la digitalización

El 061 de Galicia asistió a 71 personas por 55 accidentes de tráfico durante el puente del 1 de mayo

El 061 de Galicia asistió a 71 personas por 55 accidentes de tráfico durante el puente del 1 de mayo

Una molécula protege el páncreas de la toxicidad asociada a la diabetes tipo 2

Una molécula protege el páncreas de la toxicidad asociada a la diabetes tipo 2

  • Nosotros
  • Publicidad
  • Contacto
  • Privacidad y Cookies
  • Aviso Legal

© 2026 Radio Líder - Desarrollado por Siete.Online.

!Bienvenido de Nuevo!

Inicie sesión en su cuenta

¿Contraseña olvidada? Registrarse

¡Crear Nueva Cuenta!

Rellena los siguientes campos del formulario para registrarte

Todos los campos son requeridos. Iniciar sesión

Recupere su contraseña

Por favor ingrese su nombre de usuario o dirección de correo electrónico para restablecer su contraseña.

Iniciar sesión
Selecciona una emisora
EN DIRECTO 0:00 / 0:00
Velocidad
Sin resultados
Ver todos los resultados
  • Portada
  • GALICIA
    • A Coruña
    • Lugo
    • Ourense
    • Pontevedra
  • EL CONFIDENCIAL
  • Cultura
  • Deportes
  • Economía
  • Opinión
  • Política
  • Sociedad
  • Sucesos
  • ESPECIALES
    • Gastronomía
    • Turismo
    • Mar y Costa
    • Rural
  • Podcasts

© 2026 Radio Líder - Desarrollado por Siete.Online.

Este sitio web utiliza cookies. Al continuar utilizando este sitio web, usted da su consentimiento para el uso de cookies. Visite nuestra Política de privacidad y cookies.