• Nosotros
  • Publicidad
  • Contacto
  • Privacidad y Cookies
  • Aviso Legal
  • Iniciar sesión
Radio Líder
Radio
Anuncio
  • Portada
  • GALICIA
    • A Coruña
    • Lugo
    • Ourense
    • Pontevedra
  • EL CONFIDENCIAL
  • Cultura
  • Deportes
  • Economía
  • Opinión
  • Política
  • Sociedad
  • Sucesos
  • ESPECIALES
    • Gastronomía
    • Turismo
    • Mar y Costa
    • Rural
  • Podcasts
Sin resultados
Ver todos los resultados
  • Portada
  • GALICIA
    • A Coruña
    • Lugo
    • Ourense
    • Pontevedra
  • EL CONFIDENCIAL
  • Cultura
  • Deportes
  • Economía
  • Opinión
  • Política
  • Sociedad
  • Sucesos
  • ESPECIALES
    • Gastronomía
    • Turismo
    • Mar y Costa
    • Rural
  • Podcasts
Sin resultados
Ver todos los resultados
Radio Líder

A Deputación e o CITIC formaron en intelixencia artificial xerativa ao alumnado de 20 institutos da provincia

O programa impulsado pola Deputación da Coruña en colaboración co CITIC da UDC pecha a súa primeira edición cun balance moi positivo

David Expósito Por David Expósito
06/05/2026
en #Destacado, A Coruña
0
A Deputación e o CITIC formaron en intelixencia artificial xerativa ao alumnado de 20 institutos da provincia
FacebookXWhatsApp

Coa sesión de hoxe no IES Pastoriza de Arteixo, a Deputación da Coruña pechou a primeira edición do programa de alfabetización en intelixencia artificial xerativa desenvolvido en colaboración co CITIC da Universidade da Coruña, unha iniciativa que permitiu levar formación especializada a 20 institutos da provincia entre os meses de febreiro e maio.

O programa naceu co obxectivo de achegar ao alumnado unha formación rigorosa, práctica e responsable sobre unha tecnoloxía que xa forma parte da súa vida diaria. A Deputación quixo así anticiparse a unha realidade cada vez máis presente nas aulas: moitos mozos e mozas xa utilizan ferramentas de intelixencia artificial, pero non sempre contan coa formación necesaria para comprender como funcionan, cales son os seus límites ou que riscos implica.

A deputada de Educación e Mocidade, Yoya Neira, subliñou que esta iniciativa responde a unha necesidade clara do sistema educativo. “Moitos mozos e mozas xa utilizan intelixencia artificial no seu día a día, pero non sempre contan coa formación necesaria para entender como funciona nin para facer un uso crítico e responsable”, afirmou.

Neira destacou que o obxectivo da Deputación foi “achegar unha formación rigorosa, práctica e ética sobre intelixencia artificial xerativa, garantindo que todo o alumnado, independentemente do seu centro ou da súa contorna, teña as mesmas oportunidades de aprendizaxe”.

O programa chegou a institutos de realidades moi diversas, desde centros urbanos como o IES Agra do Orzán ou o IES Elviña, na cidade da Coruña, ata centros de contornas rurais e costeiras como Muros, Ortigueira, Vimianzo ou Ribeira. Tamén participaron centros de Ferrol, Betanzos, Carballo, Culleredo, Oleiros, Fene, Santiago de Compostela ou Arteixo, onde tivo lugar hoxe a última das formacións.

Para a Deputación, esta distribución territorial é un dos elementos centrais do programa, xa que permite achegar coñecemento tecnolóxico avanzado a centros de toda a provincia e contribuír a reducir posibles fendas dixitais entre alumnado de diferentes municipios.

“Non queremos que o acceso a este tipo de coñecemento dependa do lugar onde se estuda ou dos recursos de cada centro educativo”, afirmou Yoya Neira, que incidiu en que “a igualdade de oportunidades tamén se constrúe garantindo que a formación nas novas tecnoloxías chegue a todo o territorio”.
Do uso intuitivo ao pensamento crítico

O programa non partiu dunha realidade allea ao alumnado, senón dun feito xa evidente: a intelixencia artificial xerativa está presente nas súas rutinas de estudo, de creación de contidos e de procura de información. A finalidade da iniciativa foi, precisamente, transformar ese uso intuitivo nun uso consciente, responsable e crítico.

Rock In Lugo 2026 Rock In Lugo 2026 Rock In Lugo 2026

Nas sesións formativas, o alumnado traballou sobre o funcionamento básico destas ferramentas, os seus usos posibles, os seus límites e os riscos asociados á súa utilización. Un dos principais aprendizaxes foi comprobar que a intelixencia artificial non é infalible: pode xerar respostas coherentes e aparentemente fiables, pero tamén cometer erros importantes.

Esta idea permitiu reforzar unha mensaxe central do programa: a IA debe ser unha ferramenta de apoio, pero nunca unha fonte de autoridade incuestionable. O alumnado aprendeu a formular mellores preguntas, contrastar respostas, verificar información e manter unha actitude crítica ante os contidos xerados automaticamente.
Ética, privacidade e cidadanía dixital

Outro dos piares do programa foi a ética dixital. A formación incidiu en cuestións como a protección de datos, a autoría dos contidos, a pegada dixital, o uso responsable da información e a necesidade de comprender as consecuencias sociais e legais destas ferramentas.

Este enfoque permitiu conectar a intelixencia artificial con experiencias próximas ao alumnado, como o uso das redes sociais, a creación de traballos académicos ou a difusión de contidos dixitais. A Deputación entende que a alfabetización en IA non pode limitarse ao manexo técnico das ferramentas, senón que debe incluír unha reflexión sobre como se usan, para que se usan e con que consecuencias.
Colaboración co CITIC da UDC

O programa foi desenvolvido pola Deputación da Coruña en colaboración co CITIC da Universidade da Coruña, que achegou o coñecemento técnico e investigador necesario para deseñar e impartir as sesións.

O investigador do CITIC Francisco Bellas, responsable do programa, explicou que a motivación principal era chegar directamente ao alumnado para capacitalo “no uso adecuado da IA xerativa, con especial énfase nos aspectos éticos e legais”. Segundo indicou, “o obxectivo cumpriuse plenamente”.

Tamén desde o equipo investigador se destacou que o programa permitiu pasar dun uso automático ou intuitivo da intelixencia artificial a unha aproximación máis fundamentada. O investigador Alejandro Romero subliñou que a formación tivo impacto non só no plano técnico, senón tamén no desenvolvemento dunha cidadanía dixital máis informada, especialmente en cuestións relacionadas coa privacidade, a autoría e a veracidade da información.

A iniciativa conecta coas recomendacións de organismos internacionais como a UNESCO e a Comisión Europea, que insisten na necesidade de integrar a alfabetización en intelixencia artificial desde unha perspectiva ética, crítica e centrada nas persoas.

De cara ao futuro, a Deputación considera clave dar continuidade ao programa e seguir avanzando nun modelo de formación dixital adaptado ás necesidades reais do alumnado e dos centros educativos.

ShareTweetSend
Publicación anterior

El Tribunal de Instancia de Pontevedra anula la autorización del Concello para construir un aeródromo en Salceda de Caselas

Siguiente

El Gobierno destina 6,9 millones de euros a Galicia para el desarrollo del Plan Corresponsables en 2026

David Expósito

David Expósito

David Expósito, forma parte del equipo de Radio Líder desde 2009. Director de Ingeniería y Redactor de www.radiolider.com Es una de las voces mas reconocibles del país, apareciendo en diferentes programas de radio, voz over de muchas campañas publicitarias y doblaje de series, películas y documentales para MTV Spain, RTVE, TVG .... Natural de Palas de Rei en Lugo y muy vinculado a los medios de comunicación desde 2003.

Relacionado Entradas

Fiestas este fin de semana en Galicia y Asturias dónde ir
#Destacado

¿Dónde hay fiestas este fin de semana? Galicia y Asturias se llenan de magostos, castañas y celebraciones populares

Huelga general del 11 de noviembre estos son tus derechos y lo que puede descontarte la empresa de la nómina
#Destacado

Huelga general del 11 de noviembre estos son tus derechos y lo que puede descontarte la empresa de la nómina

OBÚS actuará en ROCK IN LUGO 2026 en la Sala Tebras.
#Destacado

OBÚS en ROCK IN LUGO 2026: historia y concierto en Lugo

Cedeira celebra su Concurso de Tapas de Otoño con pinchos a 3 euros
#Destacado

Cedeira celebra su Concurso de Tapas de Otoño con pinchos a 3 euros

Centros educativos de Galicia refuerzan la prevención del acoso escolar y el ciberacoso.
#Destacado

Más de 100 concellos gallegos se unen contra el acoso escolar y el ciberacoso

Culleredo activa medidas de ahorro de agua ante la alerta por sequía que afecta al embalse de Cecebre.
#Destacado

Culleredo activa su plan de emergencia por sequía y pide coordinar medidas en los municipios que se abastecen de Cecebre

Siguiente
El Gobierno destina 6,9 millones de euros a Galicia para el desarrollo del Plan Corresponsables en 2026

El Gobierno destina 6,9 millones de euros a Galicia para el desarrollo del Plan Corresponsables en 2026

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Ahora al Aire

Fórmula Líder

Fórmula Líder

00:00 - 08:00
Continuidad
A continuación: Fórmula Líder 08:00

Programación de Hoy

Domingo 08/11/2026
  • Fórmula Líder
    00:00 - 08:00
    Fórmula Líder Ahora
  • Fórmula Líder
    08:00 - 23:00
    Fórmula Líder
  • Fórmula Líder
    23:00 - 00:00
    Fórmula Líder

Somos #Líder

Radio Líder

Medios Autonómicos De Radiodifusion Gallegos S.L.

Radio Líder es la primera red de emisoras independiente en el Norte de España. Fundada en el 2001 por el escritor y periodista Diego Bernal, el periodista Manuel Casal, la colaboración de Javier Sánchez de Dios y todas aquellas personas que han participado en la consolidación del proyecto.

Por Interés

Últimas

Fiestas este fin de semana en Galicia y Asturias dónde ir

¿Dónde hay fiestas este fin de semana? Galicia y Asturias se llenan de magostos, castañas y celebraciones populares

Huelga general del 11 de noviembre estos son tus derechos y lo que puede descontarte la empresa de la nómina

Huelga general del 11 de noviembre estos son tus derechos y lo que puede descontarte la empresa de la nómina

OBÚS actuará en ROCK IN LUGO 2026 en la Sala Tebras.

OBÚS en ROCK IN LUGO 2026: historia y concierto en Lugo

  • Nosotros
  • Publicidad
  • Contacto
  • Privacidad y Cookies
  • Aviso Legal

© 2026 Radio Líder. Todos los derechos reservados.

!Bienvenido de Nuevo!

Inicie sesión en su cuenta

¿Contraseña olvidada?

Recupere su contraseña

Por favor ingrese su nombre de usuario o dirección de correo electrónico para restablecer su contraseña.

Iniciar sesión
imunify-bot-check
Selecciona una emisora
EN DIRECTO 0:00 / 0:00
Velocidad
Sin resultados
Ver todos los resultados
  • Portada
  • GALICIA
    • A Coruña
    • Lugo
    • Ourense
    • Pontevedra
  • EL CONFIDENCIAL
  • Cultura
  • Deportes
  • Economía
  • Opinión
  • Política
  • Sociedad
  • Sucesos
  • ESPECIALES
    • Gastronomía
    • Turismo
    • Mar y Costa
    • Rural
  • Podcasts

© 2026 Radio Líder. Todos los derechos reservados.

Este sitio web utiliza cookies. Al continuar utilizando este sitio web, usted da su consentimiento para el uso de cookies. Visite nuestra Política de privacidad y cookies.